O Calasancio conseguiu gañar ao Santa Mariña e conservar a praza na Galega

O equipo de Carlos Fontal dominou o encontro celebrado no Álex Blanco de principio a fin e rematou no posto número 12 do grupo Sur. No Norte, o Lugo pechou a liga regular oitavo, cun triunfo sobre o Victoria B

 

Grupo Sur

No grupo Sur o Calasancio cumpriu o obxectivo de manterse na Galega. Os de Monforte gañaron ao Santa Mariña e quedaron no posto número 12, fora do perigo polos arrastres. O equipo de Carlos Fontal controlou o partido celebrado no Álex Blanco de principio a fin. Comezaron moito mellor que os rivais, pero o Santa Mariña tivo a primeira acción perigosa nun disparo que parou Manu. Dende aí o Calasancio achegouse a balón parado e fixeron o primeiro gol. Nunha falta lateral de Mateo que rematou Jacobo, o balón acabou golpeando na man a un adversario, co que o árbitro pitou penalti e Mateo puxo o 1-0.

Con ese resultado comezaron a segunda metade, nun empuxón, o Santa Mariña tivo dúas ocasións de gol, pero os lucenses volveron tomar o control. O cadro local comezou a roubar balóns e tiveron dúas moi claras de Lagoa e Torrado. Faltando cinco minutos os visitantes cometeron unha falta ao canto da área que Mateo transformou de maneira maxistral para pechar a vitoria co 2-0. O Calasancio pechou a tempada conseguindo 16 dous últimos 21 puntos e o vindeiro curso volverá a competir na categoría autonómica.

Consulta a clasificación aquí

 CALASANCIO 2 - 0 SANTA MARIÑA

CP Calasancio: Manuel, Izan, Gabriel A, Javier, Javier D, Jacobo, Julio, Beñat, Noe, Mateo e Juan. Tamén xogaron Manuel L, Iván e Miguel.
UD Santa Mariña: Andrés J, Lucas, Martín, Adrián, Fabián, Lucas M, Diego, Manuel, Aimar, Maximiliam e Evan. Tamén xogaron Enzo, Daniel, Anxo, Diego M e Javier.
Goles: 1-0 (31'): Mateo, de penalti. 2-0 (73'): Mateo.
Árbitro: Saúl López Parga.
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 37

A Seca 10-0 Spórting Guardes
Arosa B 2-3 Rápido Pereiro
Calasancio 2-0 Santa Mariña
Val Miñor B 5-2 Pabellón B
Verín 1-2 Escola DSF
Ourense CF 1-2 Colegio Hogar
Pabellón Promesas 1-3 Arousa
Porriño Industrial 5-0 Ribadumia
Celta B 7-0 Alondras
UD Ourense 3-1 Salgueiriños

 

Grupo Norte

No grupo Norte o Lugo B rematou a liga regular no oitavo posto e cun triunfo ante o Victoria B. Disputaron un partido con moito ritmo, condicionado polo aire, no que os albivermellos foron superiores na primeira metade e tiveron varias chegadas con perigo. No minuto 28, Adrián conseguiu abrir o marcador tras unha transición rápida e co 1-0 chegaron ao descanso.

Na segunda metade seguiron sendo mellores, pero o Victoria tivo o empate un tiro que se desviou ao traveseiro. Nun centro raso de Brais, García rematou ao segundo pau e subiu o 2-0 ao taboleiro. En dez minutos, noutro centro raso o Lugo consegue o 3-0 cun gol en propia dos rivais. Dende aí, os da Coruña envorcáronse e meteron o 3-1 de falta directa. Conseguiron recortar distancias aínda máis e nun tiro afastado fixeron o 3-2. O Lugo viuse apertado ata o final, pero aguantaron ben o resultado para levarse a derradeira vitoria do curso.

O Milagrosa, malia o descenso, conseguiu rematar a liga regular plantándolle cara a un dos mellores equipos do grupo norte, o Bertamiráns, segundo na clasificación. Os albivermellos saíron ao partido decididos a amosar o seu carácter e Nicolás adiantounos no minuto 12. O partido foise ao descanso co 0-1 e na segunda metade Mateo foi quen de subir o 0-2 ao taboleiro. O paso dos minutos pesou ao equipo de Lugo e o Bertamiráns recortou distancias no 60'. Un penalti nos derradeiros intres do duelo fixo que o resultado fora de 2-2.

No caso do Viveiro, tamén descendido, caeu contra os líderes da clasificación, o Montañeros. Na primeira parte os celestes igualaron o ritmo dos visitantes, pero nun grande erro defensivo encaixaron o 0-1. Diego tivo a oportunidade de empatar e, tralo descanso, o cadro do Marcos Gómez viu como lles anularon un gol. Tras isto, o Montañeros consegue marcar o segundo tanto e mata o partido no terceiro. Christian recortou distancias cun disparo que acabou na rede, pero ao final marcador pechouse cun 1-4.

Consulta a clasificación aquí

 LUGO B 3 - 2 VICTORIA B

CD Lugo B: Antón, Marcos, Adrián, Hugo, Pablo, Gabriel, Gael, Jesús, Brais, Lois e Mateo. Tamén xogaron Saúl, Héctor, Lucas e Raúl.
Victoria CF B: Jacobo, Álvaro, Martín, Yago, Joel, Ziyad, Jorge, Alejandro, Anxo, Iago e Aarón. Tamén xogaron Sergio, Diego M, Theophile E e Mateo.
Goles: 1-0 (28'): Adrián. 2-0 (51'): Pablo. 3-0 (60'): Martín, en propia. 3-1 (65'): Alejandro. 3-2 (68'): Theophile E.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

 VIVEIRO 1 - 4 MONTAÑEROS

SD Viveiro: Diego, Xoel, Pablo, Xián, Christian, Manuel, Diego R, Álvaro, Saúl, David e Gabriel. Tamén xogaron Andrés, Óscar F, Antón, Mateo e Saúl A.
Atl Coruña Montañeros CF: Enrique, Diego, Sergio, Cesar, Mauro, Aarón A, Raúl, Javier, Towa, Lucas e Iago. Tamén xogaron Aarón, Hugo R, Mateo, Álvaro e Hugo.
Goles: 0-1 (16'): Towa. 0-2 (46'): Towa. 0-3 (49'): Towa. 1-3 (55'): Christian. 1-4 (74'): Aarón A.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

BERTAMIRÁNS 2 - 2 MILAGROSA

Bertamiráns FC: Antia, Xavier, David, Alexandre, Diego, Antón, Mateo, Mateo S, Jorge, Lionel e David I. Tamén xogaron Daniel, Rodrigo, Pablo P e Manuel.
SCD Milagrosa: Anxo, Hadrian, Martín, Nicolás, Daniel, Lucas, Ezequiel, Duarte, Mateo, Pablo e Ian. Tamén xogaron Pablo T, Ismael, Caxide e Javier.
Goles: 0-1 (12'): Nicolás. 0-2 (57'): Mateo. 1-2 (60'): Rodrigo. 2-2 (80'): Daniel, de penalti.
Árbitro: Gustavo Vidal Fonseca.
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 38

Ural B 0-1 Imperátor
Rácing Ferrol B 0-1 Calasanz
Lalín 2-3 Xuventude Oroso B
Galicia de Caranza 0-4 San Tirso B
Bertamiráns 2-2 Milagrosa
Compostela 3-1 Dumbría
Lugo B 3-2 Victoria B
Narón O Freixo 2-1 Amio
Conxo B 1-2 Boiro
Viveiro 1-4 Montañeros