O Marcos Gómez conseguiu asustar a un Lugo B que acabou meténdose no partido ao final

O derbi lucense rematou en empate, despois de que o Viveiro se adiantara con dous goles, os albivermellos apertaron ata poñer o 2-2 no marcador

Grupo Norte

O grupo norte gozou esta fin de semana dun derbi lucense na Mariña que estivo máis competido do que se esperaría mirando a clasificación. O Viveiro recibiu ao Lugo B no Marcos Gómez e comezou adiantándose nunha primeira parte espectacular na que os da capital non conseguiron coller ritmo. Na segunda metade o Lugo quedou cun xogador menos e os locais asinaron o segundo a través de Christian. Malia isto, cando o Viveiro parecía telo todo baixo control, pegou un baixón que os deixou fora do partido. Feito, que aproveitaron os albivermellos para recuperar aire tralos cambios e igualar o marcador en menos de dez minutos. 

O duelo do Milagrosa tamén rematou en empate contra o Calasanz. Os da Coruña comezaron dominando na primeira metade, pero co paso dos minutos os de Lugo fixéronse co control do partido. Na segunda metade o Milagrosa tivo varias ocasións claras que o porteiro visitante logrou sacar baixo paus, pero o marcador se mantivo co 0-0 ata o final. 

Consulta a clasificación aquí 

VIVEIRO 2 - 2 LUGO

SD Viveiro: Diego, Xoel, Pablo, Xián, Iago, Christian, Manuel, Diego R, Saúl, Simón e Gabriel. Tamén xogaron Antón, Oscar F, Mateo e Saul A.
CD Lugo: Antón, Marcos, Jesús, Hugo, Lucas, Mateo, Pablo, Saúl, Gabriel, Jesús e Brais. Tamén xogaron Lois, Adrián, Héctor e Gael.
Goles: 1-0 (4'): Diego R. 2-0 (54'): Christian. 2-1 (59'): Adrián. 2-2 (67'): Héctor.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.

MILAGROSA 0 - 0 CALASANZ

SCD Milagrosa: Anxo, Hadrián, Martín, Lucas, Ezequiel, Pablo, Duarte, Caxide, Pablo Q, Diego I e Ian. Tamén xogaron Ismael, Javier, Mateo e Daniel.
CD Calasanz: Jorge, Demian, Enzo, Sergio, Iker, Yago, Iago, Naim, Yago S, Leandro e Javier. Tamén xogaron Roi, Anxo e Adrián.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Jorge Méndez López.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 13

San Tirso B 3-1 Xuventude Oroso B
Milagrosa 0-0 Calasanz
Dumbría 1-1 Imperátor
Victoria B 2-1 Ural B
Amio 1-3 Rácing Ferrol B
Boiro 4-1 Lalín
Montañeros 2-1 Galicia de Caranza
Conxo B 0-1 Bertamiráns
Narón O Freixo 1-0 Compostela
Viveiro 2-2 Lugo B

Próxima xornada

Xuventude Oroso B - Viveiro
Calasanz - San Tirso B
Imperátor - Milagrosa
Ural B - Dumbría
Rácing Ferrol B - Victoria B
Lalín - Amio
Galicia de Caranza - Boiro
Bertamiráns - Montañeros
Compostela - Conxo B
Lugo B - Narón O Freixo

 

Grupo Sur

Na lista do grupo sur, o Calasancio leva tres xornadas sen ver a vitoria. Esta vez caeu contra o Alondras no Morrazo nun choque moi igualado. Os monfortinos recibiron un primeiro gol en contra no minuto 10 tras un erro defensivo un balón largo, pero dende aí a primeira parte foi súa e tiveron varias ocasións claras a través de Juan. Tralo paso polos vestiarios a entrada de Mateo e Beñat deulles precisión no medio campo, pero non conseguiron xerar tanto perigo, ata que, no minuto 68, Jacobo pon o 1-1 de cabeza nunha falta lateral. A falla de tres minutos para o final, un remate de Beñat converteuse xogada polémica, xa que os do Calasancio pediron penalti por man, pero o árbitro non o considerou.

Consulta a clasificación aquí 

ALONDRAS 2 - 1 CALASANCIO

Alondras CF: Unai, Luca, Lucas, Manuel, Xabier, Brais, Anxo, Andre, Nicolás, Iker e Marcos. Tamén xogaron Iker F e Xesús.
CP Calasancio: Javier, Izan, Manuel, Javier D, Iván, Senén, Julio, Miguel, Alejandro, Jacobo e Juan. Tamén xogaron Mateo, Beñat e Miguel R.
Goles: 1-0 (9'): Andre. 2-0 (49'): Anxo. 2-1 (69'): Jacobo.
Árbitro: Alejandro Gomez Cerqueiro.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 13

Pabellón B 1-2 Santa Mariña
Escola DSF 2-2 Rápido Pereiro
Colegio Hogar 3-0 Spórting Guardés
Arousa 3-0 A Seca
Ribadumia 0-2 Arosa B
Alondras 2-1 Calasancio
Salgueiriños 2-2 Val Miñor B
Celta B 2-0 Verín
Porriño 1-2 Ourense CF
UD Ourense 4-0 Promesas

Próxima xornada

Santa Mariña - UD Ourense
Rápido Pereiro - Pabellón B
Spórting Guardés - Escola DSF
A Seca - Colegio Hogar
Arosa B - Arousa
Calasancio - Ribadumia
Val Miñor B - Alondras
Verín - Salgueiriños
Ourense CF - Celta B
Promesas - Porriño