O Calasancio empata sen goles na casa contra o Escola DSF

Os Escolapios acolleron un encontro moi competido no que a ocasión máis clara do partido tivérona os de Monforte no desconto

Grupo Sur

No grupo sur o Calasancio sumou un só punto esta xornada contra o Escola DSF. O Alex Blanco foi testemuña de un partido moi igualado, no que os visitantes levaron o dominio na primeira metade, pero con pouco perigo. Na segunda metade tiveron unha das mais claras do partido, un man a man que Manu parou ben. Pouco a pouco o Calasancio foi mellorando, o xogo volveuse menos fluído e os de Monforte aproveitárono para facer perigo a balón parado. Despois dun remate de Juan que se foi rozando o pau tiveron un gol anulado no desconto. Aos lucenses quédanlles por diante dúas xornadas importantes na que é obrigatorio sumar, para non verse prexudicados polos arrastres.

Consulta a clasificación aquí

 CALASANCIO 0 - 0 ESCOLA DE FÚTBOL DSF

CP Calasancio: Manuel, Izan, Gabriel A, Javier, Javier D, Jacobo, Miguel, Miguel R, Noe, Mateo e Juan. Tamén xogaron Julio, Iván, Beñat, Manuel L e Alejandro.
Escola De Fútbol Dsf: Dennis, Oscar, Unai, Anxo, Antón, Íker, Martín, Joel, Javier, Mario e Hugo. Tamén xogaron Jesús, Lucas, Daniel, Izan e Raúl.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Saúl López Parga.
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 36

Spórting Guardés 1-3 Rápido Pereiro
A Seca 2-1 Santa Mariña
Arosa B 1-0 Pabellón Ourense B
Calasancio 0-0 Escola DSF
Val Miñor B 4-1 Colegio Hogar
Verín 1-3 Arousa
Ourense CF 2-1 Ribadumia
Pabellón Promesas 1-3 Alondras
Porriño 1-2 Salgueiriños
Celta B 6-1 UD Ourense

Próxima xornada

Spórting Guardés - UD Ourense
Rápido Pereiro - A Seca
Santa Mariña - Arosa B
Pabellón B - Calasancio
Escola DSF - Val Miñor B
Colegio Hogar - Verín
Arousa - Ourense CF
Ribadumia - Promesas
Alondras - Porriño Industrial
Salgueiriños - Celta B

Grupo Norte

Despois de tres xornadas sen levarse os tres puntos, o Lugo B foi quen de gañar ao Boiro, sexto clasificado. Os albivermellos dominaron o encontro dende o inicio, tiveron o balón e chegaban continuamente á área rival. Tiveron varias ocasións antes de conseguir o 1-0 a través de Adri, nun remate cruzado coa zurda. Os visitantes tiveron algunha oportunidade, pero encontráronse con Martín. No segundo período chegou o 2-0 cun remate de Andrés dende fóra da área e fixeron o terceiro nun córner. Ao final do partido, un penalti a favor do Boiro deixou o marcador en 3-1.

O Milagrosa tiña a oportunidade de sumar, pois enfrontábase ao Lalín, un dos conxuntos que se encontran abaixo. Porén, remataron en empate e segue a dous puntos do Imperátor, pois tamén rematou en táboas. Os lucenses conseguiron remontar o marcador e poñerse 1-2 na segunda metade, pero un penalti a favor dos locais deixou o taboleiro co 2-2.

Ao Viveiro vaille tocar despedirse da Galega. Esta semana intentárono, pero caeron contra o Conxo B. O duelo estivo igualado na primeira metade, os de Santiago puxéronse por diante tras unha xogada que na que os celestes pediron falta ao porteiro. Puideron empatar cun tiro ao traveseiro de Christian e unha falta de Diego. Porén, na segunda metade os locais conseguiron facer o 2-0 e así acabou o partido.

Consulta a clasificación aquí

LUGO B 3 - 1 BOIRO

CD Lugo B: Martín, Marcos, Jesús, Adrián, Andrés, Pablo, Saúl, Gabriel, Héctor, Brais e Mateo. Tamén xogaron Lucas, Gael, Jesús e Lois.
EFM Concello De Boiro: Francisco, Marcos, Manuel J, Francisco A, Mateo, Marcos A, Jose, Fernando, Ángel, Guillermo e Raúl. Tamén xogaron Roi, Noel, Antón, Gabriel e Rafa.
Goles: 1-0 (38'): Adrián. 2-0 (68'): Andrés. 3-0 (70'): Mateo. 3-1 (77'): Mateo, de penalti.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.

LALÍN 2 - 2 MILAGROSA

EF Lalin: Flavius-Gabriel, Diego, Joel, Martín, Diego F, Aridane, Aitor, Marcos, Mauro, Nicolás e Esteban. Tamén xogaron Lucas, Santiago S, Manuel, Santiago e Uxio.
SCD Milagrosa: Anxo, Efrén, Leo, Hadrián, Duarte, Ezequiel, Pablo, Ignacio, Ismael, Javier e Mateo. Tamén xogaron Daniel, Iago, Ian e Nicolás.
Goles: 1-0 (42'): Martín. 1-1 (46'): Ignacio. 1-2 (49'): Mateo. 2-2 (72'): Santiago, de penalti.
Árbitro: Marcos Dieguez González.

 CONXO SANTIAGO B 2 - 0 VIVEIRO

CD Conxo Santiago B: Hugo, Miguel, Antón, Marcos, Martiño, Alberte, Alfonso, Xulián, Pablo, Hugo S e Uxio. Tamén xogaron Anxo, Naum e Andrés.
SD Viveiro: Diego, Lucas, Gabriel, Pablo, Luis, Álvaro, Diego R, David, Mateo, Hugo e Christian. Tamén xogaron Alejandro, Andrés e Saúl.
Goles: 1-0 (13'): Hugo S. 2-0 (70'): Uxío.
Árbitro: Carlos Villaverde Mogo.
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 36

Imperátor 2-2 Calasanz
Ural B 2-0 Xuventude Oroso B
Rácing Ferrol B 1-3 San Tirso B
Lalín 2-2 Milagrosa
Galicia de Caranza 2-1 Dumbría
Bertamiráns 4-0 Victoria B
Compostela 3-3 Amio
Lugo B 3-1 Boiro
Narón O Freixo 3-1 Montañeros
Conxo B 2-0 Viveiro

Próxima xornada

Imperátor - Viveiro
Calasanz - Ural B
Xuventude Oroso B - Rácing Ferrol B
San Tirso B - Lalín
Milagrosa - Galicia de Caranza
Dumbría - Bertamiráns
Victoria B - Compostela
Amio - Lugo B
Boiro - Narón O Freixo
Montañeros - Conxo B