A Galega infantil rematou a liga regular cunha vitoria do Viveiro no derbi contra o Residencia

Os celestes, que foron os mellor clasificados da provincia de Lugo, superáronos grazas aos goles de Sergio e Óscar. 

Ca última fin de semana de abril pechouse tamén a liga regular para a Galega infantil. O Viveiro foi o equipo que rematou na mellor posición dos da provincia, no número oito da clasificación, pero todos mantiveron a praza na Galega. Nesta derradeira xornada os celestes gañaron ao Residencia por 1-2. Os da Mariña dominaron o balón na primeira metade e abriron o marcador tras unha boa xogada colectiva que culminou Sergio cun tiro cruzado. Na segunda metade os de Lugo tiveron máis o balón, tiveron varias ocasións para igualar o partido pero o Viveiro conseguiu meter o 0-2 cun golazo de Óscar nunha contra. Os locais aproveitaron un erro en saída de balón dos forasteiros para recortar distancias ao final co 1-2, que pechou o encontro.

O Residencia quedou no número 13 da lista, mentres que o Vilalbés rematou a liga regular dous postos por riba. Os chairegos perderon nesta ultima xornada contra o Bertamiráns, que se xogaba o ascenso directo á División de Honra. Os primeiros minutos estiveron igualados, primou o xogo directo e os visitantes conseguiron gañar bastante terreo nas segundas xogadas. Os de Santiago abriron o marcador cedo nun centro lateral e puxeron o 0-2 tras un rexeite. O Vilalbés comezou a encontrar máis espazos e xerar máis perigo, pero antes do descanso encaixaron o 0-3. No segundo tempo o equipo lucense mellorou, tiveron dúas oportunidades moi claras de Iago Rouco que non entraron, pero o Bertamiráns encontrou o cuarto gol. Mateo conseguiu maquillar o marcador co 1-4 tras córner, e Iago e Augusto tiveronas para poñer o 2-4, pero non puido ser.

Consulta a clasificación aquí 

 RESIDENCIA 1 - 2 VIVEIRO

SD Residencia: Hugo, Ian, Alex A, Joel, Anes, Nicolás, Iago, Miguel, Pablo, Miguel G e Marco. Tamén xogaron Iker, Mateo M, Samuel, Martín e Iván.
SD Viveiro: Nicolás, Mario, Luis, José M, Íker, Hugo, Sergio, Óscar, Hugo T, David e Arnold D. Tamén xogaron Lucas, Manuel, Beltrán, Brais e Diego.
Goles: 0-1 (37'): Sergio. 0-2 (59'): Óscar. 1-2 (79'): Íker.
Árbitro: Javier Gómez Martín.

VILALBÉS 1 - 4 BERTAMIRÁNS

Rácing C Villalbés: Carlos, Mateo, Alejandro, Hugo, Nicolás, Daniel, Julián, Esteban, Augusto C, Iago e Hugo P. Tamén xogaron Iago L, Iago R, Miguel, Juan M e Alberto.
Bertamiráns FC: Antia, David, Daniel, Santiago, Carlos, Alexandre, Pablo, Lucas, Matteo, Manuel e Pablo P. Tamén xogaron Xurxo, Diego, Alejandro, Hugo e Xoel.
Goles: 0-1 (8'): Lucas. 0-2 (30'): Matteo. 0-3 (32'): Alexandre. 0-4 (61'): Lucas. 1-4 (76'): Mateo.
Árbitro: José Luís López Rodríguez.
 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 30

Residencia 1-2 Viveiro
Rácing Ferrol 0-3 Victoria
Lalín 0-7 Imperátor
Estrada 0-0 O Val
Galicia de Caranza 1-0 Boiro
Oza Juvenil 4-2 Xuventude Oroso
Montañeros 0-3 Calasanz
Vilalbés 1-4 Bertamiráns