O Vilalbés adianta ao Viveiro na clasificación despois de saltar ao noveno posto

Os chairegos levan dúas vitorias consecutivas e teñen un punto máis que os celestes. O Residencia busca afastarse da zona de perigo e reencontrase coa vitoria despois de once xornadas

Os equipos lucenses da Galega infantil entran na recta final da liga regular, posto que só lles quedan cinco xornadas. O Vilalbés afástase da zona de perigo despois de conseguir outra vitoria esta xornada contra o Imperátor, candidato ao descenso directo. Tras uns minutos igualados, os do Rácing melloraron con balón e levaron a iniciativa do partido. Á media hora conseguiron adiantarse, pero tivéronas de tódalas cores, varios paus, traveseiros e un golpeo de Esteban que acabou fóra. No segundo tempo, os da Coruña melloraron, tiveron dous tiros a porta dando a sensación era que podían empatar e así foi nunha falta lateral.

Co 1-1 os de Vilalba confiaron ata o final e despois de tela nas botas Iago conseguiu meter un golazo á escuadra de volea para darlle a vitoria aos lucenses. A vitoria deixoulles un punto por riba do Viveiro, posto que estes caeron contra o Boiro.

O choque comezou moi igualado, con ocasións para ámbolos equipos e un grande Carlos que parou todo aos locais. Na segunda metade, os celestes estiveron mellor e tiveron catro oportunidades para adiantarse. Ao final do partido, un penalti en contra bastante protestado fixo que o Viveiro caera por 1-0.

Ao Residencia tamén lle fan falta moito os puntos e esta fin de semana conseguiu triunfar tras once xornadas. O seu rival foi o Xuventude Oroso, que se encontra na metade alta da clasificación. Na derradeira xogada da primeira parte, nun balón por banda de Hugo Vázquez, Samu conseguiu empuxala e facer o 1-0. Despois do paso polos vestiarios, o campo encharcouse e os lucenses dedicáronse a defender os balóns parados dos locais. Joel tivo unha oportunidade para avultar o marcador que non entrou e o Residencia aguantou o resultado para quedar cos puntos. 

Consulta a clasificación aquí 

 BOIRO 1 - 0 VIVEIRO

EFM Concello De Boiro: Júnior M, Joel, Hugo, David, Samuel, Bosco, Unai, Jacobo G, Roi, Richard e Alan. Tamén xogaron Manuel, Laura, David C e Oscar.
SD Viveiro: Carlos, Mario, Luís, Lucas, José M, Íker, Hugo, Sergio, Oscar, David e Arnold D. Tamén xogaron Jaime e Marco.
Goles: 1-0 (80'): Manuel, de penalti.
Árbitro: Pedro Mirazo Insua.

 VILALBÉS 2 - 1 IMPERÁTOR

Rácing C Vilalbés: Carlos, Nicolás, Hugo, Iago, Mateo, Daniel, Iago R, Esteban, Augusto C, Miguel e Julián. Tamén xogaron Iago P, Xoel, Hugo P, Asier e Alejandro.
Imperátor OAR: Pablo, Adrián, Martín, Pablo P, Hugo, Tomás, Pablo M, Edu, David, Aitor e Alberto D. Tamén xogaron Joshua O, Alejandro e Jorge.
Goles: 1-0 (29'): Iago R. 1-1 (71'): Alberto D. 2-1 (77'): Iago R.
Árbitro: Álvaro Valín González.

XUVENTUDE OROSO 0 - 1 RESIDENCIA

ED Xuventude Oroso: Lucas, Fouzy, Iker, Juan, Sergio, David, Brais, Eidan, Adrián, Héctor e Nicolás. Tamén xogaron David L, Daniel e Anxo.
SD Residencia: Iván, Martín, Marco, Jose G, Iago, Joel, Jesús, Samuel, Hugo, Iago M e Nicolás. Tamén xogaron Íker e Anes.
Goles: 0-1 (39'): Samuel.
Árbitro: Beatriz María Torres Corral.
 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 25

Vilalbés 2-1 Imperátor
O Val 1-6 Victoria
Boiro 0-1 Viveiro
Xuventude Oroso 0-1 Residencia
Calasanz 3-2 Rácing Ferrol
Bertamiráns 2-0 Lalín
Montañeros 2-1 Estrada
Oza Juvenil 5-1 Galicia de Caranza

Próxima xornada

Victoria - Imperátor
Viveiro - O Val
Residencia - Boiro
Rácing Ferrol - Xuventude Oroso
Lalín - Calasanz
Estrada - Bertamiráns
Galicia de Caranza - Montañeros
Oza Juvenil - Vilalbés