O Viveiro volvese meter na zona de perigo despois de caer contra o Dumbría

Perderon un duelo clave contra un rival directo pola permanencia e volven estar un posto por riba do Milagrosa

Grupo Norte

Despois de tres xornadas puntuando para saír da zona de perigo, o Viveiro non conseguiu levarse o duelo contra o Dumbría. Ambos os dous equipos teñen por obxectivo a permanencia e foron os da provincia da Coruña quen gañaron este pulso. A primeira metade estivo igualada, ningún dos dous equipos quería cometer erros, xa que sería a clave para decantar o partido. Así foi como un terrible despiste dos celestes lles custou o 0-1 e dende aí foilles imposible remontar o partido, que acabaron perdendo por 0-3. O conxunto da Mariña está agora de novo nos postos de descenso, un número por riba que o Milagrosa, que caeu a domicilio contra o Victoria B. Os Coruñeses adiantáronse no minuto dous da primeira parte, pero Pablo conseguiu empatar o duelo no 16'. A segunda metade xa foi toda dos locais e adiantáronse de novo con dous goles de Emmanuel.

O Lugo, sen perigar, baixou tamén posicións esta quenda. Os albivermellos caeron despois de catro xornadas puntuando contra o Rácing Ferrol B, equipo que está cinco postos por debaixo deles. O equipo da provincia saíu mellor ao campo que aos rivais e marcaron o 1-0 no primeiro minuto nunha falta lateral. Nos primeiros 20 minutos tiveron algunha chegada máis, pero o partido igualouse e o Ferrol intentábao con balóns largos. A segunda parte foi dos visitantes apertaron ao Lugo arriba e foron incapaces de saír. Despois de varios tiros conseguiron empatar nun balón na área, seguiron chegando con perigo e lograron enchufar dous goles máis e levarse o partido.

Consulta a clasificación aquí 

 LUGO B 1 - 3 RÁCING FERROL B

CD Lugo B: Antón, Marcos, Unai, Jesús, Lois, Lucas, Pablo, Saúl, Gabriel, Gael e Héctor. Tamén xogaron Hugo C, Rubén, Jean P e Hugo.
Rácing Club Ferrol SAD B: Javier, Fabián, Sergio, Hugo, Adrián, Pablo, Íker, Brais, Pedro, Rodrigo e Marcos. Tamén xogaron Raúl, Alex, Martín, Hugo P e Mateo.
Goles: 1-0 (1'): Gabriel. 1-1 (60'): Rodrigo. 1-2 (77'): Adrián. 1-3 (80'): Brais.
Árbitro: Jose Luis López Rodríguez.

VIVEIRO 0 - 3 DUMBRÍA

SD Viveiro: Diego, Xoel, Xián, Iago, Manuel, Diego R, Álvaro, Simón, Antón, Gabriel e David. Tamén xogaron Christian, Óscar F, Mateo e Alejandro.
CF Dumbría: Miguel, Iago, Enrique, Breixo, Cristian, Pablo, Jorge, Iago L, Alex, Javier e Noé. Tamén xogaron Dylan, Adrián, Ismael e Hugo.
Goles: 0-1 (45'): Jorge. 0-2 (65'): Javier. 0-3 (80'): Iago.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

VICTORIA C.F. B 3 - 1 S.C.D. MILAGROSA

Victoria CF B: Sergio, Mateo, Javier, Iker, Yago, Joel, Alejandro, Iago, Jairo, Theophile E e Aaron. Tamén xogaron Mateo A, Ziyad, Alvaro e Jorge.
SCD Milagrosa: Anxo, Hadrian, Javier, Martin, Ismael, Daniel, Ezequiel, Duarte, Mateo, Pablo e Diego I. Tamén xogaron Nicolas, Leo, Pablo T, Lucas e Ian.
Goles: 1-0 (2'): Alejandro. 1-1 (16'): Pablo. 2-1 (63'): Theophile E. 3-1 (70'): Theophile E.
Árbitro: Daniel Estraviz Pardo.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 27

Viveiro 0-3 Dumbría
Victoria B 3-1 Milagrosa
Amio 3-3 San Tirso B
Boiro 2-0 Xuventude Oroso B
Montañeros 3-0 Calasanz
Conxo B 2-1 Imperátor
Narón O Freixo 3-1 Ural B
Lugo B 1-3 Rácing Ferrol B
Compostela 4-1 Lalín
Bertamiráns 2-0 Galicia de Caranza

Próxima xornada

Milagrosa - Dumbría
San Tirso B - Victoria B
Xuventude Oroso B - Amio
Calasanz - Boiro
Imperátor - Montañeros
Ural B - Conxo B
Rácing Ferrol B  - Narón O Freixo
Lalín - Lugo B
Galicia de Caranza - Compostela
Bertamiráns - Viveiro

 

Grupo Sur

No grupo do Sur, ao Calasancio se lle escapou un bo partido contra o Ourense CF. Os de Monforte comezaron dominando a pracer despois de axustarse á estratexia dos visitantes. Despois de varias ocasións Noé puxo o 1-0 rematando un córner de cabeza. Os visitantes non increparon demasiado, intentárono a balón directo, pero o Calasancio gañaba tódalas disputas. Malia isto, un erro terrible do porteiro lucense cambiou o destino do partido, xa que foi expulsado despois de coller o balón coas mans fóra da área. No segundo tempo, malia a desvantaxe numérica, os locais axustaron o esquema e xeraron varias accións con perigo. O Ourense seguiu sen ofrecer moito perigo, pero en dúas xogadas desafortunadas foron quen de remontar o partido.

Consulta a clasificación aquí 

OURENSE CF 2 - 1 CALASANCIO

Ourense CF SAD: Brais, Iván, Jorge, Rodrigo, Saúl, Hugo, Íker, Samuel, Diego, Alejandro e Hugo F. Tamén xogaron Samuel D, Pablo e Cristian.
CP Calasancio: Manuel, Miguel, Gabriel A, Iván, Javier, Jacobo, Julio, Miguel R, Noe, Mateo e Beñat. Tamén xogaron Javier D, Senén, Manuel L e Manuel A.
Goles: 0-1 (25'): Noé. 1-1 (61'): Hugo F. 2-1 (68'): Íker.
Árbitro: Borja Cardoso Rodríguez.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 27

UD Ourense 10-0 Colegio Hogar
Arousa 2-3 Escola DSF
Ribadumia 0-1 Pabellón B
Alondras 1-0 Santa Mariña
Salgueiriños 4-1 Rápido Pereiro
Celta B 4-1 Spórting Guardés
Porriño Industrial 3-4 A Seca
Promesas 2-2 Arosa B
Ourense CF 2-1 Calasancio
Verín 1-4 Val Miñor B

Próxima xornada

Escola DSF - Colegio Hogar
Pabellón B - Arousa
Santa Mariña - Ribadumia
Rápido Pereiro - Alondras
Spórting Guardés - Salgueiriños
A Seca - Celta B
Arosa B - Porriño Industrial
Calasancio - Pabellón Promesas
Val Miñor B - Ourense CF
Verín - UD Ourense