O Residencia e o Lugo seguen en boa xeira

Ámbolos dous equipos seguen empatados a puntos na metade da táboa tras gañar ao Ribeira e ao Amio

Masculina Grupo Norte

A Galega cadete volveu ao verde tralo parón do Entroido e no grupo Norte os dous equipos lucenses seguen sumando puntos. O Residencia leva tres vitorias consecutivas despois de superar ao Ribeira na casa. O equipo de Lugo fixo un partido moi completo, na primeira metade mantivéronse xuntos saíndo nas contras e antes do descanso logrou adiantarse. Na segunda metade seguiron mantendo un bo ritmo, Joel anotou o segundo e en menos de dez minutos Pablo consegue meter o balón baixo paus. Ao final, unha vaselina de Uriel deixou o marcador co 4-0 definitivo.

No caso do Lugo, impúxose ao Amio coa mesma diferenza de goles, pero a domicilio. Os albivermellos foron moi superiores durante os 80 minutos, adiantáronse a través de Rubén cun golpeo dende fóra da área. En quince minutos chegou o 2-0, nun remate de cabeza de Aarón tras unha transición. Hugo tivo varias para ampliar o marcador ao descanso. Logo da pausa o ritmo seguiu igual e Unai fixo o terceiro tras un golpeo de falta. A Hugo chegoulle o premio no minuto 70 tras un roubo en saída de balón que foi o 0-4. O Lugo aínda tivo máis ocasións de Dani e Hugo, que non entraron.

Consulta a clasificación aquí

RESIDENCIA 4 - 0 RIBEIRA

SD Residencia: Pablo, Adrián, David, Joel, Javier, Jonas G, Jorge, Manuel, Pablo C, Samuel e Uriel. Tamén xogaron Iván, Anés, Gael, Mauro e Unay.
Cidade De Ribeira CF: Daniel, Joel, Pepe, Anxo, Raúl, Martín, Telmo, Cibrán, Miguel, Miguel G e Brais. Tamén xogaron Jonathan, Ibrahim, Hugo, Alejandro e Antón.
Goles: Manuel, Joel, Pablo e Uriel para o Residencia.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

AMIO 0 - 4 LUGO B

Amio SD: Olmo, Nicolás, Hugo, Víctor, Diego, Anxo E, Manuel, Rodrigo, Jesús, Anxo e Roi. Tamén xogaron Dani, Anxo M e Mario.
CD Lugo B: Carlos, Unai, Miguel, Diego A, Javier, Aron, Brais, Pablo, Hugo, Hugo H e Rubén. Tamén xogaron Iker, Daniel, Raúl, Nicolás e Javier F.
Goles: Rubén e Arón, Unai e Hugo para o Lugo B.
Árbitro: Rubén Calviño Pensado.

 

Resultados xornada 22

San Tirso B 2 5 Bergantiños
Residencia 4 0 Ribeira
Calasanz 2 3 Boiro
Galicia de Caranza 1 0 Rácing Ferrol
Ural B 2 0 Victoria B
Bertamiráns 2 3 Compostela
Amio 0 4 Lugo B
Imperátor 1 1 Conxo B
Eume Deportivo 1 2 Narón O Freixo

Próxima xornada

Narón O Freixo - - San Tirso B
Bergantiños - - Residencia
Ribeira - - Calasanz
Boiro - - Galicia de Caranza
Rácing Ferrol B - - Ural B
Victoria B - - Bertamiráns
Compostela - - Amio
Lugo B - - Imperátor
Conxo B - - Eume Deportivo

 

 

Masculina Grupo Sur

No grupo Sur, o Calasancio conseguiu levarse un punto do partido contra o Poio, equipo que loita por afastarse da zona de descenso. A primeira metade foi competida, os de Monforte competiron de ti a ti e os infantis fixeron un moi bo papel. Nos primeiros minutos, despois dun par de ocasións claras, os lucenses viron un penalti ao seu favor por man dos rivais que acabou convertendo Martiño. Á media hora do duelo os visitantes conseguiron empatar nun córner e co 1-1 se foron ao descanso.

Despois do intermedio os cambios fixeron mellorar ao Calasancio e tiveron un par moi claras, incluída unha falta de Óliver que parou o porteiro visitante. Nos últimos quince minutos comezou a notarse a fatiga, o Poio apertou e tivo varios tiros con perigo que non entraron. O equipo local sufriu, pero aínda tivo unha ocasión para poñerse por diante de Cortiñas que se foi rozando o pau.

Consulta a clasificación aquí

 CALASANCIO 1 - 1 POIO

CP Calasancio: Adrián, Pablo, Adrián R, Roi, Manuel A, Óliver, Alejandro, Adrián G, Javier, Martiño e Alejandro R. Tamén xogaron Manuel, Alejandro V, Luis M, Yoel e Hugo.
CFB Poio: Mateo, Miguel Á, Fabian, Jimmy A, Anxo, Iván, Xabier, Carlos, Pablo, Mikel e Adrián. Tamén xogaron Alejandro, Aitor e Francisco.
Goles: Martiño, de penalti, para o Calasancio. Iván para o Poio.
Árbitro: Saúl López Parga.

 

Resultados xornada 22

Calasancio 1 1 Poio
Porriño Industrial 2 5 Alondras
Arosa B 0 0 A Seca
Val Miñor B 3 0 Pabellón B
Celta B 3 1 Pontevedra
Santa Mariña 2 2 Escola DSF
Lérez 0 2 Choco
Arenteiro 1 1 Arousa
Rápido Pereiro 1 0 Comesaña

Próxima xornada

Comesaña - - Calasancio
Poio - - Porriño Industrial
Alondras - - Arosa B
A Seca - - Val Miñor B
Pabellón B - - Celta B
Pontevedra - - Santa Mariña
Escola DSF - - Lérez
Choco - - Arenteiro
Arousa - - Rápido Pereiro

 

Feminina Grupo 1

Na Galega feminina só puxo a camiseta o Milagrosa, pois o Friol xa xogara o partido contra o Lalín a semana pasada. As albivermellas recibiron ao Val no Luis Gorgoso, mais non conseguiron levarse os puntos. Na primeira metade as visitantes conseguiron abrir o marcador e, aínda que o equipo de Lugo mantívose con opcións ata a segunda metade, un gol no 70 a favor do Val certificou o triunfo.

Consulta a clasificación aquí

MILAGROSA 0 - 2 O VAL

SCD Milagrosa: Carmen, Lucía, Sheila M, Adriana, María, Antía, Rosalía, Mónica, Nerea, Daniela e Ainara. Suplentes: Maria E, Aroa, Susana, Sabela e Itziar.
SD O Val: Antía, Estela, Raquel, Sofia, Marina, Irene, Andrea, Celtia, Noa, Lucia e Icía. Suplentes: Antía D, Valeria e Alicia.
Goles: Valeria e Estela para O Val.
Árbitro: Adrián López Bermúdez.

 

Resultados xornada 19

Victoria 0 5 Orzán
Milagrosa 0 2 O Val
Órdenes 0 5 Amistade
Cambre 2 5 Pastoriza
Silva 6 0 Santa Cruz
Dumbría 2 3 Bergantiños
Lalín 2 3 Friol
  D Cerqueda

Próxima xornada

O Val - - Orzán
Amistade - - Milagrosa
Pastoriza - - Órdenes
Santa Cruz - - Cambre
Cerqueda - - Silva
Friol - - Dumbría
Lalín - - Victoria
  D Bergantiños