A Galega infantil deixou sen puntos aos tres equipos da provincia de Lugo

O Vilalbés caeu na casa despois de tres xornadas sen perder, mentres que o Viveiro e o Residencia foron superados coma visitantes

Esta fin de semana os tres conxuntos lucenses quedaron sen puntos. O Viveiro pechou a xornada o domingo perdendo a domicilio contra o Imperátor, equipo que roza os postos de descenso. Os celestes dominaron a primeira metade e tiveron un man a man de Hugo que non aproveitaron. Na segunda seguiron impoñendo o seu ritmo pero os locais adiantáronse nun balón largo. O Viveiro tivo ocasións a balón parado, pero seguiu sen acertar e recibiron o 2-0 nos intres finais.

O Vilalbés caeu despois de tres xornadas puntuando contra o Victoria. Os primeiros 40 minutos de encontro foron mellor os da Coruña, poñéndose 0-3 preto do descanso. Despois do paso polos vestiarios os chairegos arriscaron e foron polo gol, conseguindo achegarse ata o 2-3 despois de que os rivais quedaran cun xogador menos. Seguiron apertando ata o final, tendo un par de ocasións para facer o 3-3, pero, aínda que o mereceron, non conseguiron empatar.

No caso do Residencia, leva catro puntos nos últimos cinco partidos e necesita seguir sumando para afastarse do perigo. Esta semana caeu contra O Val, conxunto que agora mesmo está en postos de descenso. O duelo comezou igualado, pero os locais aproveitaron un erro dos de Lugo para abrir o marcador. Na segunda metade estiveron mellor os visitantes, que arrincaron con varias ocasións claras, entre elas un man a man de Hugo Vázquez e unha de Nico que para o porteiro. Aínda así o Residencia non conseguiu o empate e O Val marcou o segundo nun córner ao final do partido.

Consulta a clasificación aquí 

IMPERÁTOR 2 - 0 VIVEIRO

Imperátor OAR: Pablo, Joshua O, Pablo P, Hugo, Mario, Pablo M, Edu, Adrian, Tomas, Martin e David. Tamén xogaron Alberto D, Jorge e Luis.
SD Viveiro: Carlos, Arnold D, Hugo, Luis, Lucas, Jaime, José M, Iker, Hugo R, Sergio e Oscar. Tamén xogaron David, Roque e Marco.
Goles: 1-0 (52'): Pablo M. 2-0 (80'): Jorge.
Árbitro: Diego Seoane Sanchez.

 VILALBÉS 2 - 3 VICTORIA 

Rácing C Vilalbés: Carlos, Nicolás, Iago, Hugo, Mateo, Daniel, Iago R, Asier, Augusto C, Xoel e Hugo P. Tamén xogaron Iago P, Anxo, Alejandro, Martín e Alberto.
Victoria CF: Adrián, Eder, Guillermo, Juan, Javier, Anxo, Sabino, Miguel, Miguel R, Iago e Guillermo R. Tamén xogaron Diego, Juan S, Jacobo, Lois e Eloy.
Goles: 0-1 (3'): Guillermo. 0-2 (10'): Javier. 0-3 (29'): Guillermo R. 1-3 (53'): Javier, en propia. 2-3 (77'): Daniel, de penalti.
Árbitro: Jose Luis López Rodríguez.

 O VAL 2 - 0 RESIDENCIA

SD O Val: Francisco, Daniel, Adrián, Manuel, Iago, Francisco C, Isaac, Fabio, Iago G, Adrián F e Marco. Tamén xogaron Martín e Germán.
SD Residencia: Iván, Miguel, Marco, Jose G, Ian, Joel, Jesús, Samuel, Hugo, Iago e Nicolás. Tamén xogaron Mateo M, Íker e Anes.
Goles: 1-0 (11'): Marco. 2-0 (79'): Marco.
Árbitro: Pablo Carballal Mora.
 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 27

Vilalbés 2-3 Victoria
Imperátor 2-0 Viveiro
O Val 2-0 Residencia
Boiro 0-2 Rácing Ferrol
Xuventude Oroso 6-0 Lalín
Calasanz 4-1 Estrada
Bertamiráns 4-1 Galicia de Caranza
Montañeros 3-2 Oza Juvenil

Próxima xornada

Viveiro - Victoria
Residencia - Imperátor
Rácing Ferrol - O Val
Lalín - Boiro
Estrada - Xuventude Oroso
Galicia de Caranza - Calasanz
Oza Juvenil - Bertamiráns
Montañeros - Vilalbés