Os tres conxuntos lucenses pecharon a décima xornada puntuando

O Viveiro rompeu a mala xeira vencendo ao Boiro e o Vilalbés levouse tamén unha vitoria sobre o Imperátor. O Residencia sumou un punto tras empatar co Oroso

Despois de tres semanas sen encontrar a vitoria o Viveiro volveu sumar os tres puntos na décima xornada. Os celestes superaron ao Boiro na casa nun partido dominado durante os 80 minutos. Na primeira metade tiveron tres ocasións para poñerse por diante, mentres que os visitantes tan só conseguiron meterlles medo nun disparo dende a beira da área que conseguiu sacar Carlos por riba do traveseiro. Na segunda metade o Viveiro seguiu coa mesma dinámica e nada máis empezar un penalti ao seu favor deixou o marcador co 1-0. No tramo final, unha boa xogada con balón filtrado de Iker deixou o 2-0 definitivo.

Os outros dous conxuntos lucenses da Galega, conseguiron tamén puntuar. O Rácing Vilalbés conseguiu a primeira vitoria fóra da casa contra o Imperátor. Os chairegos estiveron moi sólidos en defensa, non concederon ocasións ao rival, que só increpou nun golpeo cerca da frontal. O Vilalbés marcou no minuto 33 a través de Daniel a saída dun córner. O 0-1 mantívose ata o final pero os lucenses xeraron moito perigo en balóns cara ao espazo.

O Residencia conseguiu facer un punto este fin de semana despois de acumular tres derrotas consecutivas. Os de Lugo empataron sen goles na Cheda contra o Xuventude Oroso. Os visitantes estiveron mellor na primeira parte, pero tan só tiveron unha ocasión clara antes do descanso nun córner que non conseguiron rematar. No segundo tempo, os de Lugo melloraron con balón e tiveron varias chegadas a portería que non entraron. O partido case se decanta no desconto, Mateo tivo un man a man contra o porteiro rival, que fixo unha grande parada e impediu o 1-0.

Consulta a clasificación aquí 

IMPERÁTOR 0 - 1 RÁCING VILALBÉS

Imperátor OAR: Pablo, Joshua O, Pablo P, Hugo, Alberto D, Jorge, Adrián, Aitor, Martín, David e Adrián R. Tamén xogaron Edu, Nicolás, Alejandro e Luis.
Rácing C Vilalbés: Carlos, Mateo, Hugo, Iago, Nicolás, Daniel, Julián, Miguel, Iago R, Esteban e Asier. Tamén xogaron Hugo P, Xoel e Alejandro.
Goles: 0-1 (33'): Daniel.
Árbitro: Eduardo Rodríguez Penas.

RESIDENCIA 0 - 0 XUVENTUDE OROSO

SD Residencia: Hugo, Ian, Alex A, Joel, Iker, Anes, Iago, Mario, Miguel, Samuel e Pablo. Tamén xogaron Nicolas, Mateo M e Martín.
ED Xuventude Oroso: Lucas, Mauro, Eidan, Fouzy, Daniel, Juan, Darío, Mateo, Iker, Pablo e Brais. Tamén xogaron Julen, Daniel P e Anxo.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Iván Prado López.

VIVEIRO 2 - 0 BOIRO

SD Viveiro: Carlos, Mario, Luís, Lucas, José M, Hugo, Sergio, Arnold D, Óscar, Xavi e Jaime. Tamén xogaron Iker, Roque e Marco.
EFM Concello De Boiro: Junior M, Manuel, Richard, Óscar, David, Samuel, Manuel P, Jacobo G, Joel, Laura e Roi. Tamén xogaron David C, Bosco, Hugo e Xabier.
Goles: 1-0 (43'): Sergio, de penalti. 2-0 (79'): Iker.
Árbitro: Jorge Michelena Grandio.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 10

Imperátor 0-1 Vilalbés
Victoria 8-0 O Val
Viveiro 2-0 Boiro
Residencia 0-0 Xuventude Oroso
Rácing Ferrol 2-1 Calasanz
Lalín 1-9 Bertamiráns
Estrada 0-2 Montañeros
Galicia de Caranza 0-5 Oza Juvenil

Próxima xornada

Imperátor - Victoria
O Val - Viveiro
Boiro - Residencia
Xuventude Oroso - Rácing Ferrol
Calasanz - Lalín
Bertamiráns - Estrada
Montañeros - Galicia de Caranza
Vilalbés  - Oza Juvenil