Remata a competición en Primeira con só o Monforte sumando puntos

Fóra da zona de loita polo título, só lle resta ao Chantada a semifinal de Copa, que xogará a próxima fin de semana
LPI MONFORTE-SANTA TERESIÑA2
photo_camera LPI MONFORTE-SANTA TERESIÑA2

Primeira

O Monforte sacou os tres puntos da xornada, a última da competición, e fíxoo cunha vitoria clara ante o Ribadavia, equipo da parte baixa.

O monfortino foi contundente e aos 5 minutos de partido xa tiña dous goles subidos ao marcador que foron tres antes de finalizar a primeira parte. Xusto á volta Diego López pechou o seu hat trick persoal para poñer o cuarto e último gol para o visitante. O Ribadavia logrou abrir a súa conta no ecuador da primeira parte e achegouse co segundo e último sobre o asubío final.

Consulta a clasificación aquí

Caeu polo tanto derrotado o Calasancio, que remata na décima posición da táboa e faino ante o Ourense CF B, equipo situado por baixo na táboa. Non lle valeu de nada o apoio do seu público aos monfortinos que encaixaron o primeiro tanto nada máis comezar o partido.

Empataron rápido pero non foi ata avanzada a segunda metade cando o rival púxose por diante con dous goles seguidos que o Calasancio non foi capaz de superar.

Moito máis abrumadora foi a derrota do Chantada ante o líder e candidato ao ascenso, Pabellón ED Ourense. 0-6 caeron os locais, que encaixaron un 0-3 de parcial no descanso, o último tanto xusto antes do asubío. Á volta de vestiarios volveron marcar rápido os visitantes que remataron cun último tanto xa no desconto.

RIBADAVIA 2 - 4 MONFORTE

Ribadavia Atlético: Izan, Sergio, Daniel, Iago, Erika, Yago, Dámaso, Mateo, Raúl, Saúl e Kevin. Tamén xogaron Brais, Alejandro, Hugo, Lucas e Iván.
CF Monforte: Asier, Alexandre, Aldara, Hugo, Uxío, Diego, Érik L, Sharon, Lucas, Érik F e Brais. Tamén xogaron Santiago, Carlos, Lucas L e Izhar.
Goles: Daniel e Iván polo local e Diego (3) e Sharon polo Monforte.
Árbitro: José Carlos Losada Guitérrez.

CALASANCIO 1 - 3 OURENSE CF B

CP Calasancio: Matías, Mateo, Adrián, Diego, Roi, Germán, Alejandro, Fabián, Luca, Igancio e Noé. Tamén xogaron Márkel, Francisco, Martiño, Efrén e Iván.
Ourense CF B: Edwin, Sebastián, Mamadou, Theo, Rubén, Miguel, Edgar, Hugo, Ismael, David e Añel. Tamén xogaron Daniel, Xacobo, Mateo, Alejandro e Asier.
Goles: 0-1 (2'): Miguel. 1-1 (11'): Luca. 1-2 (56'): Miguel. 1-3 (60'): Daniel.
Árbitro: Pedro Fernández Parada.

CHANTADA 0 - 6 PABELLÓN ED

ED Chantada: Lucas, Martín, Óscar, Adrián González, Mateo, Gael, Mario L, Pablo, Yago, Francisco e Adrián Gómez. Tamén xogaron Gabriel, Mario, Piero, Isaac e Adrián V.
Pabellón ED Ourense:  Daniel, Alejo, Daniel P, Lalo, Guillermo, David, Álvaro G, José, Álvaro V, Hugo e Íker I. Tamén xogaron Pablo, Gabriel, Diego, Pedro e Íker F.
Goles: Alejo, Pedro, Diego (2). Íker I e Lalo. 
Árbitro: David Vázquez Requejo.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 30

A Purísima - Maceda
Calasancio 1-3 Ourense CF B
Bosco 4-0 Allariz
Arenteiro 4-5 Celanova
Santa Teresita 2-3 Xinzo
Ribadavia 2-4 Monforte
UD Ourense B 0-7 Rúa
Chantada 0-6 Pabellón ED Ourense 

 

Copa Deputación Primeira

O Chantada disputará a próxima fin de semana, a semifinal da Copa Deputación contra o Maceda a domicilio. Este é o único equipo que sobrevive na competición.

 

COPA DEPUTACIÓN OURENSE INFANTIL

Semifinais (20/05)

Celanova - Chantada
Maceda - Ourense CF B

 

Segunda

A falta de catro xornadas para a finalización da Liga, o Monforte B caeu derrotado a domicilio esta fin de semana ante o Pereiro Aguiar (3-1).

No ecuador do primeiro tempo o local abriu o marcador e pouco despois o Monforte B o igualaba cun penalti. Foi na segunda cando o Pereiro colleu a vantaxe de dous goles, o último deles xa sobre o asubío final.

Consulta a clasificación aquí

O Calasancio B caeu esta fin de semana ante o Xinzo B por 2-1, equipo da parte alta. O conxunto dos Escolapios foi o primeiro en adiantarse e fíxoo xa antes do descanso. Pero finalmente sería o rival o que se levaría os tres puntos con dous goles no segundo tempo. O Calasancio B tivo tempo para remontar pero non logrou superar ao equipo rival.

XINZO B 2 - 1 CALASANCIO B

EDC Xinzo B: Hugo, Aitor, Dylan, Álex, Brais, Tania, Aimar, David, Gabriel, Mohamed e Xoel. Tamén xogaron Brais, Xosé, Eloy, Brais e Adrián.
CP Calasancio B: Gorka, Marcos, Arnau, Erea, Mateo, Alejandro, Hugo R, Aymen, Wilmer, Roi, Miguel e Enzo. Tamén xogaron Héctor, Samuel, Saad Al Lah e Antonio.
Goles: 0-1 (34'): Roi. 1-1 (56'): Adrián. 2-1 (69'): Mohamed.
Árbitro: Celia Feijoo Pazos.

PEREIRO AGUIAR 3 - 1 MONFORTE B

CDC Pereiro Aguiar: Mario, David, Miguel, Xurxo, Brais, Kevin, Luca, Pablo, Hugo C, Hugo S e Camilo. Tamén xogaron Diego e Izan.
CF Monforte B: Clay, Raúl, William, Hugo, Rayan, Álex G, Pepe, Pau, Álex P, Héctor e Fabrizio. Tamén xogaron Sara e Adrián.
Goles: Brais, Kevin e Diego polo local e Álex P de penalti para o Monforte B.
Árbitro: Hugo López Fernández.

 

SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 30

Barbadás B 2-1 Amencer
Terras de Maside 2-1 Verín B
Pabellón ED Ourense B 0-1 Cented Academy
Rúa B 10-1 Arenteiro B
Velle   2-3 Bosco B
Xinzo B 2-1 Calasancio B
A Peroxa 3-3 A Purísima B
Pereiro Aguiar 3-1 Monforte B
Polígono San Ciprián 1-4 Pabellón Ourense CF B

Próxima xornada

Pabellón Ourense CF B - Barbadás B
Amencer - Terras de Maside
Verín B - Pabellón ED Ourense B
Cented Academy - Rúa B
Arenteiro B - Velle
Bosco B - Xinzo B
Calasancio B - A Peroxa
A Purísima B - Pereiro Aguiar
Monforte B - Polígono San Ciprián