O Viveiro e o Vilalbés remataron o derbi con empates sen goles

Ambos os dous equipos lucenses mantéñense a un punto no medio da clasificación. O Residencia perdeu tres pero fixo un bo papel contra un dos candidatos ao ascenso
Unha imaxe de arquivo do partido do Vilalbés contra O Val. Foto: Cristina Pérez
photo_camera Unha imaxe de arquivo do partido do Vilalbés contra O Val. Foto: Cristina Pérez

Esta fin de semana enfrontáronse o Viveiro e o Vilalbés no Marcos Gómez. O derbi lucense da Galega foi un choque igualado no que os locais tiveron a maior parte do dominio do balón. Os celestes tiveron dúas ocasións moi claras e os chairegos unha dende fóra da área, pero remataron empatando o partido e sen goles. Os dous conxuntos da provincia mantéñense no noveno e décimo posto con tan só un punto de diferenza.

No caso do Residencia, non conseguiu vencer ao Victoria, pero fixo un bo papel ante o terceiro clasificado. Malia ser inferiores a nivel físico, os lucenses planearon ben o partido e defenderon moi xuntos na primeira metade. Aínda que non xeraron perigo, conseguiron que os rivais tampouco lles increparan nada. Na segunda metade os da Coruña apertaron máis e nos primeiros minutos aproveitaron ademais os erros do Residencia para poñerse 3-0. Nos últimos minutos o equipo de Lugo conseguiu recortar a diferencia cun golazo pola escuadra de Samu e así morreu o encontro.

Consulta a clasificación aquí 

VIVEIRO 0 - 0 VILALBÉS

SD Viveiro: Nicolás, Mario, Lucas, Jaime, José M, Hugo, Hugo T, David, Marco, Arnold D e Roque. Tamén xogaron Óscar, Íker, Luis e Sergio.
Racing C Vilalbés: Carlos, Iago, Hugo, Esteban, Mateo, Daniel, Julián, Asier, Augusto C, Miguel e Hugo P. Tamén xogaron Nicolás, Iago P, Anxo, Martín e Alejandro.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

VICTORIA 3 - 1 RESIDENCIA

Victoria CF: Adrián, Eder, Guillermo, Juan, Javier, Anxo, Sabino, Miguel, Diego, Iago e Guillermo R. Tamén xogaron Eric, Jacobo, Lois G, Lois e Diego B.
SD Residencia: Hugo, Miguel, Marco, Alex A, Joel, Ian, Samuel, Anes, Miguel G, Martin e Iago. Tamén xogaron Álvaro, Iago M, Jesús, Pablo e Iago V.
Goles: 1-0 (47'): Sabino. 2-0 (49'): Eric. 3-0 (50'): Guillermo R. 3-1 (73'): Samuel.
Árbitro: Daniel Estraviz Pardo.
 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 29

Viveiro 0-0 Vilalbés
Victoria 3-1 Residencia
Imperátor 3-6 Rácing Ferrol
O Val 6-1 Lalín
Boiro 1-0 Escola Estrada
Xuventude Oroso 2-1 Galicia de Caranza
Calasanz 2-0 Oza Juvenil
Bertamiráns 4-2 Montañeros

Próxima xornada

Residencia - Viveiro
Rácing Ferrol - Victoria
Lalín - Imperátor
Estrada - O Val
Galicia de Caranza - Boiro
Oza Juvenil - Xuventude Oroso
Montañeros - Calasanz
Vilalbés - Bertamiráns