O Milagrosa levouse unha clara vitoria no derbi lucense da Galega contra o Ribadeo

Os da capital foron mellores que o conxunto mariñao, pois este cometeu demasiados erros defensivos que foron castigados
Foto: Noelia Alpe
photo_camera Foto: Noelia Alpe

Os enfrontamentos da xornada 13 para o grupo norte da Galega xuvenil deixaron dúas vitorias lucenses. O Milagrosa foi quen de impoñerse ao Ribadeo na Mariña, nun choque no que os locais non conseguiron dar a talla. Nos primeiros minutos o partido estivo bastante parello, pero no 20' Gonzalo abriu o marcador para os da capital nun centro lateral. En intres, os albivermellos conseguían facer o segundo despois dun pase atrás a Juanillo. O Ribadeo baixou a cabeza ata a segunda metade, na que tralos cambios conseguiu ter algo máis o esférico. Aínda con esas o Milagrosa dominaba e fixo o terceiro, de novo, a través de Gonzalo.

O outro triunfo da provincia foi para o Viveiro, que se impuxo por 0-4 ao Val nun partido dominado dende o inicio, onde o balón parado foi clave. Na primeira metade xa conseguiron deixar o partido pechado grazas a asinar catro goles, nos que dous foron de córner e 1 de penalti. Na segunda parte o obxectivo era deixar a súa portería a cero para curar os erros defensivos cometidos a semana pasada e conseguírono.

Ao Residencia tocoulle enfrontarse contra o líder, e rematou perdendo por 6-3. O Vitoria aproveitou cada erro individual dos de Lugo para subir un gol ao marcador, mentres que os lucenses tamén puideron aproveitarse dos seus erros, pero non ata igualar o marcador.

O Vilalbés viu como se lle escapou un punto nos derradeiros minutos do partido contra o San Tirso. Os chairegos sufriron un gol en contra na primeira chegada a portería dos de Abegondo, pero a partir de aí seguiron insistindo e comezaron a atacar polo lado esquerdo. O San Tirso quedou cun xogador menos, o que aproveitou o equipo lucense para achegarse máis á meta rival. Na segunda metade, os verdivermellos fixeron cedo o empate e dominaron ata os derradeiros 15 minutos do duelo, xa que foron perderon precisión. No 89' o San Tirso non o perdoou e conseguiu levarse a vitoria nunha falta lateral.

Consulta a clasificación aquí 

SAN TIRSO 2 - 1 VILALBÉS

San Tirso SD: Unai, Álvaro, Bruno, Manuel, Miguel, Daniel, Pedro, Anxo, Alejandro, Daniel L e Mateo. Tamén xogaron Unai M, Marco, Lucas e Ayana.
Rácing Club Vilalbés: Yago, Alberto, Carlos, Hugo X, Xairo, Carlos C, Hugo, Brais, Antonio, Miguel e Alfredo. Tamén xogaron David, Alejandro e Yago V.
Goles: 1-0 (8'): Anxo. 1-1 (48'): Miguel. 2-1 (89'): Miguel.
Árbitro: Alejandro Luis Verissimo Nogueira.

O VAL 0 - 4 VIVEIRO

SD O Val: Leo, Zenobie, Raúl, Lucas, Dario, Óscar, Manuel A, Antón, Hugo, Fabián e Freddy. Tamén xogaron Gabriel E, Aarón, Gabriel e Victor.
Viveiro CF: Álvaro, Bruno, Carlos, Hugo, Marti, Hugo R, Adrián, Xoel, Adrián D, Javier e David. Tamén xogaron Lucas, Daniel e Alejandro.
Goles: 0-1 (19'): Javier. 0-2 (23'): Xoel. 0-3 (35'): Martí, de penalti. 0-4 (40'): Adrián.
Árbitro: Daniel Barrera Lourido.

VICTORIA 6 - 3 RESIDENCIA

Victoria CF: Shoaly A, Iván, Javier, Enrique, Julián, Teo, Brais, Alberto, Samuel, Iván V e Pedro. Tamén xogaron Javier Q, Álvaro G, Román e Jorge.
SD Residencia: David, Alonso S, Óscar, Jorge, Erik, Gabriel, Rodrigo, Jorge F, Daniel, Lucas e Alejandro. Tamén xogaron Javier, Manuel, Nicolás e Hugo.
Goles: 1-0 (28'): Pedro. 2-0 (30'): Samuel. 3-0 (42'): Alberto. 4-0 (56'): Alberto. 4-1 (61'): Jorge, de penalti. 4-2 (71'): Erik. 5-2 (72'): Alberto. 6-2 (77'): Pedro. 6-3 (83'): Gabriel.
Árbitro: Eduardo Rodríguez Penas.

RIBADEO 0 - 3 MILAGROSA

SD Ribadeo: Aarón, Adán, Ignacio, Lucas, Diego, Roi, Óscar, Antón, Ignacio G, Aarón B e Brais. Tamén xogaron Martin, Kai, Sergio, Hugo e Kevin.
SCD Milagrosa: Borja, David, Leo, Christian, Brais, Miguel, Mario, Juan, Rafael, Gonzalo e Bruno. Tamén xogaron Francisco, Diego, Mauro e Carmelo.
Goles: 0-1 (19'): Gonzalo. 0-2 (24'): Juan. 0-3 (52'): Gonzalo.
Árbitro: Jorge Méndez López.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 13

San Tirso 2-1 Vilalbés
O Val 0-4 Viveiro
Estrada 0-2 Imperátor
Victoria 6-3 Residencia
Lalín 1-6 Rácing Ferrol B
Boiro 2-1 Bergantiños B
Bertamiráns 2-2 Galicia de Caranza
Conxo B 4-1 Dumbría
Ribadeo 0-3 Milagrosa
Ribeira 1-1 Olímpico

Próxima xornada

Vilalbés - Ribeira
Viveiro - San Tirso
Imperátor - O Val
Residencia - Estrada
Rácing Ferrol B - Victoria
Bergantiños B - Lalín
Galicia de Caranza - Boiro
Dumbría - Bertamiráns
Milagrosa - Conxo B
Olímpica - Ribadeo