Despois de catro xornadas sen gañar, o Lugo B levouse os tres puntos en Lalín

Os albivermellos, que se manteñen oitavos, dominaron un enfrontamento no que triunfaron cun resultado de 1-3. No caso do Viveiro e o Milagrosa, seguen nos postos de descenso

Grupo Norte

O Lugo B volveu vencer despois de catro xornadas e fíxoo contra o Lalín a domicilio. Os albivermellos dominaron no primeiro tempo a través do balón, ante un conxunto local que os esperaba repregados. Despois de varias ocasións de Hugo e Saúl chegou o 0-1 nunha falta directa de Andrés pola escuadra. Tralo paso polos vestiarios a dinámica foi a mesma e chegou o 0-2 nun remate de cabeza de Héctor. O Lalín apertou e conseguiu marcar un gol nunha falta lateral. En pouco tempo o Lugo fixo o 1-3 nunha boa xogada individual de Andrés.

Os albivermellos continúan no oitavo posto da clasificación trala vitoria, mentres que o Viveiro e o Milagrosa seguen nos postos de descenso. Os da Mariña presentáronse ao encontro contra o Bertamiráns con oito baixas, pero aguantaron ben a primeira parte. Tiveron un man a man de Simón para abrir o marcador, pero xusto despois recibiron un gol en contra. A segunda metade comezou co 2-0 e aí morre o partido para o Viveiro. Acabóuselles a gasolina e con dous cambios entregáronse aos locais e remataron 5-0. No caso do Milagrosa, rematou repartindo os puntos contra o Dumbría, rival directo pola permanencia. Nun partindo con pouco ritmo, ningún dos dous equipos foi quen de meter o balón entre paus e o marcador morreu co 0-0.

Consulta a clasificación aquí 

 

LALÍN 1 - 3 LUGO B

EF Lalín: Santiago, Diego, Brais, Manuel, Martín, Diego F, Uxio, Lucas, Aridane, Brais R e Esteban. Tamén xogaron Marcos, Aitor, Joel, Nicolás e Mauro.
CD Lugo B: Martín, Marcos, Diego A, Lois, Andrés, Hugo, Saúl, Gabriel, Héctor, Brais e Lucas. Tamén xogaron Lucas Q, Pablo e Unai.
Goles: 0-1 (29'): Andrés. 0-2 (52'): Héctor. 1-2 (74'): Lucas. 1-3 (79'): Andrés.
Árbitro: Marcos Diéguez González.

MILAGROSA 0 - 0 DUMBRÍA

SCD Milagrosa: Anxo, Javier, Martín, Ignacio, Daniel, Lucas, Ezequiel, Duarte, Mateo, Martín A e Pablo. Tamén xogaron Ian, Hadrián, Ismael, Efrén e Nicolás.
CF Dumbría: Miguel, Iago, Enrique, Breixo, Cristian, Pablo, Iago L, Alex, Javier, Jorge e Noé. Tamén xogaron Dylan, Hugo B, Hugo e Adrián.
Goles: Sen goles.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

BERTAMIRÁNS 5 - 0 VIVEIRO

Bertamiráns FC: Pablo, Daniel, Rodrigo, Pablo T, Jesús, Diego, Antón, Mateo, Mateo S, Jorge e Samuel. Tamén xogaron Xavier, Samuel L, Lionel, Diego S e Lucas.
SD Viveiro: Diego, Xoel, Alejandro, Manuel, Diego R, Saúl, Simón, Antón, Mateo, David e Christian. Tamén xogaron Saúl A e Hugo.
Goles: 1-0 (11'): Saúl, en propia. 2-0 (42'): Rodrigo. 3-0 (56'): Mateo S. 4-0 (67'): Rodrigo. 5-0 (80'): Lucas.
Árbitro: Gustavo Vidal Fonseca.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 28

Milagrosa 0-0 Dumbría
San Tirso B 3-0 Victoria B
Xuventude Oroso B 1-2 Amio
Calasanz 0-2 Boiro
Imperátor 1-7 Montañeros
Ural B 4-1 Conxo B
Rácing Ferrol B 1 2- Narón O Freixo
Lalín 1-3 Lugo B
Galicia de Caranza 2-0 Compostela
Bertamiráns 5-0 Viveiro

Próxima xornada

Viveiro - Milagrosa
Dumbría - San Tirso B
Victoria B - Xuventude Oroso B
Amio - Calasanz
Boiro - Imperátor
Montañeros - Ural B
Conxo B - Rácing Ferrol B
Narón O Freixo - Lalín
Lugo B - Galicia de Caranza
Compostela - Bertamiráns

 

Grupo Sur

No grupo Sur, o Calasancio conseguiu tres puntos importantes contra o Pabellón Promesas. Adiantáronse no minuto cinco, por medio de Guiti nun córner e dende aí conseguiron tranquilidade. O rival non lles increpou nada, mentres que eles eran capaces de xerar ocasión tras ocasión. Na segunda metade seguiu a mesma tónica, Lois non tivo que facer ningunha parada no partido. No minuto 55 o Calasancio marcou o segundo, outra vez a balón parado, a través de Jacobo. Ao final do encontro tiveron tres ou catro ocasións que fallaron por abusar de individualidade.

Consulta a clasificación aquí 

 CALASANCIO 2 - 0 PABELLÓN PROMESAS 

CP Calasancio: Lois, Izan, Gabriel A, Iván, Javier, Jacobo, Miguel, Miguel R, Noe, Mateo e Manuel. Tamén xogaron Beñat, Javier D, Alejandro e Manuel A.
Pabellón Promesas CF: Manuel, Iker, Miguel, Mateo, Xabier, Bruno, Álvaro, Joel, Matías, Breogan e André. Tamén xogaron Adán, Marcos, Mario e Martín.
Goles: 1-0 (5'): Javier. 2-0 (55'): Jacobo.
Árbitro: Omar López Parga.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 28

Escola DSF 3-0 Colegio Hogar
Pabellón B 3-2 Arousa
Santa Mariña 2-1 Ribadumia
Rápido Pereiro 2-0 Alondras
Spórting Guardés 0-4 Salgueiriños
A Seca A Celta B
Arosa B 1-4 Porriño Industrial
Calasancio 2-0 Pabellón Promesas
Val Miñor B 1-3 Ourense CF
Verín 0-2 UD Ourense

Próxima xornada

UD Ourense - Escola DSF
Colegio Hogar - Pabellón B
Arousa - Santa Mariña
Ribadumia - Rápido Pereiro
Alondras - Spórting Guardés
Salgueiriños - A Seca
Celta B - Arosa B
Porriño - Calasancio
Pabellón Promesas - Val Miñor B
Ourense CF - Verín