Triplo empate nos encontros dos lucenses da Galega infantil

O Viveiro e o Residencia remataron en táboas coma locais contra o Victoria e o Imperátor, mentres que o Vilalbés repartiu os puntos na casa do Montañeros

Esta fin de semana os tres equipos lucenses da Galega infantil remataron os seus partidos en táboas. O Viveiro, trala derrota da anterior xornada, empatou na casa contra o Victoria, o terceiro clasificado. Nos primeiros minutos os celestes encaixaron un gol de córner e o equipo da Coruña dominou e tivo algunha ocasión máis. No segundo tempo o Viveiro saíu moi intenso e empatou nun erro dos rivais na saída de balón. Despois, tiveron un pau nun córner e o Victoria comezou a apertalos, pero o conxunto da Mariña conseguiu defender o resultado.

Cun punto menos que os celestes está o Vilalbés, que rematou co mesmo resultado contra o Montañeros. Os chairegos saíron ben ao partido, apertando arriba e roubando balóns. Nunha recuperación na frontal da área Esteban conseguiu abrir o marcador. O Rácing foi perdendo intensidade e os locais comezaron a encontrar os espazos. Despois dunha boa parada de Carlos, no minuto 25 empatáronlles nun córner mal defendido. Tralo descanso o partido seguiu cun alto ritmo e o Vilalbés deu a cara ata o final.

O Residencia, no posto 13, conseguiu un punto importante contra o Imperátor, equipo que se mantén un posto por debaixo deste. O equipo de Lugo comezou controlando o partido e marcou un gol nun balón en largo. Tiveron varias ocasións máis a través de Mateo, Jesús e Samu, pero non conseguiron marcar. Case na derradeira xogada do partido os visitantes empatáronlles nunha falta dende o medio campo.

Consulta a clasificación aquí

VIVEIRO 1 - 1 VICTORIA

SD Viveiro: Carlos, Mario, Luís, Lucas, José M, Hugo, Sergio, Oscar, Hugo T, David e Arnold D. Tamén xogaron Jaime, Roque e Eric.
Victoria CF: Adrián, Eloy, Guillermo, Eder, Javier, Anxo, Sabino, Juan, Miguel, Iago e Diego. Tamén xogaron Ismael, Eric, Diego B, Jacobo e Juan S.
Goles: 0-1 (7'): Guillermo. 1-1 (43'): Hugo.
Árbitro: David Méndez Moreda.

RESIDENCIA 1 - 1 IMPERÁTOR

SD Residencia: Hugo, Mateo M, Alex A, Joel, Anes, Iago, Martin, Jesus, Samuel, Iago V e Marco. Tamén xogaron Iago G, Álvaro e Ian.
Imperátor OAR: Pablo, Joshua O, Pablo P, Hugo, Mario, Pablo M, Alberto D, Edu, Adrián, Tomas e David. Tamén xogaron Aitor, Jorge e Luis.
Goles: 1-0 (20'): Anes. 1-1 (79'): Tomas.
Árbitro: Álvaro Valín González.

 MONTAÑEROS 1 - 1 VILALBÉS

Atl Coruña Montañeros CF: Christian, Sergio, Nico, Alejandro, Anxo, Alex, Brais, Beltrán, Juan, Diego e Asier. Tamén xogaron Leo, Javier, Eloy, Hugo e Bruno.
Rácing C Vilalbés: Carlos, Nicolás, Hugo, Iago, Mateo, Daniel, Iago R, Esteban, Augusto C, Miguel e Hugo P. Tamén xogaron Xoel, Asier, Iago P, Julián e Alejandro.
Goles: 0-1 (8'): Esteban. 1-1 (25'): Anxo.
Árbitro: Jorge Andrés Izzi.
 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 28

Viveiro 1-1 Victoria
Residencia 1-1 Imperátor
Rácing Ferrol 3-2 O Val
Lalín 1-0 Boiro
Estrada 2-2 Xuventude Oroso
Galicia de Caranza 0-3 Calasanz
Oza Juvenil 0-3 Bertamiráns
Montañeros 1-1 Vilalbés

Próxima xornada

Viveiro - Vilalbés
Victoria - Residencia
Imperátor - Rácing Ferrol
O Val - Lalín
Boiro - Escola Estrada
Xuventude Oroso - Galicia de Caranza
Calasanz - Oza Juvenil
Bertamiráns - Montañeros