O derbi entre o Friol e o Milagrosa remata en táboas

No grupo norte da Galega masculina o Residencia foi superado polo Bertamiráns, mais o Lugo se fixo cun punto. O Calasancio non puido co Lérez

Masculina Grupo Norte

O Residencia perdeu contra o Bertamiráns despois de tres duelos puntuando. Foi un encontro competido no que os locais comezaron adiantándose nun gol de estratexia nun córner. Pouco despois os lucenses conseguiron empatar cun gol de Uriel nun tiro dende fóra da área que se colou pola escuadra. Porén, xusto despois desa xogada o Bertamiráns volve adiantarse nun penalti. Na segunda metade o Residencia estivo mellor que os rivais, pero non tiveron ocasións moi claras e acabaron perdendo o partido.

No caso do Lugo, leva xa sete partidos sen ver a vitoria. Esta fin de semana leváronse un punto contra o Rácing de Ferrol B, nun enfrontamento sen goles. Os albivermellos foron mellores na primeira metade xogando en largo. Tiveron varias ocasións para adiantarse a través de Raúl, Javi Armesto ou Dani, pero non acabaron na rede. No segundo tempo buscaron combinar, tralo cambio defensivo do Ferrol. Os dous equipos foron igualando forzas, pero ningún dos dous tivo acerto de cara á portería.

Consulta a clasificación aquí

BERTAMIRÁNS 2 - 1 RESIDENCIA

Bertamiráns FC: Hugo, Leo, Aitor, Miguel, Anxo, Mateo, Hugo V, Hugo C, David, Fabián e Mateo M. Tamén xogaron Alejandro, Ignacio, Nuno e Pablo.
SD Residencia: Alejandro, Adrián, Gael, Joel, Javier, Jonas G, Jorge, Manuel, Samuel, Unay e Uriel. Tamén xogaron Pablo, Pablo C, Jean P, Samuel R e Rodrigo.
Goles: Anxo e Hugo V, de penalti, para o Bertamiráns. Uriel para o Residencia.
Árbitro: Iván Carrillo Chekhov.

LUGO B 0 - 0 RÁCING FERROL B

CD Lugo B: Carlos, Diego A, Daniel, Raúl, Javier, Arón, Nicolás, Javier F, Lucas, Hugo e Rubén. Tamén xogaron Hugo R, Pedro, Miguel e Leo.
Rácing Club Ferrol SAD B: Tomas, Pablo, Mario, Adrián, Arsenii, Matías, Anxo, Andrés, Hugo G, Antón e Thiago. Tamén xogaron Adrián S, Alfonso, Antón N e Francisco.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

 

Resultados xornada 12

Galicia de Caranza 3 1 Narón O Freixo
Ural B 0 3 Calasanz
Bertamiráns 2 1 Residencia
Amio 0 1 San Tirso B
Imperátor 1 2 Bergantiños
Eume Deportivo 1 1 Ribeira
Conxo B 1 2 Boiro
Lugo B 0 0 Rácing Ferrol B
Compostela 3 0 Victoria B

Próxima xornada

Galicia de Caranza - - Ural B
Calasanz - - Bertamiráns
Residencia - - Amio
San Tirso B - - Imperátor
Bergantiños - - Eume Deportivo
Ribeira - - Conxo B
Boiro - - Lugo B
Ferrol B - - Compostela
Narón O Freixo - - Victoria B

 

Masculina Grupo Sur

No grupo sur o Calasancio segue nos postos de perigo. Esta vez os de Carlos Fontal foron superados polo Lérez a domicilio. O partido púxoselles en contra moi cedo, pois no primeiro minuto o cadro do Manolo Barreiro xa lograra adiantarse no marcador. Antes de chegar á media hora de partido encaixaron o segundo gol e fóronse ao descanso co 3-0 e co duelo practicamente decidido. Na segunda metade os cambios déronlle aire ao conxunto de Monforte, pero non moveron o marcador e volveron á casa sen puntos.

Consulta a clasificación aquí

LÉREZ 3 - 0 CALASANCIO

AJ Lérez: Miguel, Marco, Nicolás, Iker, Iker I, Hugo, Sara, Diego A, Xabier, Luis e Hugo S. Tamén xogaron Tomas, Luis G, Dylan, Rodrigo L e Gustavo.
CP Calasancio: Aelfie, Pablo, Adrián, Senen, Javier, Manuel A, Alejandro, Adrián G, Alejandro R, Iker e Miguel. Tamén xogaron Diego, Óliver, Carlos J e Hector A.
Goles: Diego A e Xabier (2) para o Lérez.
Árbitro: Marcos Campo Rosales.

 

Resultados xornada 12

Val Miñor B 0 1 Comesaña
Celta B 1 0 Arosa B
Santa Mariña 4 2 Porriño Industrial
Lérez 3 0 Calasancio
Arenteiro 1 0 Poio
Rápido Pereiro 1 1 Alondras
Arousa 0 0 A Seca
Choco 1 3 Pabellón B
Escola DSF 3 0 Pontevedra
 

Próxima xornada

Val Miñor B - - Celta B
Arosa B - - Santa Mariña
Porriño Industrial - - Lérez
Calasancio - - Arenteiro
Poio - - Rápido Pereiro
Alondras - - Arousa
A Seca - - Choco
Pabellón B - - Escola DSF
Comesaña - - Pontevedra


Feminina Grupo 1

Na feminina esta xornada houbo derbi lucense. O sábado A Reigosa acolleu o encontro entre o Friol e o Milagrosa, que rematou en táboas. O partido, cunha parte para cada equipo, comezou mellor para as locais, que no minuto 23 se adiantaron a través de Lidia.

O Friol non conseguiu marcar o segundo, o que propiciou que, tras unha mellor saída do Milagrosa despois do descanso, as albivermellas conseguiran empatar a través de Adriana. Malia os esforzos dos dous equipos por levarse os tres puntos o marcador pechouse co 1-1. A repartición de puntos fixo que ambos os dous equipos lucenses se manteñan empatados a oito puntos na clasificación, nos postos once doce. 

Consulta a clasificación aquí

FRIOL 1 - 1 MILAGROSA

PM Friol: Aroa, Raluca G, Sara, Uxía, Lidia, Jessica, Sofia, Alba, Emma, Paula e Noah. Suplentes: Jenifer e Marta.
SCD Milagrosa: Ainara, Sheila M, Adriana, Noelia, Rosalía, Sabela, Nerea, Daniela, Ainara L, Carmen e Gabriela. Suplentes: María, Susana, Mónica e Itziar.
Goles: Lidia para o Friol e Adriana para o Milagrosa.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

 

Resultados xornada 10

Pastoriza 1 8 Victoria
Santa Cruz 0 5 Amistade
Cerqueda 0 5 O Val
Bergantiños 0 14 Orzán
Friol 1 1 Milagrosa
Lalín 2 0 Órdenes
Dumbría 0 2 Cambre
  D Silva

Próxima xornada

Pastoriza - - Santa Cruz
Amistade - - Cerqueda
O Val - - Bergantiños
Orzán - - Friol
Milagrosa - - Lalín
Órdenes - - Dumbría
Victoria - - Silva
  D Cambre