O Viveiro e o Residencia vencen na casa con rotundidade deixando a súa portería a cero

Os conxuntos lucenses gañaron ao Imperátor e ao Val con tres goles a favor. No caso do Vilalbés, caeu a domicilio contra o Vitoria, líder da clasificación

O Marcos Gómez e A Cheda convertéronse esta fin de semana no mellor refuxio. O Viveiro conseguiu a terceira vitoria consecutiva contra o Imperátor, sumando seis no que leva de curso. Os celestes empezaron o partido sendo moi superiores ao rival e chegaron ao descanso cun 2-0, que puido ser máis amplo, posto que faiaron catro ou cinco ocasións moi claras. Na segunda metade, os rivais subiron as liñas e iso fixo que ao Viveiro lles custara máis enlazar os pases. Porén, co paso dos minutos, os mariñaos volveron a tomar as rendas e fixeron o terceiro gol nun man a man de Óscar co porteiro.

No caso do Residencia, conseguiron anotar tamén un 3-0 contra O Val e volver vencer despois de sete xornadas. Os lucenses fixeron un moi bo partido no que tiveron moitas ocasións e anotaron Hugo Vázquez en dous man a man co porteiro e Martín nunha falta afastada.

O Vilalbés caeu despois de catro duelos puntuando contra os líderes da clasificación, o Victoria. No primeiro tempo os chairegos estiveron mellor, adiantáronse nos primeiros minutos e tiveron unha opción moi clara de Miguel para facer o segundo. Os da Coruña conseguiron o empate no minuto 20 e o 1-1 mantívose ao descanso. Na segunda metade o equipo lucense tivo que asumir o partido sen Dani, que non se encontraba de todo ben. O Victoria comezou a chegar facilmente polas bandas e a base de insistir acabaron remontando o partido. 

Consulta a clasificación aquí 

VICTORIA 3 - 1  VILALBÉS

Victoria CF: Xoel, Sabino, Lois, Eder, Javier, Juan, Eric, Ismael, Diego, Miguel e Guillermo. Tamén xogaron Miguel R, Guillermo B, Diego B, Jacobo e Juan S.
Rácing Club Vilalbés: Carlos, Mateo, Hugo, Iago, Nicolás, Daniel, Iago R, Esteban, Augusto C, Miguel e Iago P. Tamén xogaron Julián, Asier e Hugo P.
Goles: 0-1 (4'): Iago R. 1-1 (23'): Miguel. 2-1 (60'): Jacobo. 3-1 (62'): Jacobo.
Árbitro: Diego Cedeira Méndez.

VIVEIRO 3 - 0 IMPERÁTOR

SD Viveiro: Carlos, Luis, Lucas, José M, Hugo, Sergio, Marco, Arnold D, Óscar, Xavi e Jaime. Tamén xogaron Iker, David, Eric e Manuel.
Imperátor OAR: Pablo, Alberto D, Gabriel S, Martin, Alejandro, Aitor, Hugo, Joshua O, Pablo P, Luis e Paco. Tamén xogaron Mateo, Pablo M e David.
Goles: 1-0 (21'): José M. 2-0 (28'): Hugo. 3-0 (59'): Óscar.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

 RESIDENCIA 3 - 0 O VAL

SD Residencia: Álvaro, Hugo, Ian, Alex A, Joel, Iker, Iago, Nicolás, Martin, Miguel e Iago V. Tamén xogaron Hugo S, Mateo M, Samuel, Jesús e Pablo.
SD O Val: Izan, Iago, Germán, Jose R, Adrián, Francisco, Fabio, Adahy, Iago G, Adrián F e Marco. Tamén xogaron Daniel, Isaac, Martin e Mateo.
Goles: 1-0 (23'): Hugo. 2-0 (28'): Martin. 3-0 (54'): Hugo.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 12

Victoria 3-1 Vilalbés
Viveiro 3-0 Imperátor
Residencia 3-0 O Val
Rácing Ferrol 4-0 Boiro
Lalín 1-3 Xuventude Oroso
Estrada 0-4 Calasanz
Galicia de Caranza 3-4 Bertamiráns
Oza Juvenil 0-2 Montañeros

Próxima xornada

Victoria - Viveiro
Imperátor - Residencia
O Val - Rácing Ferrol
Boiro - Lalín
Calasanz - Galicia de Caranza
Bertamiráns - Oza Juvenil
Xuventude Oroso - Estrada
Vilalbés - Montañeros