O Viveiro consegue pola mínima a única vitoria lucense

Os celestes gañaron ao Lalín a domicilio nunha xornada na que o Vilalbés foi goleado polo Calasanz e o Residencia non conseguiu dobregar ao Rácing Ferrol

Despois de catro xornadas sen ver a vitoria, o Viveiro salvou a xornada co único triunfo lucense. O conxunto da Mariña foi quen de superar pola mínima ao Lalín coma visitante. Comezaron dominado claramente nos primeiros 20 minutos, onde tiveron varias ocasións e ata un traveseiro. Os locais conseguiron dúas chegadas claras que atallou ben Carlos, o porteiro mariñao. No segundo tempo o Viveiro seguiu amosando un gran ritmo e Hugo conseguiu abrir o marcador nunha volea coa perna dereita. Dende aí os lucenses puideron avultar o marcador e o Lalín non increpou máis. 

No caso do Residencia, disputou un partido máis igualado do que di o 4-1 que fixo o Rácing de Ferrol. Os lucenses saíron ben ao verde e tiveron unha ocasión antes de que se adiantaran os locais. Seguiron chegando á área rival, pero os fallos defensivos fixeronlles encaixar dous goles máis. Xa na segunda metade, co paso dos minutos o Residencia volveu ter ocasións e puxo o 3-1 no marcador, pero de novo nun mal despexe o Rácing asinou o 4-1 definitivo.

A derrota do Vilalbés foi por parte do Calasanz, integrante do podio do grupo norte. Os da Coruña adiantáronse nos primeiros minutos e marcaron dous tantos máis accións de centros a área. Os chairegos non baixaron os brazos e seguiron competindo ata meter o 1-3 e ter tres oportunidades para marcar o segundo que non entraron. Antes do descanso os visitantes fixeron o cuarto gol e foi imposible darlle a volta ao marcador, aínda que o Vilalbés non baixou nunca a cabeza.

Consulta a clasificación aquí 

RÁCING VILALBÉS 1 - 7 CALASANZ

Rácing C Vilalbés: Carlos, Hugo, Iago, Daniel, Mateo, Xoel, Iago R, Esteban, Augusto C, Miguel e Asier. Tamén xogaron Julián, Hugo P, Iago P, Nicolás e Alejandro.
CD Calasanz: Daniel, Mikias D, Jaime, Gabriel, Samuel, Pablo, Fernando, Hugo, Pablo S, Yassine e Diego. Tamén xogaron Christian R, Héctor, Christian, Bruno e Álvaro.
Goles: 0-1 (3'): Diego. 0-2 (10'): Hugo. 0-3 (11'): Fernando. 1-3 (22'): Iago R. 1-4 (39'): Gabriel. 1-5 (57'): Diego. 1-6 (62'): Hugo. 1-7 (73'): Pablo.
Árbitro: Adrián Fernández Teijido.

LALÍN 0 - 1 VIVEIRO

EF Lalín: Flavius-Gabriel, Eloy, Roi, Hugo, Noe, Mateo, Santiago, Xoel, Darío, David e Carlos. Tamén xogaron Borja, Adrián, Duarte e Xabier.
SD Viveiro: Carlos, Mario, Arnold D, Luis, Lucas, Jaime, José M, Íker, Hugo, Sergio e Junior. Tamén xogaron Roque, Óscar e Marco.
Goles: 0-1 (44'): Hugo.
Árbitro: Manuel Paz Hermida.

RÁCING FERROL 4 - 1 RESIDENCIA

Rácing Club Ferrol: Rodrigo, Francisco, Mario, Hugo, Iker, Arsenii, Lucas, Mateo, Rubén, Pablo e Arturo. Tamén xogaron Tomas, Diego, Antón e Pablo F.
SD Residencia: Álvaro, Mateo M, Ian, Joel, Íker, Anes, Iago, Miguel, Jesús, Samuel e Iago V. Tamén xogaron Jacobo, Hugo, Hugo V, Martín e Iago G.
Goles: 1-0 (11'): Arsenii. 2-0 (37'): Íker. 3-0 (45'): Mateo. 3-1 (60'): Joel. 4-1 (75'): Hugo.
Árbitro: Iago Bertalo Sequeiro.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 17

Vilalbés 1-7 Calasanz
Bertamiráns 2-0 Xuventude Oroso
Montañeros 2-0 Boiro
Oza Juvenil 5-3 O Val
Galicia de Caranza 4-2 Imperátor
Estrada 0-2 Victoria
Lalín 0-1 Viveiro
Rácing Ferrol 4-1 Residencia

Próxima xornada

Xuventude Oroso - Calasanz
Boiro - Bertamiráns
O Val - Montañeros
Imperátor - Oza Juvenil
Victoria - Galicia de Caranza
Viveiro - Estrada
Residencia - Lalín
Rácing Ferrol - Vilalbés