Empate a dous no choque entre o Rácing Vilalbés e o Residencia

Os dous representantes da provincia rematan o ano repartindo os puntos e sumando nas catro derradeiras xornadas

A Galega xuvenil remata o 2022 celebrando a xornada número 17 e, pola parte que máis interesa aos lucenses, cun derbi. A mañá do sábado enfrontáronse o Rácing Vilalbés e o Residencia nun duelo típico do Roca, xogo directo e moitas disputas como folla de ruta.

Os chairegos adiantáronse no minuto 36 nun balón ás costas que acabou cun tiro que rebotou e se colou na portería. Pasaron polos vestiarios co 1-0 no marcador, pero ao pouco de iniciar a segunda parte os da capital empataron nun penalti. O Vilalbés volveu poñerse por diante nunha contra, porén, o partido quedou sentenciado con outro penalti a favor dos visitantes.

O resto de conxuntos da provincia pecharon decembro sen puntuar. O Viveiro baixou postos na lista despois de caer contra o Imperátor, rival na mesma zona da clasificación. Os celestes non conseguiron igualar o ritmo dos visitantes, sufriron un gol en propia porta e chegaron ao descanso por debaixo no marcador.

Na segunda parte o equipo mariñao adiantou liñas, pero os da Coruña estaban cerrados atrás, o que fixo imposible que combinaran unha xogada. Co Viveiro envorcado arriba, o Imperátor conseguiu o segundo e terceiro gol. 

Pola parte do Milagrosa e o Ribadeo, foron superados a domicilio. No caso dos da capital, impúxose o Lalín no seu encontro disputado no Manuel Anxo Cortizo. Despois de unha primeira metade na que non entraba o balón, os locais abriron o marcador e meteron dous goles máis na segunda. O conxunto da Mariña caeu contra o Bertamiráns nun duelo que asumiu con moitas baixas e falta de compromiso no verde. 

Consulta a clasificación aquí 

VILALBÉS 2 - 2 RESIDENCIA

Rácing Club Vilalbés: Yago, Yago V, Sergio, Hugo X, Miguel, Brais, Alberto, Noel, Antonio, Hugo e Alfredo. Tamén xogaron Miguel R e Alejandro.
SD Residencia: David, Jorge, Erik, Gabriel, Andrés, Daniel, Lucas, Manuel, Diego, Alejandro e Rodrigo. Tamén xogaron Javier, Óscar, Hugo e Jorge F.
Goles: 1-0 (36'): Alberto. 1-1 (49'): Jorge, de penalti. 2-1 (73'): Miguel R. 2-2 (78'): Jorge, de penalti.
Árbitro: David Rodríguez López.

VIVEIRO  0 - 3 IMPERÁTOR 

Viveiro CF: Javier, Bruno, Carlos, Alejandro, Martí, Hugo, Adrián, Xoel, Adrián D, Lucas e Rafael. Tamén xogaron Álvaro, Marco, David e Alejandro M.
Imperátor OAR: Tomas, Diego, Manuel, Javier, Joel, Xoel, Alejandro, Martin, David, Jorge e Alex. Tamén xogaron Bruno, Aitor, Mateo, Saúl e Juan.
Goles: 0-1 (13'): Carlos, en propia. 0-2 (90'): Saúl. 0-3 (90'): Saúl.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

LALÍN 3 - 0 MILAGROSA

EF Lalín: Xabier, Jacobo, Cristian, Alberto, Lois, Alberto F, Nuno, Manuel, Luis A, Enrique e Ivan. Tamén xogaron Anxo, Lucas, Diego, Adrián S e Adrián.
SCD Milagrosa: Borja, Brais, Mario, David, Leo, Christian, Rafael, Juan, Gonzalo, Brais P e Bruno. Tamén xogaron Gabriel F, Diego e Francisco.
Goles: 1-0 (45'): Lois. 2-0 (54'): Manuel. 3-0 (90'): Anxo.
Árbitro: Marcos Diéguez González.

BERTAMIRÁNS 8 - 1 RIBADEO

Bertamiráns FC: Manuel A, Iván, Nicolás, Adrián, Jose M, Manuel, Manuel G, Brais, Samuel, Rodrigo e Álvaro. Tamén xogaron Pablo, Francisco, Enrique, Mauro e Iván M.
SD Ribadeo: Aarón, Adan, Hugo, Ignacio, Lucas, Óscar, Antón, Ignacio G, Sergio, Aarón B e Anxo. Tamén xogaron Alexandro A, Kevin, Álvaro, Jose M e Fabián.
Goles: 1-0 (21'): Rodrigo. 1-1 (27'): Antón. 2-1 (45'): Hugo, en propia. 3-1 (52'): Samuel. 4-1 (70'): Francisco. 5-1 (71'): Iván M. 6-1 (79'): Iván M. 7-1 (83'): Rodrigo. 8-1 (89'): Samuel.
Árbitro: Julio Jose Martínez Barral.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 17

Viveiro 0-3 Imperátor
Vilalbés 2-2 Residencia
San Tirso - Rácing Ferrol B
O Val 1-1 Bergantiños B
Estrada 2-1 Galicia de Caranza
Victoria 6-0 Dumbría
Lalín 3-0 Milagrosa
Boiro 2-1 Olímpico
Bertamiráns 8-1 Ribadeo
Ribeira 0-2 Conxo B

Próxima xornada

Ribeira - Imperátor
Residencia - Viveiro
Rácing Ferrol B - Vilalbés
Bergantiños B - San Tirso
Galicia de Caranza - O Val
Dumbría - Estrada 
Milagrosa - Victoria
Olímpico - Lalín
Ribadeo - Boiro
Conxo B - Bertamiráns