O Viveiro baixa do cuarto posto despois de ser superado no Marcos Gómez polo San Tirso

Os celestes non conseguiron encontrar o seu ritmo na primeira metade e aínda que melloraron na segunda faltoulles acerto. O Vilalbés logrou a única vitoria da xornada

Catorce xornadas leva xa a Galega xuvenil e esta fin de semana rexistráronse algún que outro cambio na clasificación para os lucenses. O Viveiro segue sendo o mellor representante da provincia polo momento, pero baixou ao quinto posto despois de caer contra o San Tirso, no onceavo posto. Os celestes regalaron unha primeira metade na que non encontraron o seu xogo e fóronse por debaixo do marcador ao descanso. Despois do paso polos vestiarios subiron o ritmo e conseguiron empatar o encontro, pero o San Tirso seguiu tendo presencia na área dos locais e os erros nos remates dos de Viveiro custáronlles rematar 2-3. 

Mellores noticias tivo o Vilalbés, que subiu ata o posto número trece, praza que ocupaba ata o momento o Milagrosa. Os chairegos conseguiron levarse os tres puntos esta xornada na casa contra o Ribeira. O partido púxoselles a favor cun gol de penalti que anotou Alfredo e co 1-0 se foron ao descanso. O Rácing tivo que aguantar o marcador ata que no 70 chegaron dous goles que pecharon o taboleiro co 3-0. Para o Milagrosa esta fin de semana non foi tan doce, xa que foron vencidos na casa polo Conxo B. Nunha primeira metade igualada, os visitantes adiantáronse cedo e, aínda que os lucenses lograron facer o 1-1, puxeron o 1-2 antes do descanso. Na segunda metade o Milagrosa tentou meterse no partido, pero rematou perdendo por 1-4.

Quen se quedaron nos mesmos postos da clasificación foron o Residencia e o Ribadeo. Os da capital empataron na Cheda contra o Estrada por 2-2. Empezaron marcando primeiro os lucenses de penalti, pero na segunda parte os rivais fixeron o 1-1. O Residencia conseguiu volver poñerse por diante co segundo de Alonso, pero nos minutos finais o Estrada conseguiu de novo o empate. O Ribadeo continúa no penúltimo posto tras acumular xa doce derrotas. Esta vez caeu en Vilaboa contra o Olímpico. Os da Mariña saíron ben situados ao verde, pero nun erro defensivo anótanlles o 0-1 e non conseguen levantar cabeza. Faltoulles concentración para xogar  con calma e perderon o ritmo ata rematar cunha derrota por 3-1.

Consulta a clasificación aquí 

VILALBÉS 3 - 0 RIBEIRA 

Rácing Club Vilalbés: Yago, Xairo, Sergio, Hugo X, Carlos, Brais, David, Noel, Antonio, Alejandro e Alfredo. Tamén xogaron Hugo, Alberto, Yago V e Miguel.
Cidade De Ribeira CF: Juan, Daniel, Álvaro, Gonzalo, Daniel O, Jose, Mouhamed, Lucas, Benito, Miguel e Iago. Tamén xogaron Fernando, Daniel F, Ismael e Manuel.
Goles: 1-0 (11'): Alfredo, de penalti. 2-0 (71'): Mouhamed, en propia. 3-0 (77'): Brais.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.

VIVEIRO 2 - 3 SAN TIRSO 

Viveiro CF: Javier, Marco, Carlos, Martí, Hugo, Adrián, Xoel, Javier B, Lucas, Rafael e David. Tamén xogaron Bruno, Alejandro M e Daniel.
San Tirso SD: Marcos, Marco, Bruno, Unai, Miguel, Daniel, Pedro, Anxo, Alejandro, Daniel L e Álvaro. Tamén xogaron Daniel P, Lucas, Ayana e Mateo.
Goles: 0-1 (43'): Alejandro. 1-1 (60'): Adrián. 1-2 (70'): Daniel L. 1-3 (74'): Bruno. 2-3 (88'): Alejandro M.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

MILAGROSA 1 - 4 CONXO SANTIAGO

SCD Milagrosa: Borja, Francisco, David, Leo, Christian, Brais, Miguel, Juan, Rafael, Gonzalo e Bruno. Tamén xogaron Brais N, Diego e Teo.
CD Conxo Santiago: Juan M, Diego, Marcos, Brais, Nicolás, Joel R, Hugo, Martin, Manuel, Aitor e Jorge. Tamén xogaron Óscar, Daniel, Abel e Pablo.
Goles: 0-1 (5'): Aitor. 1-1 (30'): Rafael. 1-2 (43'): Joel R. 1-3 (58'): Hugo. 1-4 (85'): Daniel.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

RESIDENCIA 2 - 2 ESTRADA

SD Residencia: Diego, Jorge, Erik, Gabriel, Andrés, Javier, Manuel, Diego V, Alejandro, Alonso S e Rodrigo. Tamén xogaron Óscar, Daniel e Lucas.
Escola Estrada Futbol Base: Ángel, Alejandro, Ramiro, Marco, Daniel, Julián, Andrés, Íker, Iago J, Hugo e Sergio. Tamén xogaron Alejandro R, Sergio G, Hugo P e Alejandro G.
Goles: 1-0 (27'): Alonso S, de penalti. 1-1 (47'): Hugo. 2-1 (72'): Alonso S. 2-2 (89'): Iago J.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.

OLÍMPICO 3 - 1 RIBADEO

Olímpico CF: Alejandro, Hugo, Gonzalo G, Johansy R, Alejandro M, Santiago, Sergio, Diego, Ramón, Mauro e Víctor. Tamén xogaron Javier, Javier G e Hugo G.
SD Ribadeo: Aarón, Adán, Brais, Ignacio, Lucas, Roi, Antón, Kai, Ignacio G, Martin e Aarón B. Tamén xogaron Ayoub, Óscar, Diego, Anxo e Hugo.
Goles: 1-0 (5'): Santiago. 2-0 (51'): Víctor. 3-0 (66'): Ramón. 3-1 (88'): Óscar.
Árbitro: Diego Seoane Sánchez.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 14

Vilalbés 3-0 Ribeira
Viveiro 2-3 San Tirso
Imperátor 3-0 O Val
Residencia 2-2 Estrada
Rácing Ferrol B 2-1 Victoria
Bergantiños B 1-4 Lalín
Galicia de Caranza 1-4 Boiro
Dumbría 1-1 Bertamiráns
Milagrosa 1-4 Conxo B
Olímpica 3-1 Ribadeo

Próxima xornada

Vilalbés B - Viveiro
San Tirso - Imperátor
O Val - Residencia
Estrada - Rácing Ferrol B
Victoria - Bergantiños B
Lalín - Galicia de Caranza
Boiro - Dumbría
Bertamiráns - Milagrosa
Conxo B - Olímpico
Ribeira - Ribadeo