Empate xusto entre o Residencia e o Viveiro no primeiro derbi do ano na Galega xuvenil

Os celestes conseguiron igualar o partido na segunda metade, o mesmo que fixo o Rácing de Ferrol B contra o Vilalbés

O inicio do 2023 ano deixou na Galega xuvenil o primeiro derbi do ano entre o Residencia e o Viveiro. O duelo celebrado na capital lucense comezou mellor para os locais, que foron dominadores e tiveron varias oportunidades para adiantarse no marcador e conseguírono tras un penalti claro. No segundo tempo os da Mariña cambiaron de esquema e comezaron a atopar o seu xogo e mellorar en ataque, ata que no minuto 63 Adrián Díaz puxo o 1-1 no marcador.

En empate tamén rematou o duelo entre o Rácing Ferrol B e o Rácing Villabés. Os chairegos comezaron sendo mellores que os rivais nos primeiros minutos, pero foron os ferrolanos quen abriron primeiro o taboleiro. A sorte foi que ao pouco o Vilalbés conseguiu empatar nunha falta directa ao segundo pau, co que non se viron abaixo e seguiron xerando ocasións ata poñerse 1-3 cun golazo de Noel pola escuadra e cun córner directo de Migui. Na segunda metade, foron claves dúas oportunidades que desaproveitaron os lucenses e déronlle alas ao Ferrol para empatar o marcador despois de aumentar o ritmo cos cambios. 

Tal e como pecharon o 2022, o Milagrosa e o Ribadeo caeron nesta xornada. Os albivermellos fixérono contra o Victoria na casa. Despois dunha primeira metade disputada entre os dous equipos, os da Coruña colleron os mandos na segunda metade. No caso do Ribadeo, conseguiu plantarlle cara ao Boiro, segundo clasificado, pero non logrou levarse os tres puntos. Os da Mariña comezaron o partido adiantándose e mantendo unha alta intensidade que lles fixo sentirse cómodos no campo. Malia isto, nun mal despexe os visitantes empatáronlle e foron co 1-1 ao descanso. Á volta, unha xogada desafortunada puxo o 1-2 no marcador e, aínda que o Ribadeo tivo algunha para empatar, así rematou o encontro.

Consulta a clasificación aquí 

 RESIDENCIA 1 - 1 VIVEIRO 

SD Residencia: Diego, Jorge, David, Erik, Andrés, Alejandro, Daniel, Lucas, Hugo, Manuel e Alejandro G. Tamén xogaron Gabriel, Alonso S, Anxo e Jorge F.
Viveiro CF: Javier, Bruno, Carlos, Rafael, Alejandro, Marti, Adrián, Xoel, Lucas, Adrian D e David. Tamén xogaron Marco e Hugo.
Goles: 1-0 (36'): Jorge, de penalti. 1-1 (63'): Adrián D.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

RÁCING FERROL B 3 - 3 RÁCING VILALBÉS

Rácing Club Ferrol SAD: Marcos, Martín, Pablo, Iker, Carlos, David, Axel, Lucas, Diego N, Bruno e Yaderson E. Tamén xogaron Gonzalo, David P, Axel Q e Marcos P.
Rácing Club Vilalbés: Diego, Yago, Sergio, Hugo X, Carlos, Brais, David, Noel, Alfredo, Miguel e Hugo. Tamén xogaron Xairo, Anxo e Miguel R.
Goles: 1-0 (20'): Yaderson E. 1-1 (22'): Hugo. 1-2 (34'): Noel. 1-3 (38'): Miguel. 2-3 (75'): Gonzalo. 3-3 (85'): David.
Árbitro: Alejandro Rodríguez Souto.

RIBADEO 1 - 2 BOIRO

SD Ribadeo: Aarón, Adán, Hugo, Ignacio, Lucas, Anxo, Roi, Óscar, Antón, Martin e Sergio. Tamén xogaron Alexandro A, Beltrán, Arturo, Kevin e Fabián.
CD Boiro: Yoel, Javier, Pablo, Víctor, Pablo R, Adrián, Eloy, Jorge, Carlos, Pablo G e Daniel. Tamén xogaron Manuel, Miguel, Jorge D, Iván e Daniel G.
Goles: 1-0 (10'): Anxo. 1-1 (34'): Eloy. 1-2 (69'): Pablo G.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

 MILAGROSA 0 - 2 VICTORIA 

SCD Milagrosa: Borja, David, Leo, Christian, Brais, Miguel, Juan, Rafael, Gabriel F, Gonzalo e Bruno. Tamén xogaron Francisco, Diego, Alejandro e Teo.
Victoria CF: Jorge, Iván, Jorge G, Enrique, Manuel, Julián, Brais, Teo, Samuel, Alberto e Jorge F. Tamén xogaron Adrian, Pedro, Javier, Román e Joel.
Goles: 0-1 (53'): Teo. 0-2 (62'): Gonzalo, en propia.
Árbitro: Pedro Castro Gómez.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 18

Ribeira 1-0 Imperátor
Residencia 1-1 Viveiro
Rácing Ferrol B 3-3 Vilalbés
Bergantiños B 1-5 San Tirso
Galicia de Caranza 4-3 O Val
Dumbría 3-4 Estrada 
Milagrosa 0-2 Victoria
Olímpico 2-2 Lalín
Ribadeo 1-2 Boiro
Conxo B 2-3 Bertamiráns

Próxima xornada

Imperátor - Residencia
Viveiro - Rácing Ferrol B
Vilalbés - Bergantiños B
San Tirso - Galicia de Caranza
O Val - Dumbría
Estrada - Milagrosa
Victoria - Olímpico
Lalín - Ribadeo
Boiro - Conxo B
Bertamiráns - Ribeira