O Milagrosa volve levarse o derbi contra o Viveiro, pero ambos seguen na zona de perigo

Agora é o equipo da capital o que está por diante con dous puntos máis. O Lugo B segue no oitavo posto malia caer contra o Galicia de Caranza, terceiro clasificado

Grupo Norte

O duelo de volta entre o Viveiro e o Milagrosa caeu do lado dos albivermellos, que xa os venceran na ida. Os da capital lucense superaron en todo momento ao conxunto local, o cal non puido amosar o seu xogo nin estiveron acertados. O Milagrosa deu moitos problemas a través do xogo directo e conseguiron facer o 0-1 antes do descanso. No segundo tempo, o Viveiro intentou ir polo empate, pero só tiveron oportunidades nun par de córneres. Quedando dez minutos para o final, os albivermellos mataron o partido con segundo gol.

No caso do Lugo B, foi superado na casa contra o Galicia de Caranza. O duelo comezou cun intercambio de golpes, nos primeiros minutos Héctor tivo un man a man para o Lugo e seguiron as chegadas de ambos os equipos ata que Caranza consegue adiantarse con dous tantos seguidos. Os albivermellos non baixaron os brazos e seguírono intentando con tiros de Andrés e Gael, pero nun centro lateral os visitantes subiron o 0-3 tras un gol en propia. No segundo tempo intentaron apertarlles, pero nunha perda preto da portería o Caranza mata o marcador co 0-4.

Consulta a clasificación aquí 

 VIVEIRO 0 - 2 MILAGROSA

SD Viveiro: Diego, Xoel, Pablo, Xián, Iago, Christian, Manuel, Diego R, Álvaro, Saúl e David. Tamén xogaron Sergio, Gabriel, Antón e Mateo.
SCD Milagrosa: Anxo, Martín, Duarte, Daniel, Ezequiel, Hadrián, Pablo, Diego I, Javier, Ignacio e Martín A. Tamén xogaron Pablo T, Mateo, Ian, Nicolás e Lucas.
Goles: 0-1 (32'): Pablo. 0-2 (73'): Pablo T.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

 LUGO B 0 - 4 GALICIA DE CARANZA

CD Lugo B: Antón, Marcos, Jesús, Lois, Andrés, Lucas, Pablo, Saúl, Gael, Héctor e Brais. Tamén xogaron Hugo C, Hugo, Mateo e Rubén.
Galicia De Caranza: Xalo, Pedro, Luis, Aketx, Daniel, Marcos, Sergio, Destaw, Xerar, Antón e Hugo. Tamén xogaron Nicolás, Alejandro, Carlos F, Alex e Martín.
Goles: 0-1 (12'): Aketx. 0-2 (15'): Sergio. 0-3 (32'): Marcos, en propia. 0-4 (64'): Alejandro.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 29

Viveiro 0-2 Milagrosa
Dumbría 3-2 San Tirso B
Victoria B 4-1 Xuventude Oroso B
Amio 4-0 Calasanz
Boiro 2-2 Imperátor
Montañeros 2-1 Ural B
Conxo B 1-3 Rácing Ferrol B
Narón O Freixo 4-0 Lalín
Lugo B 0-4 Galicia de Caranza
Compostela 2-1 Bertamiráns

Próxima xornada

San Tirso B - Milagrosa
Xuventude Oroso B - Dumbría
Calasanz - Victoria
Imperátor - Amio
Ural B - Boiro
Rácing Ferrol B - Montañeros
Lalín - Conxo B
Galicia de Caranza - Narón O Freixo
Bertamiráns - Lugo B
Compostela - Viveiro

 

Grupo Sur

O Calasancio non consegue estabilizarse e despois de conseguir seis puntos nas últimas catro xornadas, volveu ser derrotado malia facer un grande esforzo esta xornada. Enfrontouse contra o Porriño Industrial a domicilio e o duelo tivo dúas partes diferenciadas. Na primeira foron mellores os locais, que se apoiaban no seu mellor xogador para facer dano e conseguiron irse ao descanso por riba, cun marcador de 2-1. No segundo tempo o Calasancio axustou a estratexia e mellorou moito a través de Jacobo, que nada máis empezar tivo unha oportunidade para empatar. Ao pouco Lagoa, a porta baleira subiu o 2-2 ao taboleiro. Dende ese intre o árbitro converteuse en protagonista e despois de anular un gol a Ríos vótalle dúas amarelas e os de Monforte quedan cun menos. Aínda así ao Porriño custoulles e non foi ata o desconto, nunha acción dubidosa de fóra de xogo, no que conseguiron o 3-2.

Consulta a clasificación aquí 

PORRIÑO INDUSTRIAL 3 - 2 CALASANCIO

Porriño Industrial FC: Noah, Iago, Jorge, Lucas, Oliver D, Nara, Pedro N, André, Marcos, Miguel e Miguel G. Tamén xogaron Eric, Alex, Dani e Roi.
CP Calasancio: Lois, Izan, Gabriel A, Senén, Javier, Jacobo, Javier D, Miguel, Alejandro, Beñat e Miguel R. Tamén xogaron Juan, Manuel L, Iván e Manuel A.
Goles: 1-0 (5'): Miguel G. 1-1 (10'): Miguel R. 2-1 (32'): Miguel G. 2-2 (60'): Manuel L. 3-2 (80'): Miguel G.
Árbitro: Jose Alberto Lorenzo Álvarez.
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 29

UD Ourense 3-0 Escola DSF
Colegio Hogar 3-1 Pabellón B
Arousa 1-2 Santa Mariña
Ribadumia 1-1 Rápido Pereiro
Alondras 2-1 Spórting Guardés
Salgueiriños 1-0 A Seca
Celta B 2-0 Arosa B
Porriño 3-2 Calasancio
Pabellón Promesas 0-1 Val Miñor B
Ourense CF 3-3 Verín

Próxima xornada

Pabellón Ourense B - Estrada
Santa Mariña - Colegio Hogar
Rápido Pereiro - Arousa
Spórting Guardés - Ribadumia
A Seca - Alondras
Arosa B - Salgueiriños
Calasancio - Celta B
Val Miñor B - Porriño Industrial
Verín - Promesas
Ourense CF - UD Ourense