O Lugo B e o Calasancio deron a cara, pero caeron contra dous dos mellores da Galega

O equipo albivermello enfrontouse contra o segundo clasificado do grupo Norte, mentres que os de Monforte recibiron ao líder do Sur

Grupo Norte

O Lugo B, no grupo Norte, caeu derrotado e suma so tres puntos nas derradeiras catro xornadas. O sábado desprazouse a Santiago para enfrontarse contra o Bertamiráns, un grande rival que ocupa o segundo posto da clasificación. Na primeira metade estiveron mellor os locais, apertaban arriba e fixeron dano co balóns largos. Despois dalgunha chegada con perigo conseguiron adiantarse cun tiro cruzado dentro da área e fóronse co 1-0 ao descanso. Na segunda o Bertamiráns seguiu sendo superior e meteu o segundo, pero o Lugo reaccionou e tiveron varias chegadas ata meter o 2-1 cun bo pase de García e remate de Lucas no man a man. Tiveron o gol do empate nun remate de Adri, pero logo os locais anotaron o 3-1. Nunha falta lateral chegou o 3-2, pero non puideron empatar malia apertar ata o final.

O Milagrosa e o Viveiro seguen en postos de perigo. Os albivermellos mantéñense no número 17, pero achegáronse ao Dumbría despois de sacar un punto no partido contra o San Tirso. O choque púxoselles moi cedo a favor dos locais, xa que meteron un gol nos primeiros minutos. Malia iso o Milagrosa non baixou os brazos e conseguiron o premio do empate na segunda metade, cun tanto de Ismael. Pola parte dos celestes, perderon o partido contra o Compostela. O Viveiro saíu ben ao verde e puxéronse 0-1 cun gol de Diego. Non aguantaron moito a vantaxe xa que logo nun erro en saída de balón e un posterior penalti quedaron en empate. Antes de acabar a primeira parte os de Santiago marcan o 2-1 e na primeira xogada da segunda anotan o terceiro para matar o partido.

Consulta a clasificación aquí 

BERTAMIRÁNS 3 - 2 LUGO B

Bertamiráns FC: Pablo, Samuel, Xavier, Daniel, Miguel, Rodrigo, Pablo T, Diego, Jesús, Diego V e Jorge. Tamén xogaron Antón, Mateo, Lionel, Samuel G e David.
CD Lugo B: Antón, Marcos, Hugo, Jesús, Lois, Hugo C, Lucas, Pablo, Gael, Brais e Rubén. Tamén xogaron Gabriel, Adrián e Jesús.
Goles: 1-0 (29'): Diego V. 2-0 (45'): Rodrigo. 2-1 (68'): Lucas. 3-1 (74'): Miguel. 3-2 (76'): Gabriel.
Árbitro: Jesús Piñeiro Lugo.

COMPOSTELA 4 - 1 VIVEIRO

SD Compostela: Roberto, André, Jesús C, Lois, Pablo, Manuel, Ángel, Pablo D, Roi, Álvaro e Marcos. Tamén xogaron Anxo, Ramón, Diego e Borja.
SD Viveiro: Diego, Xoel, Pablo, Xián, Iago, Manuel, Diego R, Álvaro, Saúl, Gabriel e David. Tamén xogaron Antón, Christian, Pablo Y e Saúl A.
Goles: 0-1 (17'): Diego R. 1-1 (21'): Pablo, de penalti. 2-1 (30'): Ángel. 3-1 (47'): Roi. 4-1 (73'): Pablo D.
Árbitro: Raúl García Veiras.

SAN TIRSO B 1 - 1 MILAGROSA

San Tirso SD B: Julián, Iago, Antón, Mateo, Lucas, Daniel, Martín, Alberto, Diego, Adrián e Teo. Tamén xogaron Marcos, Lucas G e Bruno.
SCD Milagrosa: Anxo, Hadrián, Javier, Martín, Daniel, Ezequiel, Pablo, Duarte, Pablo Q, Diego I e Ian. Tamén xogaron Mateo, Ismael, Caxide, Iago e Nicolás.
Goles: 1-0 (2'): Iago. 1-1 (45'): Ismael.
Árbitro: Eduardo Rodríguez Penas.
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 30

San Tirso B 1-1 Milagrosa
Xuventude Oroso B 2-0 Dumbría
Calasanz 0-0 Victoria
Imperátor 1-1 Amio
Ural B 2-3 Boiro
Rácing Ferrol B 1-0 Montañeros
Lalín 0-2 Conxo B
Galicia de Caranza 1-1 Narón O Freixo
Bertamiráns 3-2 Lugo B
Compostela 4-1 Viveiro

Próxima xornada

Viveiro - San Tirso B
Milagrosa - Xuventude Oroso B
Dumbría - Calasanz
Victoria B - Imperátor
Amio - Ural B
Boiro - Rácing Ferrol B
Montañeros - Lalín
Conxo B - Galicia de Caranza
Narón O Freixo - Bertamiráns
Lugo B - Compostela

 

Grupo Sur

No grupo Sur o Calasancio competiulle de tu a tu ao líder da clasificación, o Celta B. Os primeiros minutos foron mellores os de Monforte, tiveron unha ocasión clara de gol que se foi por riba do pau, pero os de Vigo comezaron a xogar en largo e conseguiron adiantarse. O Calasancio seguiu insistindo e tras un par de accións por banda no minuto 30 chegou un gol de Juan tras centro de Mateo. Cando mellor estaban tivo Noé un tiro dende fóra da área, pero na derradeira xogada da primeira metade fan o 1-3 nunha falta lateral. Na segunda metade houbo poucas ocasións nas dúas áreas, os locais tiveron unha clara nunha falta lateral e Lois tivo boas intervencións aínda que o resultado foi de 1-4.

Consulta a clasificación aquí 

 CALASANCIO 1 - 4 CELTA B

CP Calasancio: Lois, Izan, Gabriel A, Javier, Javier G, Jacobo, Miguel, Beñat, Noé, Mateo e Juan. Tamén xogaron Iván, Manuel L, Alejandro e Manuel.
RC Celta B: Raúl, Gonzalo, Pablo, Pablo M, Lucas, Noah, Bruno, Xavi, Jorge, Oscar e Brais. Tamén xogaron Fabio, Cristhian, Telmo e Arón.
Goles: 0-1 (14'): Jorge. 0-2 (16'): Oscar. 1-2 (31'): Juan. 1-3 (40'): Noah. 1-4 (52'): Oscar.
Árbitro: Oscar Cabañas López.
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 30

Pabellón Ourense B 3-0 Estrada
Santa Mariña 4-2 Colegio Hogar
Rápido Pereiro 1-1 Arousa
Spórting Guardés 0-0 Ribadumia
A Seca 3-0 Alondras
Arosa B 1-1 Salgueiriños
Calasancio 1-4 Celta B
Val Miñor B 1-0 Porriño Industrial
Verín 0-2 Promesas
Ourense CF 1-7 UD Ourense

Próxima xornada

UD Ourense - Pabellón B
Escola DSF - Santa Mariña
Colegio Hogar - Rápido Pereiro
Arousa - Spórting Guardés
Ribadumia - A Seca
Alondras - Arosa B
Salgueiriños - Calasancio
Celta B - Val Miñor B
Porriño Industrial - Verín
Promesas - Ourense CF