Tres vitorias consecutivas do Viveiro na terceira praza

O Polvorín perdeu pola mínima contra os líderes nun bo partido, mentres que o Vilalbés empatou na casa co Estrada

Masculina Grupo Norte

No grupo Norte da Galega cadete masculina, o Viveiro mantense no terceiro posto da clasificación, aguantando a praza de promoción. Os celestes enfrontáronse ao Cambre na casa nun partido no que amosaron o seu nivel superior. Marcaron dous goles moi cedo, tras un bo tiro de Jaime e un balón ao espazo de Marco. Dende aí o partido non tivo moita máis historia, o cadro da Mariña relaxouse e non estiveron moi cómodos con balón. Aínda así Leo fixo o 3-0 definitivo tras unha boa xogada con Marco.

O Vilalbés púxose por diante do Polvorín despois de empatar contra o Estrada, outro dos equipos que loita por afastarse da zona baixa. O duelo celebrado no Anexo da Magdalena comezou mellor para os locais, pois conseguiron adiantarse no minuto 24 a través de Juan Miguel. Porén, antes do descanso o conxunto visitante conseguiu empatar o duelo. No segundo tempo os dous equipos tiveron as súas, pero o 1-1 aguantou ata a bucina final.

No caso do Polvorín, perdeu contra o Rácing de Ferrol, líder da clasificación. Malia a derrota os amarelos fixeron un dos mellores partidos da tempada, cun traballo defensivo espectacular e sorprendendo aos líderes a balón parado. Os de Ferrol só foron capaces de tirar tres veces entre os paus e tiveron momentos de desesperación por non poder despregar o seu xogo. Malia isto, un único gol á media hora de partido deulles a vitoria. 

Consulta a clasificación aquí

RÁCING FERROL 1 - 0 POLVORÍN

Rácing Club Ferrol: Yoel, Adrián, José M, Hugo, Pablo, Nicolás, Diego, Andre, Manuel, Ramón e Nicolás G. Suplentes: Iker, Martín, Erik, Samuel e Adrián F.
Ef Polvorin: Alvaro A, Andrés, Antón, Alejandro, Yago, Aarón, Marcos, Nicolás, Antón F, Izan e Carlos. Suplentes: Andrés F, Hugo, Brais, Eloy e Alan.
Goles: Nicolás G para o Rácing.
Árbitro: Juan Jose Silven Montes.

VIVEIRO 3 - 0 CAMBRE

SD Viveiro: Dimas, Miguel, Hugo, Eric, Roque, Jaime, Leo, Marco, Asier, Iago e Aleixo. Suplentes: Samuel, Brais, David M, Eric C e Xoel.
Sporting Cambre: Xiana, Anxo, Nicolás, Braulio, Gabriel, Gerardo, Luca, Carmela, Alejo, Lucas e Izan. Suplentes: Daniel, Fabrizio A, Mateo, Adrián e Mateo L.
Goles: Jaime, Marco, Leo para o Viveiro.
Árbitro: David Jiménez Jiménez.

VILALBÉS 1 - 1 ESTRADA

Rácing C Vilalbés: Álex, Martín, Hugo, Bruno, Samuel, Enzo, Nicolás, Anxo, Hugo P, Juan M e Alberto. Suplentes: Iker, Aarón, Alejandro, David G e Samuel L.
Escola Estrada Fútbol Base: Alejandro, Pablo, Álex, Brais, Andrés, Daniel, Daniel F, Aitor, Izan, Pedro e Matías. Suplentes: Manuel, Samuel, Xoel e Leo.
Goles: Juan M para o Vilalbés. Andrés para o Estrada.
Árbitro: Álvaro Valín González.

 

Resultados xornada 20

Calasanz 2 1 Compostela
Rácing Ferrol 1 0 Polvorín
Boiro 1 3 Galicia de Caranza
Ribeira 1 4 Montañeros
Bergantiños 3 1 Oza Juvenil
Victoria 1 1 Xuventude Oroso
Vilalbés 1 1 Estrada
Viveiro 3 0 Cambre

Próxima xornada

Cambre - - Calasanz
Compostela - - Rácing Ferrol
Polvorín - - Boiro
Galicia de Caranza - - Ribeira
Montañeros - - Bergantiños
Oza Juvenil - - Victoria
Xuventude Oroso - - Vilalbés
Estrada - - Viveiro

 

Feminina Grupo Norte

No caso dos equipos femininos, so o Milagrosa conseguiu os tres puntos. As albivermellas enfrontáronse no Luis Gorgoso contra o Orzán B e impuxéronse por 3-0. Aurora e Daniela decantaron moi cedo o partido a favor das locais, que aguantaron sen moitos sustos o marcador ata que preto do final Blanca sentenciou co terceiro.

Ao Antas tocoulle enfrontarse contra un dos equipos do máis alto, o Victoria CF.  As lucenses víronse superadas polo conxunto local, que dominou o balón e acabou gañando por 6-0, con tres tantos en cada parte. 

Consulta a clasificación aquí

VICTORIA CF 6 - 0 ANTAS 

Victoria CF: Xiana, Nerea, Valeria, Noa, Celia, Sara, Daniela, Lía, Daniela S, Lola e Sara A. Suplentes: Vicky, Paula, Julia, Noa S e Lía.
Antas SD: Julene, Icia, Laura, Antía, Ariadna, Antía, Esmenia, Uxía, Dana, Melanie e Carmen. Suplentes: Elisa e Ainara.
Goles: Sara (2), Noa, Daniela S (2) e Celia para o Victoria.
Árbitro: Miriam Rios Barreiro.

 MILAGROSA 3 - 0 ORZÁN B

SCD Milagrosa: Natalia, Irene, Daniela, Aurora, Noa, Salma, Lara, Andrea, Marina, Vera e Sheila. Suplentes: Clara, Lucia, Sofia, Candela e Blanca.
Orzán SD B: Aldara, Noa, Antía, Alma, Ines, Claudia, Sofia, Carlota, Sarai B, Blanca e Ariana M. Suplentes: Sabela, Nadia e Amaya.
Goles: Aurora, Daniela e Blanca para o Milagrosa.
Árbitro: Pablo López Fernández.

 

Resultados xornada 20

Mera 0 5 Arteixo
Rácing Ferrol 7 0 Arzúa
Victoria CF 6 0 Antas
Cee 1 1 Cristo Rey
Burgo 5 0 Torre
Milagrosa 3 0 Orzán B
Orzán 4 0 Victoria FC
  D Pastoriza

Próxima xornada

Victoria FC - - Mera
Arteixo - - Rácing Ferrol
Arzúa - - Victoria CF
Antas - - Cee
Cristo Rey - - Burgo
Torre - - Pastoriza
Orzán B - - Orzán
  D Milagrosa