O Lugo B e a Residencia non puideron coa zona alta

Os albivermellos foron superados polo Imperátor, mentres que os líderes gañaron ao equipo branquiazul

Masculina Grupo Norte

Os dous equipos de Lugo do grupo Norte da Galega cadete levaban bos resultados nas últimas xornadas, pero esta fin de semana dous equipos do alto da táboa truncaron os seus resultados. No caso da Residencia, tocoulle enfrontarse en Carballo contra o líder da clasificación, o Bergantiños.

Na primeira metade o cadro de Kaiser tivo dúas ocasións para adiantarse, pero encaixaron un gol regalado despois dun mal pase. Na segunda metade a Residencia puido empatar, mais nun córner o Bergantiños fixo o 2-0 e en outros dous errores dos lucenses recibiron o terceiro e o cuarto gol en contra.

O Lugo B recibiu no Rodríguez Lago ao Imperátor, quinto clasificado. Os locais empezaron ben o partido e nos primeiros minutos xa ían gañando 2-0 despois dun tanto de Javi e outro de Arón tras pase de Unai. Tiveron a oportunidade de facer o 3-0 tras remate de Javi, nun centro, que acabou parando o porteiro rival.

Dende aí o Imperátor subiu o ritmo, mentres que o Lugo B foise vindo abaixo, perdendo seguridade con balón. No minuto 51 chegou o 2-1 nun balón largo e os visitantes empataron o encontro tas un rexeite. No desconto, o Imperátor levouse o partido co 2-3 definitivo. 

Consulta a clasificación aquí

LUGO B 2 - 3 IMPERÁTOR 

CD Lugo B: Carlos, Unai, Iker, Diego A, Daniel, Aron, Nicolás, Brais, Pablo, Javier e Hugo. Tamén xogaron Miguel, Javier F, Pedro, Lucas e Anxo.
Imperátor OAR: Iago, Adrián, Daniel, Brais, Martín, Anxo, Miguel D, Mamadou J, Eder, Alejandro e Daniel M. Tamén xogaron Xurxo, Diego R, David, Gabriel S e Martín R.
Goles: Javier e Arón para o Lugo B. Miguel D (2) e Anxo para o Imperátor.
Árbitro: Iván Prado López.

BERGANTIÑOS 4 - 0 RESIDENCIA

Bergantiños CF: Manuel, Asier, Pedro, Manuel A, Cristian A, Miguel, Adrián, Valentín, Iker, Sergio e Javier. Tamén xogaron David, Christian, Hugo, Brais e Roberto.
SD Residencia: Pablo, Adrián, David, Joel, Javier, Jonas G, Jorge, Lucas, Pablo C, Samuel e Uriel. Tamén xogaron Alejandro, Álex A, Gael, Mauro e Rodrigo.
Goles: Valentín, Adrián (2), Sergio para o Residencia.
Árbitro: Óscar Santos Rodríguez.

 

Resultados xornada 23

Narón O Freixo 2 2 San Tirso B
Bergantiños 4 0 Residencia
Ribeira 3 1 Calasanz
Boiro 2 1 Galicia de Caranza
Rácing Ferrol B 1 2 Ural B
Victoria B 1 3 Bertamiráns
Compostela 5 1 Amio
Lugo B 2 3 Imperátor
Conxo B 3 0 Eume Deportivo

Próxima xornada

Residencia - - San Tirso B
Calasanz - - Bergantiños B
Galicia de Caranza - - Ribeira
Ural B - - Boiro
Bertamiráns - - Rácing Ferrol B
Amio - - Victoria B
Imperátor - - Compostela
Eume Deportivo - - Lugo B
Conxo B - - Narón O Freixo

 

Masculina Grupo Sur

No grupo Sur nova derrota do Calasancio, que viviu un partido moi condicionado polo temporal contra o Comesaña. Os monfortinos saíron ben, xogando de ti a ti ata o minuto 30, cando os locais abriron o marcador cun tanto dende fóra da área. Tralo saque de medio cederon o balón e un esvarón de Cortiñas propiciou o segundo gol en contra. Na última xogada da primeira metade outro disparo do Comesaña dende fóra da área deixa o marcador 3-0.

No segundo tempo o Calasancio tiña o aire ao seu favor e conseguiu xerar algunha ocasión. A máis clara foi de Martiño, un disparo dende a frontal que se foi ao traveseiro. No minuto 53 o Comesaña marcou o 4-0 a balón parado, o tempo empeorou, chegou a sarabiar, e o partido non tivo moito máis.

Consulta a clasificación aquí

COMESAÑA 4 - 0 CALASANCIO

UD Comesaña: Emanuel, Javier, Ramón, Víctor, Alejandro, Nicolás, Oscar, Martín, Vinicius, Mario e Enzo. Tamén xogaron Pablo, Josep L, Martín V, Martín M e Iker.
CP Calasancio: Lois, Luis M, Adrián, Yoel, Manuel A, Óliver, Alejandro, Adrián G, Javier, Martiño e Iker. Tamén xogaron Héctor A, Pablo e Carlos J.
Goles: Mario, Vinicius, Ramón e Víctor para o Comesaña.
Árbitro: Darío Costas Rodal.

 

Resultados xornada 23

Comesaña 4 0 Calasancio
Poio 3 2 Porriño Industrial
Alondras 1 1 Arosa B
A Seca 0 7 Val Miñor B
Pabellón B 2 5 Celta B
Pontevedra 2 2 Santa Mariña
Escola DSF 2 1 Lérez
Choco 5 0 Arenteiro
Arousa 6 1 Rápido Pereiro

Próxima xornada

Porriño Industrial - - Calasancio
Arosa B - - Poio
Val Miñor B - - Alondras
Celta B - - A Seca
Santa Mariña - - Pabellón B
Lérez - - Pontevedra
Arenteiro - - Escola DSF
Rápido Pereiro - - Choco
Arousa - - Comesaña

 

Feminina Grupo 1

Na categoría feminina o Friol conseguiu levarse a terceira vitoria na casa no encontro co Dumbría. Alba abriu o marcador na Reigosa no 23' e en pouco máis de dez minutos Lidia fixo o 2-0. Tralo paso polos vestiarios un dobrete de Rebeca deixou o resultado nun 4-0. 

No caso do Milagrosa, non conseguiu levarse os tres puntos contra o Amistade, terceiro clasificado. As lucenses fixeron unha boa entrada ao partido, máis pasada a media hora de encontro encaixaron dous goles moi seguidos das locais. Na segunda metade o partido púxose costa arriba co 3-0 e no minuto 61 o Amistade sentenciou o partido cun penalti.

Consulta a clasificación aquí

FRIOL 4 - 0 DUMBRÍA

PM Friol: Paula, Raluca G, Sara, Uxía, Lidia, Jessica, Sofia, Alba, Emma, Aroa e Rebeca. Suplentes: Noah e Marta.
Dumbría CF: Lucía, Noa, Yaiza, Luana, Paula, Sabela, Daiana, Sara, Lara, Carla e Lara A. Suplentes: Ana M, Mireia, Sandra, Alicia e Carmen.
Goles: Rebeca (2), Alba e Lidia para o Friol.
Árbitro: Brais Rosende Cancela.

AMISTADE 4 - 0 MILAGROSA

Escuela FB Amistade: Gisela, Antia, Zaira, Paula, Carla S, Laura, Mishell E, Alma, Lidia, Jimena e Maria. Suplentes: Azuleima, Amelia, María G, Paula T e Lucia.
SCD Milagrosa: Natalia, Adriana, Susana, Antia, Monica, Nerea, Daniela, Ainara, Carmen, María D e Itziar. Suplentes: Aroa, María e Uxía.
Goles: Azuleima (2), Mishell E e Laura, de penalti, para o Amistade.
Árbitro: Fernando Caruncho Paz.

 

Resultados xornada 20

O Val 0 3 Orzán
Amistade 4 0 Milagrosa
Pastoriza 5 2 Órdenes
Santa Cruz 3 1 Cambre
Cerqueda 1 7 Silva
Friol 4 0 Dumbría
Lalín 0 6 Victoria
  D Bergantiños

Próxima xornada

Victoria - - O Val
Orzán - - Amistade
Milagrosa - - Pastoriza
Órdenes - - Santa Cruz
Cambre - - Cerqueda
Silva - - Bergantiños
Dumbría - - Lalín
  D Friol