Dúas vitorias locais, un empate na Mariña e dúas derrotas en duelos igualados

O Vilalbés e o Residencia gañaron ao Val e ao Lalín, mentres que o Viveiro rematou repartindo os puntos co Estrada. Ao Ribadeo e ao Milagrosa se lle escaparon dous puntos por pouco

A Galega xuvenil celebrou esta fin de semana a xornada número 12 rematando con variedade de resultados para os lucenses. O Viveiro segue sendo o mellor conxunto da provincia na clasificación. Os da Mariña empataron o encontro contra o Estrada no Marcos Gómez. O equipo local saíu ben ao verde e tivo dúas chegadas claras antes de marcar o primeiro gol nun man a man de Ferro a pase de Adri. Co 1-0, o Viveiro comezou a cometer erros defensivos que os levaron a irse ao descanso por debaixo no marcador. No segundo tempo, non conseguiron impoñer o seu xogo e concederon o 1-3 nun erro clamoroso. Os de Diego Fernández conseguiron poñerse 2-3 nun penalti, pero aos poucos minutos recibiron o 2-4. Co partido totalmente roto, os celestes xogaron un fútbol máis directo e lograron empatar nos minutos finais.

As vitorias da fin de semana foron para o Vilalbés e para o Residencia, que tamén xogaron na casa. Os chairegos conseguiron vencer ao Val por 2-0. O duelo comezou con dominio local, pero ao equipo lucense custáballe chegar á portería rival xa que os visitantes estiveron ben plantados en defensa. No primeiro tempo, o Vilalbés tivo unha ocasión de Migui e un gol anulado de Sergio, mentres que o Val non inquietou. Na segunda, foron quen de axustarse e aumentar o número de chegadas ata que no minuto 80 Alfredo rematou un centro de Migui para poñer o 1-0. Despois do gol, o Rácing quedou cun xogador menos, pero conseguiu asegurar a vitoria co 2-0 a través de Toni.

No caso do Residencia, levouse os tres puntos fronte ao Lalín. A primeira metade do duelo estivo moi disputada, ambos os dous equipos marcaron cedo e a partir de aí o partido trabouse e non houbo dominador claro. Tralo intermedio subiu a temperatura do choque e comezaron a repartirse tarxetas para ámbolos bandos. Os lucenses empezaron a dominar ao Lalín a través de transicións rápidas, o que lles deu pe a asinar tres goles e conseguir unha vitoria merecida. 

En canto ao Ribadeo e ao Milagrosa, aos dous equipos se lle escaparon os tres puntos. Os da Mariña perderon a domicilio contra o Dumbría por 3-2. Comezaron o choque perdendo, pero  remontaron grazas aos tantos de Ayoub e Óscar antes do descanso. Na segunda parte, os locais empataron o partido e o Ribadeo intentouno malia que o esférico non quixo entrar e tiveron que soportar a falta de compañeirismo dos rivais. Ao final, nos derradeiros intres do partido o Dumbría marcou o terceiro que lles deu o triunfo.

Pola parte do Milagrosa, viviu unha historia parecida no Luís Gorgoso contra o Olímpico. Despois de remontar un gol en contra a través de Juan e David, desvaneceuse o triunfo no segundo tempo co 2-3 dos visitantes.

Consulta a clasificación aquí 

VILALBÉS 2 - 0 O VAL

Rácing Club Vilalbés: Yago, Xairo, Sergio, Carlos, Hugo X, Brais, Carlos L, Noel, Alfredo, Miguel e Hugo. Tamén xogaron Alberto, Antonio, David, Alejandro e Miguel F.
SD O Val: Leo, Víctor, Óscar, Manuel A, Samuel, Hugo, Antón, Fabián, Antón R, Darío e Gabriel E. Tamén xogaron Gabriel, Miguel, Raúl, Beltrán e Aarón.
Goles: 1-0 (80'): Alfredo. 2-0 (90'): Antonio.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

VIVEIRO 4 - 4 ESTRADA 

Viveiro CF: Álvaro, Carlos, Lucas, Martí, Hugo, Xoel, Adrián, Javier, Lucas S, Rafael e Daniel. Tamén xogaron Bruno, Hugo V, David e Alejandro.
Escola Estrada Futbol Base: Ángel, Alejandro, Ramiro, Daniel, Julián, Andrés, Íker, Iago J, Francisco, Jesús e Hugo. Tamén xogaron Daniel M, Sergio G, Marco, Cesar e Sergio.
Goles: 1-0 (11'): Xoel. 1-1 (30'): Íker. 1-2 (38'): Íker. 1-3 (51'): Hugo. 2-3 (70'): Hugo V. 2-4 (78'): Sergio. 3-4 (80'): Daniel, en propia. 4-4 (89'): Lucas.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

RESIDENCIA 4 - 1 LALÍN

SD Residencia: David, Jorge, Gabriel, Andrés, Javier, Hugo, Manuel, Diego, Alonso S, Óscar e Rodrigo. Tamén xogaron Alejandro, Erik, Daniel e Lucas.
EF Lalín: Xabier, Cristian, Alberto, Alberto F, Nuno, Manuel, Luis A, Enrique, Iván, Anxo e Jacobo. Tamén xogaron Lucas, Diego, Daniel e Daniel S.
Goles: 1-0 (3'): Gabriel. 1-1 (7'): Manuel. 2-1 (70'): Iván, en propia. 3-1 (89'): Lucas. 4-1 (90'): Alejandro.
Árbitro: Javier Gómez Martin.

DUMBRÍA 3 - 2 RIBADEO

CF Dumbría: Íker, Antón, Samuel, Alvaro, Íker A, Fabio, Adrián, Hugo, Álvaro A, Kevin e Óscar. Tamén xogaron Martin, Yeray e Pablo.
SD Ribadeo: Aarón, Adán, Ayoub, Ignacio, Lucas, Diego, Roi, Óscar, Antón, Brais e Aarón B. Tamén xogaron Kai, Martin e Ignacio G.
Goles: 1-0 (15'): Adán, en propia. 1-1 (19'): Ayoub. 1-2 (40'): Óscar. 2-2 (61'): Kevin. 3-2 (90'): Adrián.
Árbitro: Luis M. Insua Lago.

MILAGROSA 2 - 3 OLÍMPICO

SCD Milagrosa: Carmelo, Francisco, David, Leo, Christian, Brais, Miguel, Mario, Juan, Rafael e Gonzalo. Tamén xogaron Brais N, Bruno, Gabriel F e Diego.
Olimpico CF: Pablo, Gonzalo G, Johansy R, Santiago, Sergio, Mauro, Hugo, Víctor, Luca, Hugo N e Pelayo. Tamén xogaron Juan, Ramón, Diego e Bogdan S.
Goles: 0-1 (7'): Mauro. 1-1 (24'): Juan. 2-1 (29'): David. 2-2 (71'): Mauro. 2-3 (76'): Juan.
Árbitro: David Rodríguez López.

 

 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 12

San Tirso 0-0 Ribeira
Vilalbés 2-0 O Val
Viveiro 4-4 Estrada
Imperátor 0-1 Victoria
Residencia 4-1 Lalín
Rácing Ferrol B 5-3 Boiro
Bergantiños B 1-0 Bertamiráns
Galicia de Caranza 0-0 Conxo B
Dumbría 3-2 Ribadeo
Milagrosa 2-3 Olímpico

Próxima xornada

San Tirso - Vilalbés
O Val - Viveiro
Estrada - Imperátor
Victoria - Residencia
Lalín - Rácing Ferrol B
Boiro - Bergantiños B
Bertamiráns - Galicia de Caranza
Conxo B - Dumbría
Ribadeo - Milagrosa
Ribeira - Olímpico