O Viveiro empatou co Montañeros nun partido no que se cerrou a lata na primeira metade

Os celestes empezaron o duelo por diante, pero os da Coruña conseguiron darlle a volta ao marcador. O Residencia e o Vilalbés caeron contra o Oza Juvenil e o Boiro

A Galega infantil celebrou esta fin de semana de entroido a xornada número 21. O Viveiro foi o único lucense que conseguiu levarse un punto, nun partido moi igualado contra o Montañeros a domicilio. Os celestes saíron moi enchufados e puxéronse por diante con dous goles, que puideron ser tres. Malia iso, os locais conseguiron empatar nun córner e un tiro dende fóra da área. O Montañeros seguiu insistindo ata marcar o 3-2, pero ao pouco o Viveiro puxo de novo as táboas nunha boa xogada de Hugo e Pepe. No segundo tempo menos perigo, os da Coruña tiveron algún centro e tiros afastados que non lle xeraron problemas a Carlos.

O Rácing Vilalbés non conseguiu facerse co duelo contra o Boiro malia facer un bo partido. No primeiro tempo, os chairegos estiveron mellor, enlazando boas xogadas e merecendo irse por diante do marcador ao descanso. Porén, o Boiro adiantouse nun erro defensivo que aproveitaron en area para poñer un centro. Ao pouco tempo o Vilalbés conseguiu empatar, despois dunha falta que toca Longa para meter ao segundo pau. De cara ao final o equipo lucense baixou o ritmo e en dous erros o Boiro consegue poñerse 1-3. Unha dura derrota para os méritos dos verdivermellos. 

O duelo do Residencia contra o Oza Juvenil estivo máis decantado de cara aos locais. Na primeira metade os lucenses adiantáronse cun gol de Hugo Vázquez despois de regatear ao porteiro e marcar a portería baleira. No minuto 20 empatáronlles e fóronse 1-1 ao descanso. Na segunda metade o Oza foi moi superior ao Residencia e vanse 4-1. Os lucenses chegaron a marcar o segundo gol, pero o partido remata cun resultado de 6-2.

Consulta a clasificación aquí 

RÁCING VILALBÉS 1 - 3 BOIRO

Rácing C Vilalbés: Carlos, Iago, Hugo, Iago L, Mateo, Daniel, Iago R, Esteban, Augusto C, Miguel e Xoel. Tamén xogaron Asier, Hugo P, Julián e Alejandro.
EFM Concello De Boiro: Junior M, Hugo, David, Óscar, David G, Samuel, Manuel, Unai, Laura, Manuel M e Richard. Tamén xogaron Bosco, Roi, Jacobo G e Roi R.
Goles: 0-1 (43'): Manuel. 1-1 (51'): Iago L. 1-2 (78'): David G. 1-3 (79'): Manuel.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

MONTAÑEROS 3 - 3 VIVEIRO

Atl Coruña Montañeros CF: Christian, Sergio, Javier, Anxo, Alejandro, Alex, Brais, Alberto, Juan, Diego e Hugo. Tamén xogaron Leo, Eloy, Roi, Nico e Álvaro.
SD Viveiro: Carlos, Mario, Arnold D, Junior, Lucas, Jaime, José M, David, Hugo, Íker e Óscar. Tamén xogaron Hugo T, Roque, Marco, Manuel e Eric.
Goles: 0-1 (1'): José M. 0-2 (8'): Óscar. 1-2 (12'): Alejandro. 2-2 (22'): Hugo. 3-2 (31'): Juan. 3-3 (33'): Hugo.
Árbitro: Diego Cedeira Méndez.

OZA JUVENIL 6 - 2 RESIDENCIA

Oza Juvenil SD: Iago, Joel, Daniel, Joao, Anxo, Mario, Alejandro, Andrés, Bruno, Sergio e Sergio M. Tamén xogaron Guillermo, Anxo C e Antonio.
SD Residencia: Álvaro, Martín, Jesús, Iago, Ian, Joel, Íker, Samuel, Hugo, Iago M e Anes. Tamén xogaron Miguel, Hugo S, Iago G, Nicolás e Mateo M.
Goles: 0-1 (6'): Hugo. 1-1 (20'): Mario. 2-1 (49'): Alejandro. 3-1 (56'): Bruno. 4-1 (59'): Andrés. 4-2 (64'): Nicolás. 5-2 (65'): Mario. 6-2 (74'): Joel.
Árbitro: Mayra Camila Araujo.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 21

Vilalbés 1-3 Boiro
Xuventude Oroso 5-0 O Val
Calasanz 10-1 Imperátor
Bertamiráns 1-3 Victoria
Montañeros 3-3 Viveiro
Oza Juvenil 6-2 Residencia
Galicia de Caranza 1-2 Rácing Ferrol
Estrada 4-0 Lalín

Próxima xornada

O Val - Boiro
Imperátor - Xuventude Oroso
Victoria - Calasanz
Viveiro - Bertamiráns
Residencia - Montañeros
Rácing Ferrol - Oza Juvenil
Lalín - Galicia de Caranza
Estrada - Vilalbés