Xornada con dous derbis lucenses na Galega

A categoría masculina foi testemuña do empate entre o Polvorín e o Vilalbés, mentres que o Antas impúxose a domicilio ao Milagrosa 

Masculina Grupo Norte

Na Galega infantil esta xornada celebráronse dous derbis lucenses, un en cada categoría. Na masculina o Polvorín recibiu ao Vilalbés no seu campo e remataron o partido en táboas. Na primeira metade non houbo demasiado acerto por parte dos dous conxuntos, xa que o respecto ante tal cita apoderouse dos dous equipos, co que o 0-0 se mantivo ata o descanso.

Na segunda metade o Vilalbés aproveitou unha das súas para adiantarse, cun tiro dende fóra da área de Juan Miguel no minuto 54. Porén, o Polvorín foi polo partido e preto da bucina Yago puxo o 1-1 que pechou o encontro.

No caso do Viveiro, conseguiu impoñerse ao Galicia de Caranza nun partido moi completo. Os celestes saíron moi ben ao verde, xerando moito desde atrás, pero non foron quen de adiantarse. No segundo tempo, co vento a favor, moveron o bloque ao campo contrario e apertaron moito sen balón. O equipo da Mariña comezou a xerar ocasións a través de Jaime e Júnior, ata que no minuto 60 por fin chegou o premio cun golazo dende fóra da área de Jaime. 

Co marcador a favor o Viveiro seguiu moi serio en defensa e os locais non conseguiron tirarlle a porta. Preto do final un córner moi ben colocado de Jaime propiciou o 0-2 que asinou Hugo de cabeza e decidiu o partido.

Consulta a clasificación aquí

 POLVORÍN 1 - 1 VILALBÉS

EF Polvorín: Álvaro A, Antón, Alejandro, Eloy, Yago, Aaron, Marcos, Nicolás, Antón F, Izan e Carlos. Tamén xogaron Andrés, Hugo, Brais, Daniel e Alan.
Rácing C Vilalbés: Iker, David G, Martín, Bruno, Martín B, Enzo, Nicolás, Anxo, Hugo, Juan M e Alberto. Tamén xogaron Álex, Alejandro, Hugo P, Leandro M e Samuel.
Goles: Yago para o Polvorín. Juan M para o Vilalbés.
Árbitro: Fabio Crespo Gamez.

GALICIA DE CARANZA 0 - 2 VIVEIRO

Galicia De Caranza: Eduardo, Bruno, Hugo, Javier, Sergio, Keiner A, Xavi, Jorge, Gorka, Lucas G e Hugo M. Tamén xogaron Jhosep, Adrián, Martin, Bruno M e Pablo.
SD Viveiro: Dimas, Miguel, Hugo, Samuel, Roque, Jaime, Marco, Júnior, Asier, Iago e David M. Tamén xogaron Lucas, Leo, Brais, Aleixo e Xoel.
Goles: Jaime e Hugo para o Viveiro.
Árbitro: José Carlos Manso Martínez.

 

Resultados xornada 25

Cambre 5 4 Boiro
Rácing Ferrol 6 0 Ribeira
Calasanz 1 2 Bergantiños
Compostela 2 6 Victoria
Polvorín 1 1 Vilalbés
Galicia de Caranza 0 2 Viveiro
Montañeros 2 0 Estrada
Oza Juvenil 0 2 Xuventude Oroso

Próxima xornada

Ribeira - - Boiro
Bergantiños - - Rácing Ferrol
Victoria - - Calasanz
Vilalbés - - Compostela
Viveiro - - Polvorín
Estrada - - Galicia de Caranza
Xuventude Oroso - - Montañeros
Oza Juvenil - - Cambre

 

Feminina Grupo Norte

Na Galega feminina tamén houbo derbi e, neste caso resolveuse nos minutos finais. O Milagrosa recibiu ao Antas no Luis Gorgoso na matinal do domingo para disputar un encontro moi igualado. No partido de ida foran as albivermellas quen se levaran os tres puntos cun marcador de 1-3. Nesta ocasión, na primeira metade do partido, ningún dos dous equipos tivo acerto e fóronse 0-0 ao descanso.

A segunda parte comezou coa mesma sintonía, pero cando parecía que o 0-0 sería a sentencia final, apareceu Carmen para abrir o marcador a favor do Antas. Un duro golpe para o Milagrosa que propiciou que no asubío final acabaran encaixando o 0-2 definitivo. O resultado fixo que o Antas lle empatara a 39 puntos ao outro equipo lucense e lle pasara por diante na clasificación. Porén, as seoanesas espéralles un partido complicado a semana que ven, contra o Orzán.

Consulta a clasificación aquí

MILAGROSA 0 - 2 ANTAS

SCD Milagrosa: Natalia, Irene, Daniela, Aurora, Noelia, Lara, Andrea, Marina, Vera, Gabriela e Blanca. Tamén xogaron Paula, Candela, Itziar, Salma e Noelia P.
Antas SD: Julene, Icía, Laura, Antía, Ariadna, Antía, Esmenia, Uxía, Dana, Carmen e Camila. Tamén xogaron Melanie, Lara e Ainara.
Goles: Carmen (2) para o Antas.
Árbitro: Adrián López Bermúdez.

 

Resultados xornada 24

Victoria CF 2 0 Rácing Ferrol
Cee 1 0 Mera
Burgo 3 2 Arteixo
Pastoriza A Arzúa
Milagrosa 0 2 Antas
Orzán - - Cristo Rey
Orzán B 3 0 Torre
  D Victoria FC

Próxima xornada

Victoria FC - - Victoria CF
Rácing Ferrol - - Cee
Mera - - Burgo
Arteixo - - Pastoriza
Arzúa - - Milagrosa
Antas - - Orzán
Cristo Rey - - Orzán B
  D Torre