O Lugo B mantén a boa xeira con nove xornadas consecutivas puntuando

Nesta quenda superou pola mínima ao Compostela o que lle fixo achegarse a tan só dous puntos do Conxo B, terceiro clasificado do grupo norte

Grupo Norte

O Lugo B mantén a cuarta posición con 24 puntos despois de gañar pola mínima ao Compostela. O duelo comezou cun conxunto local moi repregado que cedeu o balón aos lucenses, que na primeira metade tiveron as máis claras nun man a man de Adrián e un tiro claro de García. No segundo tempo mantívose a mesma tónica, pero despois de varias ocasións de perigo chegou o gol para os albivermellos, unha xornada individual de Adrián que rematou cun pase a Hugo que fixo un moi bo tiro cruzado e puxo o 0-1. O Compostela deu un paso adiante e o Lugo aproveitouno con contraataques, pero non conseguiu enchufar máis.

En canto ao Milagrosa, levouse un punto unha xornada máis. Os lucenses disputaron un partido máis igualado do esperado contra o Xuventude Oroso. Nos primeiros minutos non houbo un dominador claro, pero o Milagrosa adiantouse a través de Nicolás. En pouco máis de dez minutos o porteiro visitante provocou un penalti que deixou o 1-1 no marcador ao descanso. No segundo tempo os lucenses tiveron o 1-2 nun penalti que non lograron enchufar e, aínda que nos últimos minutos os dous equipos puideron decantar o marcador, o partido rematou co empate.

No caso do Viveiro, saíra da mala xeira sumando un punto a pasada xornada, pero esta quenda volveu quedar sen sumar contra o San Tirso B. Os celestes tiveron a oportunidade de abrir o marcador nunha xogada de Álvaro e Gabri, pero foron os do San Tirso quen chegaron á rede primeiro. Antes do descanso os da Mariña fóronse do partido e recibiron o 2-0. Á volta do intermedio volveron a competir e Diego puido facer o 2-1 nun man a man. Malia isto, os celestes volveron desaparecer e remataron recibindo dous goles máis.

Consulta a clasificación aquí 

COMPOSTELA 0 - 1 LUGO B

SD Compostela: Roberto, Lucas, Anxo, Jesús C, Diego, Pablo, Álvaro, Manuel, Borja, Roi e Ángel. Tamén xogaron Francisco L, André e Marcos.
CD Lugo: Martín, Sergio, Adrián, Yago, Mateo, Pablo, Saúl, Gael, Héctor, Brais e Lois. Tamén xogaron Lucas, Jesús, Hugo e Jesús.
Goles: 0-1 (71'): Hugo.
Árbitro: Julio Jose Martínez Barral.

SAN TIRSO B 4 - 0 VIVEIRO

San Tirso SD: Lucas, Bruno, Yago, Mateo, Lucas R, Martín, Leo, Daniel, Alberto, Adrián e Teo. Tamén xogaron Julián, Iago, Ismael e David.
SD Viveiro: Diego, Xoel, Pablo, Iago, Christian, Manuel, Diego R, Álvaro, Saúl, Simón e Gabriel. Tamén xogaron Mateo, Antón, Andrés, Luís e Sergio.
Goles: 1-0 (31'): Lucas R. 2-0 (32'): Daniel. 3-0 (78'): Teo. 4-0 (80'): Lucas R.
Árbitro: Diego Seoane Sánchez.

XUVENTUDE OROSO 1 - 1 MILAGROSA

ED Xuventude Oroso: Yago, Iago, Darío, Marco, Miguel, Jacobo, Darío P, Ignacio, Diego, Yago R e Daniel. Tamén xogaron Hugo, Alejandro, Mateo, Gael e Alberto.
SCD Milagrosa: Anxo, Hadrián, Javier, Daniel, Martín, Nicolás, Lucas, Ezequiel, Martín A, Pablo e Diego I. Tamén xogaron Mateo, Duarte, Pablo T e Daniel L.
Goles: 0-1 (24'): Nicolás. 1-1 (32'): Darío, de penalti.
Árbitro: Daniel Rodríguez Munín.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 12

San Tirso B 4-0 Viveiro
Xuventude Oroso B 1-1 Milagrosa
Calasanz 3-0 Dumbría
Imperátor 1-3 Victoria B
Ural B 2-1 Amio
Rácing Ferrol B 2-2 Boiro
Lalín 1-1 Montañeros
Galicia de Caranza 4-0 Conxo B
Bertamiráns 2-1 Narón O Freixo
Compostela 0-1 Lugo B

Próxima xornada

San Tirso B - Xuventude Oroso B
Milagrosa - Calasanz
Dumbría - Imperátor
Victoria B - Ural B
Amio - Rácing Ferrol B
Boiro - Lalín
Montañeros - Galicia de Caranza
Conxo B - Bertamiráns
Narón O Freixo - Compostela
Viveiro - Lugo B

 

Grupo Sur

O Calasancio sacou un punto tras empatar sen goles contra o Salgueiriños. O duelo estivo moi igualado, os de Monforte encontráronse cun equipo moi físico que apostou por manterse repregado e buscar os contragolpes. Na primeira metade houbo moita disputa, balóns áreos e segundas xogadas. A única ocasión clara tivérona os de Carlos Fontal, nun man a man contra o porteiro de Julio que definiu por riba da portería. Tralo paso polos vestiarios o duelo seguiu polos mesmos derroteiros, o Salgueiriños puido abrir o marcador nunha falta que sacou Manu entre paus, na que quedou o balón morto na área, pero remataron ao pau. A falla de cinco minutos, volveu ter outra o Calasancio, unha xogada de Juan por banda que acaba nun centro que enganchou Julio no punto de penalti, pero que volveu mandar para fóra.  

Consulta a clasificación aquí 

CALASANCIO 0 - 0 SALGUEIRIÑOS

CP Calasancio: Manu Morillo, Senen, Javi, Noé, Izan, Julio, Jacobo, Miguel, Juan, Ríos e Migui. Tamén xogaron Mateo, Guiti, Iván e Lagoa.
Salgueiriños CF: Borja, Óliver, Pablo, Mario, Jorge, José, Luís I, Adrián, Daniel, Pablo C e Sergio. Tamén xogaron Alejandro, Gael, Gabriel e Raúl.
Goles: Sen goles.
Árbitro: Óscar Cabañas López.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 12

Pabellón B 2-2 UD Ourense
Santa Mariña 3-0 Escola
Rápido Pereiro 6-2 Colegio Hogar
Spórting Guardés 3-2 Arousa
A Seca 1-2 Ribadumia
Arosa B 2-0 Alondras
Calasancio 0-0 Salgueiriños
Val Miñor B 1-2 Celta B
Verín 1-0 Porriño
Ourense CF 1-0 Pabellón

Próxima xornada

Pabellón B - Santa Mariña
Escola DSF - Rápido Pereiro
Colegio Hogar - Spórting Guardés
Arousa - A Seca
Ribadumia - Arosa B
Alondras - Calasancio
Salgueiriños - Val Miñor B
Celta B - Verín
Porriño - Ourense CF
UD Ourense - Pabellón