O Viveiro repite na vitoria e o Vilalbés rasca un punto dun complicado duelo

O equipo da Mariña superou ao Val a domicilio, mentres que os chairegos conseguiron empatarlle ao Oza Juvenil. O Residencia non conseguiu puntuar no duelo contra o Boiro

A onceava xornada deixou un repertorio de resultados para os lucenses. O Viveiro conseguiu a segunda vitoria consecutiva e parece que resurxiu despois da mala xeira. Os celestes venceron ao Val nun enfrontamento igualado, no que na primeira metade só os da Mariña tiveron unha ocasión de gol. Na segunda, adiantáronse os celestes nun córner cun gran remate de Luís. O Val conseguiu empatar cun tiro dende fóra da área e comezaron a xerar máis perigo, pero atopáronse con Xavi. Noutro córner nos derradeiros intres o Viviero anotou o 1-2 para levarse tres puntos máis.

O Vilalbés disputou un choque complicado contra o Oza Juvenil no que acabaron empatando. Os da Coruña esixíronlles moito a nivel físico e comezaron ganándolle o terreo aos chairegos, malia que non tiveron grandes ocasións. Despois do descanso o Rácing mudou de esquema e tiveron unha mellor dinámica. Porén, o Oza colleunos nun balón ás costas e cun man a man co porteiro puxéronse 0-1. En dez minutos volveron ter outra parecida e subiron o segundo no marcador. Lonxe de baixar os brazos, o Vilalbés deu un paso adiante e Iago Rouco meteu dous golazos que empataron o marcador. Nos derradeiros minutos Carlos salvou un par de ocasións do Oza e o mesmo Iago tivo o 3-2 nas botas no último minuto, pero errou no golpeo.

No caso do Residencia, non logrou puntuar ante o Boiro. Os lucenses saíron mal ao verde do Vista Alegre e recibiron o primeiro tanto nos primeiros intres por culpa dun despiste. En pouco tempo chegou o segundo en contra nunha falta lateral, pero despois do 2-0 comezaron a reaccionar e tiveron dúas boas accións de perigo con Mateo por banda. Na segunda o Residencia puxo outra cara e Hugo Vázquez conseguiu achegalos co 2-1 nun córner. O equipo lucense seguiu intentando chegar a área contraria pero non conseguiu artellar o empate.

Consulta a clasificación aquí 

O VAL 1 - 2 VIVEIRO

SD O Val: Francisco, Iago, Germán, José R, Adrián, Francisco C, Fabio, Adahy, Iago G, Adrián F e Marco. Tamén xogaron Manuel, Isaac e Daniel.
SD Viveiro: Carlos, Mario, Luis, Lucas, José M, Hugo, Sergio, Arnold D, Óscar, Xavi e Jaime. Tamén xogaron Roque, Íker, Marco e David.
Goles: 0-1 (51'): Luís. 1-1 (66'): Adahy. 1-2 (77'): Hugo.
Árbitro: Francisco J Piñón López.

BOIRO 2 - 1 RESIDENCIA

EFM Concello De Boiro: Junior M, Joel, Óscar, David, Samuel, Manuel, Unai, Laura, Manuel M, Richard e Alan. Tamén xogaron Roi, Jacobo G, Bosco e Hugo.
SD Residencia: Hugo, Mario, Miguel, Alex A, Joel, Íker, Samuel, Hugo V, Iago, Mateo M e Ian. Tamén xogaron Álvaro, Martín, Nicolás, Iago V e Anes.
Goles: 1-0 (1'): Manuel. 2-0 (12'): David. 2-1 (66'): Hugo V.
Árbitro: Francisco Manuel Brion Sanisidro.

VILALBÉS 2 - 2 OZA JUVENIL

Rácing Club Vilalbés: Carlos, Mateo, Hugo, Iago, Nicolás, Daniel, Iago R, Esteban, Augusto C, Miguel e Asier. Tamén xogaron Julián, Xoel, Hugo P, Iago P e Alejandro.
Oza Juvenil SD: Iago, Daniel, Joao, Mario, Alejandro, Andrés, Bruno, Sergio, Anxo, Luís A e Sergio M. Tamén xogaron Anxo G, Hugo, Joel, Daniel G e Christian.
Goles: 0-1 (42'): Alejandro. 0-2 (54'): Daniel. 1-2 (55'): Iago R. 2-2 (65'): Iago R.
Árbitro: David Rodríguez López.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 11

Imperátor 1-6 Victoria
O Val 1-2 Viveiro
Boiro 2-1 Residencia
Xuventude Oroso 1-2 Rácing Ferrol
Calasanz 11-0 Lalín
Bertamiráns 3-2 Estrada
Montañeros 1-4 Galicia de Caranza
Vilalbés 2-2 Oza Juvenil

Próxima xornada

Victoria - Vilalbés
Viveiro - Imperátor
Residencia - O Val
Rácing Ferrol - Boiro
Lalín - Xuventude Oroso
Estrada - Calasanz
Galicia de Caranza - Bertamiráns
Oza Juvenil - Montañeros