Xornada escura para os conxuntos de Lugo na Galega infantil

Ningún dos tres equipos conseguiu a vitoria, o Viveiro e o Residencia caeron a domicilio contra o terceiro e segundo clasificados, mentres que o Vilalbés perdeu pola mínima na Magdalena contra O Val

Esta fin de semana os lucenses quedaron sen puntos. O Viveiro e ao Residencia tocoulles enfrontarse contra dous pesos pesados da liga e perderon con ampla diferenza no taboleiro. Os celestes fixérono contra o Calasanz, terceiro, nun partido que se lles complicou xa na primeira parte, ao irse 3-0 ao descanso. Despois do paso polos vestiarios un penalti recortou distancias no 4-1, pero o 5-1 foi o definitivo.

Ao Residencia tocoulles enfrontarse contra o segundo clasificado, o Bertamiráns, un equipo con moita calidade e xogadores con moito físico. Na primeira metade adiantáronse os locais de penalti e antes do descanso xa ían 3-0. No segundo tempo os lucenses estiveron mellor e tiveron un par de chegadas polas bandas. Malia isto, a superioridade dos de Compostela deixounos cun marcador de 5-0.

A derrota do Vilalbés foi máis discreta, xa que caeron por 0-1 ante O Val. O duelo celebrado no anexo da Magdalena tivo pouco xogo e ocasións. As mais claras chegaron por parte de Asier e Esteban na primeira metade, pero na segunda O Val adiantase nun gol en propia dos chairegos e leváronse o partido.  

Consulta a clasificación aquí 

BERTAMIRÁNS 5 - 0 RESIDENCIA

Bertamiráns FC: Marco, David, Daniel, Santiago, Carlos, Alexandre, Xurxo, Pablo, Lucas, Manuel e Pablo P. Tamén xogaron Alejandro, Hugo, Fabio, David R e Chano.
SD Residencia: Hugo, Hugo V, Mateo M, Ian, Joel, Iago, Nicolás, Martín, Jesús, Samuel e Iago V. Tamén xogaron Álvaro, Íker, Marco, Iago G e Miguel.
Goles: 1-0 (11'): Alexandre, de penalti. 2-0 (18'): Carlos. 3-0 (30'): Manuel. 4-0 (47'): Lucas. 5-0 (71'): David R.
Árbitro: Amine Alaoui Soulimani.

VILALBÉS 0 - 1 O VAL

Rácing C Vilalbés: Carlos, Nicolás, Hugo, Iago, Mateo, Daniel, Xoel, Esteban, Iago R, Miguel e Asier. Tamén xogaron Augusto C, Hugo P, Julián e Iago P.
SD O Val: Francisco, Iago, Germán, Daniel, Adrián, Jose R, Fabio, Adahy, Iago G, Adrián F e Marco. Tamén xogaron Manuel, Isaac, Martín e Izan.
Goles: 0-1 (79'): Mateo, en propia.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

CALASANZ 5 - 1 VIVEIRO

CD Calasanz: Álvaro, Gabriel, Mikias D, Pablo, Pablo S, Hugo, Christian, Diego, Tomas, Yassine e Samuel. Tamén xogaron Daniel L, Fernando, Hector e Marco.
SD Viveiro: Carlos, Mario, Arnold D, Luís, Lucas, Hugo, José M, Íker, Hugo R, Sergio e Xavi. Tamén xogaron Roque, Jaime, Júnior, Nicolás e David.
Goles: 1-0 (14'): Hugo. 2-0 (22'): Diego. 3-0 (38'): Hugo. 4-0 (50'): Hugo. 4-1 (69'): Sergio, de penalti. 5-1 (71'): Hector.
Árbitro: Hector Castiñeira Blanco.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 23

Vilalbés 0-1 O Val
Boiro 3-2 Imperátor
Xuventude Oroso 1-6 Victoria
Calasanz 5-1 Viveiro
Bertamiráns 5-0 Residencia
Montañeros 2-3 Ferrol
Oza Juvenil 4-1 Lalín
Galicia de Caranza 4-1 Estrada

Próxima xornada

Imperátor - O Val
Victoria - Boiro
Viveiro - Xuventude Oroso
Residencia - Calasanz
Rácing Ferrol - Bertamiráns
Lalín - Montañeros
Estrada - Oza Juvenil 
Galicia de Caranza - Vilalbés