A Galega infantil arrinca o curso cunha vitoria do Viveiro no Marcos Gómez

Os celestes empezaron a nova competición superando ao Ribeira. No caso do Vilalbés e do Polvorín, quedaron sen puntuar nesta primeira xornada

Masculina Grupo Norte

A primeira xornada da Galega infantil masculina deixou tres puntos para o Viveiro e derrotas para o Vilalbés e o Polvorín. O equipo celeste disputou o seu primeiro encontro do novo curso no Marcos Gómez e conseguiu un resultado de 2-0 contra o Cidade de Ribeira. Na primeira metade, un penalti ao seu favor permitiu que Marco abrira o marcador. O encontro estivo competido, pero na segunda metade aseguraron a vitoria co segundo gol asinado por Roque.

O Rácing Vilalbés xogou tamén na casa, pero no seu caso foi superado polo Bergantiños. Os de Carballo abriron o marcador antes do descanso e dominaron a segunda parte conseguindo dous goles máis. No caso do Polvorín, estreáronse na competición cunha derrota contra o Galicia de Caranza. Os nervios de tal debut notáronse na primeira metade, pero a actuación de Álvaro levoulles a irse 0-0 ao descanso. Na segunda parte sufriron un penalti en contra por man, pero aínda con esas deron un paso adiante e igualaron o marcador cun tanto de Aarón tras unha boa xogada de Alejandro. Pena que unha mala decisión do porteiro amarelo fixo que o Caranza metera o 2-1 definitivo. 

VIVEIRO 2 - 0 CIDADE DE RIBEIRA

SD Viveiro: Dimas, Hugo, Eric, Samuel, Roque, Jaime, Leo, Marco, Brais, Junior e David M. Suplentes: Víctor, Miguel, Asier, Aleixo e Eric C.
Cidade De Ribeira CF: Íker, Abdelkader, Noel, Pablo, Pedro, Leo, Enrique, Marco, Iago, Daniel e Diego. Suplentes: Iker G, Miguel, Irene, Gonzalo e Manuel.
Goles: 1-0 (22'): Marco, de penalti. 2-0 (77'): Roque.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

RACING VILALBÉS 0 - 3 BERGANTIÑOS

Racing C Vilalbés: Íker, Julián, Martín, Bruno, Martín B, Samuel, Aarón, Hugo, Juan M, Nicolás e Hugo P. Suplentes: Alex, Xalo, Alejandro, Hugo C e David G.
Bergantiños CF: Breogán, Adrián, Iván, Jairo, Matías, Leo, Tirso, Íker, Borja, Pablo e Xavier. Suplentes: Ander, Mateo, Oliver, Aarón e Gael.
Goles: 0-1 (39'): Aarón. 0-2 (70'): Oliver. 0-3 (75'): Xavier.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.

GALICIA DE CARANZA 2 - 1 POLVORÍN

Galicia De Caranza: Eduardo, Pablo, Lucas G, Yoel, Javier, Mario, Martín, Hugo, Jorge, Uxío e Gorka. Suplentes: Alejandro, Brais, Xavi, Bruno e Adrián.
EF Polvorín: Álvaro A, Martín, Andrés, Antón, Alejandro, Eloy, Yago, Daniel, Aarón, Alan e Antón F. Suplentes: Antón M, Hugo, Alejandro F, Hugo V e Nicolás.
Goles: 1-0 (54'): Gorka, de penalti. 1-1 (60'): Aarón. 2-1 (76'): Jorge.
Árbitro: Jose Carlos Manso Martínez.

 

Resultados xornada 1

Galicia de Caranza 2 1 Polvorín
Montañeros 2 0 Compostela
Oza Juvenil 1 4 Calasanz
Xuventude Oroso 2 1 Rácing Ferrol
Estrada 0 0 Boiro
Viveiro 2 0 Ribeira
Vilalbés 0 3 Bergantiños
Cambre 4 3 Victoria

Próxima xornada

Polvorín - - Cambre
Compostela - - Galicia de Caranza
Calasanz - - Montañeros
Rácing Ferrol - - Oza Juvenil
Boiro - - Xuventude Oroso
Ribeira - - Estrada
Bergantiños - - Viveiro
Victoria - - Rácing Vilalbés

 

Feminina Grupo Norte

A Galega infantil feminina dará comezo a vindeira fin de semana coa participación de dous equipos lucenses. O Milagrosa é un habitual nesta competición e esta vez estará acompañado do Antas, que se estrea na categoría. Ambos os dous conxuntos forman parte do grupo norte, composto por un total de 16 equipos que se enfrontaran en 30 xornadas. Na primeira quenda, o Milagrosa recibirá na casa ao Spórting Bueno, mentres que o Antas tamén actuará como local, no seu caso, ante o Arzúa. 

Primeira xornada

Antas - - Arzúa
Cristo Rey - - Atlético Arteixo
Torre - - Rosalía
Sofán - - Rácing Ferrol
Orzán B - - Victoria
Orzán - - Unión Club Cee
Milagrosa - - Spórting Bueno
Victoria - - Pastoriza