O Milagrosa e o PM Friol despedíronse da competición con derrota

O cadro albivermello rematou no décimo posto, mentres que as de Friol finalizaron no número 13
Unha imaxe de arquivo do Friol no partido contra o Órdenes. Foto: Noelia Alpe
photo_camera Unha imaxe de arquivo do Friol no partido contra o Órdenes. Foto: Noelia Alpe

Feminina Grupo 1

A Galega cadete masculina despediuse da liga regular esta fin de semana a falta dun partido pendente. O Milagrosa rematou no posto número dez e cunha derrota a domicilio. As albivermellas enfrontáronse ao Spórting Cambre e remataron 2-1. Adiantouse primeiro o conxunto local, pero á volta da pausa Ainara meteu ao cadro lucense no partido metendo o gol do empate. Preto do final conseguiu volver adiantarse o Cambre, que se acabou levando o partido.

O PM Friol enfrontouse na casa ao Santa Cruz e acabou o curso cun empate e no posto 13. As da Coruña encontraron primeiro a portería das lucenses, pero Jessica logrou poñer as táboas no minuto 17. O 1-1 mantívose ata o minuto 61' cando o Santa Cruz volveu adiantarse. Porén, a reacción das locais fíxose efectiva preto do final co dobrete de Jessica para deixar o marcador 2-2 e sumar o último punto na liga.

Consulta a clasificación aquí

CAMBRE 2 - 1 MILAGROSA

Sporting Cambre: Xiana, Carlota, Alba, Nayara, Candela, África, Iria, Valeria, Xiana P, Luna e Lucia. Tamén xogaron: Carolina, Cristina, Ángela, Nicole e Eider.
SCD Milagrosa: Natalia, Adriana, María, Antia, Rosalía, Mónica, Nerea, Daniela, Ainara, Carmen e María E. Tamén xogaron: Sheila M, Aroa, Noelia, Sabela e Gabriela.
Goles: Alba e Iria para o Cambre. Ainara para o Milagrosa.
Árbitro: Brayan Bohorquez Hernández.

PM FRIOL 2 - 2 SANTA CRUZ

PM Friol: Paula, Raluca G, Sara, Uxía, Lidia, Jessica, Sofía, Alba, Emma, Aroa e Noah. Tamén xogaron: Jenifer.
Santa Cruz CF: Aldara, Nerea, Carmen, Alejandra, Ainara, Tania, Lucia, Anna, Claudia, Ángela e Paloma. Tamén xogaron: Lucia P, Sofía, Miranda, Lucía e Claudia M.
Goles: Jessica (2) para o Friol. Alejandra e Carmen para o Santa Cruz.
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron.

 

Resultados xornada 30

Bergantiños 7 1 Cerqueda
PM Friol 2 2 Santa Cruz
Lalín A Pastoriza
Dumbría 1 8 Amistade
Silva 0 8 Orzán
Cambre 2 1 Milagrosa
Victoria FC 13 0 Órdenes
  D O Val