Ao Milagrosa e ao Viveiro quédanlles catro finais para conseguir a permanencia

Os dous equipos lucenses seguen en postos de perigo na lista do grupo norte e esta semana só os albivermellos conseguiron un punto

Grupo Norte

Catro xornadas lle quedan por diante á Galega cadete e no grupo norte o Milagrosa e o Viveiro seguen en postos de perigo. Os albivermellos volveron rascar un punto empatando contra o Ural B a domicilio. O duelo celebrado no San Pedro de Visma o duelo estivo igualado ata o descanso. Na segunda metade o Milagrosa quedou cun xogador menos trala expulsión de Ezequiel, pero puido xestionar a diferencia de efectivos e o duelo rematou co 0-0. 

No caso do Viveiro, tamén se desprazaron esta fin de semana, pero eles quedaron sen puntos contra o Narón O Freixo, sexto clasificado. Na primeira metade os celestes aguantaron ben e apenas sufriron malia presentarse ao partido con varias baixas. Na segunda metade o conto cambiou xa que aos dez minutos adiantáronse os locais nun córner e pouco tardaron en facer o segundo. Cun penalti chegou o 3-0 que matou o partido e maquillaron o resultado co 4-1 definitivo.

En canto ao Lugo B, empatou contra o Conxo B, cuarto clasificado. O duelo celebrado o domingo no Rodríguez Lago estivo moi condicionado pola chuvia e polo intercambio constante de golpes. Na primeira metade Gabri e Adri tiveron  un par de ocasións para o conxunto lucense e tras dúas ocasións dos visitantes Saúl subiu o 1-0 ao marcador. Pouco despois o Conxo conseguiu empatar nun tiro afastado. Na segunda metade volveron verse ocasións para os dous lados, ao Lugo anuláronlles dous goles e, cara o final, volveron verse boas actuacións dos porteiros.

Consulta a clasificación aquí 

 LUGO B 1 - 1 CONXO SANTIAGO B

CD Lugo B: Martín, Jesús, Lois, Adrián, Hugo, Lucas, Saúl, Gabriel, Gael, Jesus e Brais. Tamén xogaron Pablo, Marcos, Héctor e Rubén.
CD Conxo Santiago B: Anxo, Andrés, Hugo, Antón, Miguel, Martiño, Alfonso, Xulian, Pablo, Xian e Uxío. Tamén xogaron Marcos, Alberte, Mateo e Naum.
Goles: 1-0 (17'): Saúl. 1-1 (27'): Uxío.
Árbitro: José Luís Fraga Torres.

URAL B 0 - 0 MILAGROSA

Ural Español CF B: Pablo, Jorge, Pablo C, Hugo, Hugo C, Sergio, Sebastián A, Samuel, Luca, Martín e Marcos. Tamén xogaron Leo, Mael, Anxo e Nicolás.
SCD Milagrosa: Anxo, Hadrián, Javier, Martín, Leo, Ezequiel, Duarte, Caxide, Martín A, Pablo e Diego I. Tamén xogaron Ismael, Daniel, Mateo, Lucas e Pablo T.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Pedro Rodríguez Penas.

 NARON O FREIXO 4 - 1 VIVEIRO

SDCY R Naron O Freixo: Bruno, Manuel, Sergio, Jesús M, Rafael, Alexandre, David, Martín, Hugo, Jorge e Iago. Tamén xogaron Diego, Marcos, Miguel, Ero e Samuel.
SD Viveiro: Diego, Xoel, Pablo, Xián, Alejandro, Manuel, Álvaro, Gabriel, David, Christian e Óscar F. Tamén xogaron Mateo, Andrés e Pablo Y.
Goles: 1-0 (48'): Diego. 2-0 (52'): Sergio. 3-0 (57'): Sergio, de penalti. 4-0 (72'): David. 4-1 (76'): Samuel, en propia.
Árbitro: Christian Pérez Tejerina.
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 34

Calasanz 5-1 Xuventude Oroso B
Imperátor 0-2 San Tirso B
Ural B 0-0 Milagrosa
Rácing Ferrol B 2-1 Dumbría
Lalín 1-4 Victoria B 
Galicia de Caranza 3-0 Amio
Bertamiráns 4-1 Boiro
Compostela 1-2 Montañeros
Lugo B 1-1 Conxo B
Narón O Freixo 4-1 Viveiro

Próxima xornada

Viveiro - Calasanz
Xuventude Oroso B - Imperátor
San Tirso B - Ural B
Milagrosa - Rácing Ferrol B
Dumbría - Lalín
Victoria B - Galicia de Caranza
Amio - Bertamiráns
Boiro - Compostela
Montañeros - Lugo B
Conxo B - Narón O Freixo

 

Grupo Sur

No grupo sur, o Calasancio volveu gañar na casa trala derrota da semana pasada. Enfrontáronse contra un rival directo, o Arousa, ao que adiantaron na táboa despois da vitoria, pero co que empatan a 43 puntos. O partido tivo dúas partes diferentes, a primeira foi dos de Monforte, que conseguiron marcar cedo nun man a man de Juan. Aos tres minutos subiron o 2-0 ao marcador nun córner, pero en pouco tempo o Arousa encontrouse co 2-1. Aos cinco minutos despois dunha acción individual de Noé, faille un pase a Mateo para asinar o 3-1. Con ese resultado fóronse ao descanso, aínda que o Calasancio puido meter algún máis. Despois do intermedio mudou a dinámica do encontro, o Arousa saíu a combinar e embotellaron aos lucenses, que se dedicaron a defender. Os locais non tiñan ocasións claras, pero Manu tampouco tivo que facer ningunha parada. Nos último minutos o Calasancio volveu dominar e tiveron varios balóns ao espazo que non aproveitaron.

Consulta a clasificación aquí 

CALASANCIO 3 - 1 AROUSA 

CP Calasancio: Manuel, Izan, Gabriel A, Senen, Javier, Beñat, Miguel, Miguel R, Noe, Mateo e Juan. Tamén xogaron Julio, Javier G, Iván e Alejandro.
ED Arousa SD: Adrián, Manuel, Jorge, Samuel, Xian, Diego, Eloy, Sergio, David, Hugo e Nicolás. Tamén xogaron Izan, Jorge S, Hugo R, Xabier e Pedro.
Goles: 1-0 (17'): Juan. 2-0 (25'): Beñat. 2-1 (31'): Jorge. 3-1 (36'): Mateo.
Árbitro: Saúl López Parga.
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 34

Rápido Pereiro 1-2 Santa Mariña
Spórting Guardés 0-6 Pabellón B
A Seca 2-2 Escola DSF
Arosa B 2-1 Colegio Hogar
Calasancio 3-1 Arousa
Val Miñor Nigrán B 3-0 Ribadumia
Verín 3-2 Alondras
Ourense CF 2-4 Salgueiriños
Pabellón Promesas 2-6 Celta B
Porriño Industrial 2-2 UD Ourense

Próxima xornada

UD Ourense - Rápido Pereiro
Santa Mariña - Spórting Guardés
Pabellón B - A Seca
Escola DSF - Arosa B
Colegio Hogar - Calasancio
Arousa - Val Miñor B
Ribadumia - Verín
Alondras - Ourense CF
Salgueiriños - Pabellón
Celta B - Porriño Industrial