Esta fin de semana os equipos lucenses fixeron un moi bo traballo na Galega infantil. O Viveiro volveu vencer despois de seis xornadas, impoñéndose ao Xuventude Oroso na Mariña. Na primeira metade os celestes controlaron o partido, os rivais apenas xeraban perigo con tiros dende fóra da área. No segundo tempo, tras moitas ocasións, chegou o primeiro gol nun córner que rematou Iker. En pouco tempo Sergio subiu o segundo ao marcador nunha falta e Hugo Rey puxo a guinda final ao pastel co 3-0.
O Vilalbés tamén conseguiu levarse uns prezados tres puntos. Fíxoo a domicilio contra o Galicia de Caranza para quedar a tan só un punto destes. Os do Rácing encontraron o primeiro gol aos dez minutos de partido a través de Iago Rouco. Antes do descanso Daniel conseguiu meter o segundo e o 0-2 mantívose ata o 80'.
O venres o Residencia abriu a xornada empatando contra o Calasanz, cuarto clasificado. Os da Coruña adiantáronse aos cinco minutos de partido cun golazo dende 30 metros imposible de parar para o porteiro lucense. Malia iso os branquiazuis mantiveron moi bo nivel defendendo e saíndo ás contras. No minuto 20 Hugo colle un balón e fai un tiro afastado marcando un grande gol pola escuadra que puxo o empate. Na segunda metade os dous equipos tiveron algunha oportunidade, nos últimos minutos Mateo tivo un tiro na área pequena, pero o duelo quedou co 1-1.
VIVEIRO 3 - 0 XUVENTUDE OROSO
ED Xuventude Oroso: Lucas, Fouzy, Iker, Juan, Mateo, David, Brais, Eidan, Adrián, Héctor e Nicolás. Tamén xogaron Sergio, Mauro e Daniel.
Goles: 1-0 (72'): Íker. 2-0 (77'): Sergio. 3-0 (80'): Hugo.
Árbitro: Iván Prado López.
GALICIA DE CARANZA 0 - 2 VILALBÉS
Rácing C Vilalbés: Carlos, Nicolás, Hugo, Iago, Mateo, Daniel, Iago R, Esteban, Augusto C, Miguel e Hugo P. Tamén xogaron Xoel, Julián, Asier, Anxo e Alejandro.
Goles: 0-1 (10'): Iago R. 0-2 (30'): Daniel.
Árbitro: Francisco J Piñón López.
RESIDENCIA 1 - 1 CALASANZ
CD Calasanz: Álvaro, Alex, Christian, Mikias D, Hugo, Christian R, Daniel, Diego, Yassine, Héctor e Samuel. Tamén xogaron Daniel V, Roi, Marco e Ángel.
Goles: 0-1 (5'): Hugo. 1-1 (20'): Hugo.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE |
---|
Imperátor | 3-5 | O Val |
Victoria | 3-0 | Boiro |
Viveiro | 3-0 | Xuventude Oroso |
Residencia | 1-1 | Calasanz |
Rácing Ferrol | 4-0 | Bertamiráns |
Lalín | 2-2 | Montañeros |
Estrada | 1-0 | Oza Juvenil |
Galicia de Caranza | 0-2 | Vilalbés |
Vilalbés | - | Imperátor |
O Val | - | Victoria |
Boiro | - | Viveiro |
Xuventude Oroso | - | Residencia |
Calasanz | - | Rácing Ferrol |
Bertamiráns | - | Lalín |
Montañeros | - | Estrada |
Oza Juvenil | - | Galicia de Caranza |