Dous empates e dúas derrotas para os lucenses no comezo da segunda volta

O Lugo e o Milagrosa leváronse un punto cada un, pero o Calasancio e o Viveiro non conseguiron puntuar esta xornada

Grupo Norte

O comezo da segunda volta deixou dous puntos para os lucenses. O Lugo B empatou a domicilio contra o Dumbría, despois de que os albivermellos se levaran a vitoria no partido de ida. Os da capital provincial dominaron a través da pelota ante un rival repregado e tiveron varias na primeira metade para poder adiantarse. O segundo tempo comezou co mesmo guión, despois dun remate ao pau o Lugo adiantouse, pero en cinco minutos remontou o Dumbría. Os lucenses seguiron atacando e empataron cun remate de Gabri a centro de Andrés. Nunha transición o Dumbría volveu poñerse por diante, pero na derradeira xogada do partido Hugo consegue enganchar un rexeite e deixar o 3-3 no marcador. 

O outro punto foi para o Milagrosa no partido celebrado o domingo contra o Compostela. Os lucenses recibiron aos de Santiago no Luís Gorgoso e ao pouco de sacar de centro os visitantes adiantáronse. Os albicelestes puideron empatar antes do descanso, pero o 1-1 non chegou ata o 68' a través de Martín. O marcador non se moveu ata o final o duelo e remataron repartido os puntos.

Ao Viveiro se lle escapou o partido contra o Ural Español nun choque con escasas ocasións e polémicas decisións arbitrais. Adiantáronse os celestes nun córner, ante un equipo local que non creaba perigo. No minuto 39, unha xogada marca o choque, xa que o árbitro para o partido e o Ural acaba metendo o empate ao darlles o balón. Na segunda metade os locais conseguen facer o segundo gol nunha acción dubidosa. 

Consulta a clasificación aquí 

DUMBRÍA 3 - 3 LUGO B

CF Dumbría: Dylan, Iago, Enrique, Breixo, Cristian, Pablo, Iago L, Alex, Javier, Hugo e Noé. Tamén xogaron Adrián, Hugo F, Miguel e Pedro.
CD Lugo: Martin, Jean P, Jesús, Adrián, Andrés, Hugo, Saúl, Gabriel, Hector, Jesús e Brais. Tamén xogaron Lois, Lucas e Gael.
Goles: Adrián (3) para o Dumbría. Adrián, Gabri e Hugo para o Lugo.
Árbitro: Adrián Pérez Rellán.

URAL ESPAÑOL 2 - 1 VIVEIRO

Ural Español CF: Pablo, Hugo, Daniel, Pablo C, Hugo A, Paulo, Mael, Hugo C, Sergio, Diego e Leo. Tamén xogaron Anxo, Luca, Sebastián A e Martín.
SD Viveiro: Diego, Pablo, Xián, Iago, Christian, Manuel, Diego R, Álvaro, Saúl, Simón e Gabriel. Tamén xogaron Antón e David.
Goles: 0-1 (23'): Mael, en propia. 1-1 (39'): Hugo A. 2-1 (80'): Martín.
Árbitro: Eduardo Rodríguez Penas.

 MILAGROSA 1 - 1 COMPOSTELA

SCD Milagrosa: Anxo, Hadrián, Martín, Daniel, Ezequiel, Pablo, Duarte, Caxide, Mateo, Diego I e Ian. Tamén xogaron Martín A, Ignacio, Javier, Pablo Q e Nicolás.
SD Compostela: Roberto, Mauro, Jesús C, Diego, Lucas, Anxo, Pablo, Mateo, Roi, Álvaro e Ángel. Tamén xogaron André, Marcos, Borja e Manuel.
Goles: 0-1 (9'): Roi. 1-1 (68'): Martín A.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 20

Boiro 1-2 Montañeros
Amio 0-0  Conxo B
Victoria B  2-2 Narón O Freixo
Dumbría 3-3 Lugo B
Milagrosa 1-1 Compostela
San Tirso B 3-0 Bertamiráns
Xuventude Oroso B 0-5 Galicia de Caranza
Calasanz 2-0 Lalín
Imperátor 1-0 Rácing Ferrol B
Ural B 2-1 Viveiro

Próxima xornada

Viveiro - Boiro
Montañeros - Amio
Conxo B - Victoria B
Narón O Freixo - Dumbría
Lugo B - Milagrosa
Compostela - San Tirso B
Bertamiráns - Xuventude Oroso B
Galicia de Caranza - Calasanz
Lalín - Imperátor
Rácing Ferrol - Ural B

 

Grupo Sur

No grupo sur, o Calasancio non conseguiu superar esta vez ao Rápido Pereiro. Os de Monforte comezaron moi ben o partido e crearon ocasións nos primeiros 25 minutos. Nun balón largo, os locais gáñanlles as costas para abrir o marcador e na seguinte acción fan o 2-0 noutro erro defensivo. No segundo tempo o Calasancio saíu cos brazos abaixo e non puido competir, co que rematou encanxaido cun resultado de 5-1.

Consulta a clasificación aquí 

RÁPIDO PEREIRO 5 - 1 CALASANCIO

Rapido Pereiro CF: Antón, Iago, Pedro, Ángel, Martin Y, Eloi, Xián, Martín, Gael, Diego e Gabriel. Tamén xogaron Jhon A, Roque, Guillermo, Guillermo S e Iago C.
CP Calasancio: Cristian, Izan, Manuel, Javier, Noe, Jacobo, Julio, Miguel, Javier G, Alejandro e Mohamed. Tamén xogaron Mateo e Hector A.
Goles: 1-0 (29'): Xián. 2-0 (31'): Eloi. 3-0 (54'): Xián. 3-1 (61'): Javier G. 4-1 (67'): Gabriel. 5-1 (71'): Roque.
Árbitro: José Alberto Lorenzo Álvarez.

 

LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 20

Alondras 1-3 Salgueiriños
Ribadumia 0-1 Celta B
Arousa 3-4 Porriño Industrial
Colegio Hogar 0-2 Pabellón Promesas
Escola DSF 5-1 Ourense CF
Pabellón B 3-1 Verín
Santa Mariña 0-1 Val Miñor B
Rápido Pereiro 5-1 Calasancio
Spórting Guardés 4-4 Arosa B
A Seca 3-0 UD Ourense

Próxima xornada

UD Ourense - Alondras
Salgueiriños - Ribadumia
Celta B - Arousa
Porriño - Colegio Hogar
Pabellón Promesas - Escola DSF
Ourense CF - Pabellón B
Verín - Santa Mariña
Val Miñor B - Rápido Pereiro
Calasancio - Spórting Guardés
Arosa B - A Seca