Vitorias contundentes dos dous equipos monfortinos e un punto para o Chantada

Un marcador a favor pola mínima foi o resultado que trouxo os puntos para a provincia na Segunda División
LPI CALASANCIO B-MONFORTE B2
photo_camera LPI CALASANCIO B-MONFORTE B2

Primeira

Un póker de goles de Érik Lugilde deu a vitoria clara e contundente ao Monforte esta fin de semana contra o Allariz.

1-6 foi o resultado final dun duelo que o Allariz liderou no marcador ata o minuto 28, cando un penalti puxo o empate. Unha vez aberta a caixa, o Monforte xa se puxo por diante antes da pausa e, á volta, non tardaría moito en abrir fenda. A goleada deuse por finalizada a quinte minutos do final.

Igual de contundente foi o Calasancio co Ribadavia, ao que venceu 6-1. Yoel abriu a conta aos 6 minutos de xogo e con ese único gol marcharon ao descanso. Na segunda, Luca fixo un dobrete xusto á volta, ao que se sumou outro de Martiño, o que poñía as cousas máis definidas. 

Coa vitoria xa á vista, Martiño de novo e Samuel pecharon a conta tralo gol do rival.

Consulta a clasificación aquí

O Chantada tamén sacou un punto do duelo co Arenteiro a domicilio no que o resultado foi de 1-1. Os dous goles foron dos chantadinos, o primeiro en propia porta e ambos xa na segunda parte. Non aporta moito ao equipo este resultado, que non os empuxa á parte alta.

CALASANCIO 6 - 1 RIBADAVIA

CP Calasancio: Matías, Mateo, Adrián, Yoel, Roi, Germán, Luca, Iván, Samuel, Martiño e Noé. Tamén xogaron Diego, Marco, Fabián, Efrén e Marcos.
Ribadavia Atlético: Brais, Alejandro, Hugo, Sergio, Erika, Mateo, Raúl, David, Iván, Javi e Kevin. 
Goles: Yoel, Luca (2), Martiño (2) e Samuel polo local e Iván polo visitante.
Árbitro: Alberto López Álvarez.

ALLARIZ 1 - 6 MONFORTE

CD Allariz: Adrián, Nicolás, Ilan, Iván, Pelayo, Xacobe, Rafael, Lucas, Anxo, Hugo e Alexandre. Tamén xogaron Lucas, Carlos, Simón, Nicolás e Martín.
CF Monforte: Santiago, Carlos, Aldara, Hugo, Enmanuel, Uxío, Érik L, Sharon, Lucas R, Érik F e Izhar. Tamén xogaron Brais, Yatlem, Diego e Lucas L.
Goles: Lucas polo Allariz e Érik L (4, un de penati), Diego e Hugo polo Monforte.
Árbitro: Cristian Rodríguez Pires.

ARENTEIRO 1 - 1 CHANTADA

CD Arenteiro:  Brais, Matías, HUgo, Gerardo, Anxo, Paulo, Álex, Santiago, Enzo, Diego e Alfonso. Tamén xogaron Bruno, Sergio, Justin, Alexandre e Cristian.
ED Chantada: Lucas, Martín, Óscar, Adrián González, Mateo, Gael, Mario, Pablo, Yago, Adrián V e Francisco. Tamén xogaron Xabier, Gabriel, Isaac, André e David.
Goles: 1-0 (46'): en propia porta do Chantada. 1-1 (55'): Martín.
Árbitro: Mateo Shery Díaz.

 

PRIMEIRA PROVINCIAL INFANTIL SUR

Resultados xornada 22

Celanova 1-3 Xinzo
Allariz 1-6 Monforte
Ourense CF B 0-3 Rúa
Maceda 0-6 Pabellón ED Ourense 
A Purísima 5-0 UD Ourense B
Calasancio 6-1 Ribadavia
Bosco 5-0 Santa Teresita
Arenteiro 1-1 Chantada

Próxima xornada 

Chantada - Celanova
Xinzo - Allariz
Monforte - Ourense CF B
Rúa - Maceda
Pabellón ED Ourense - A Purísima
UD Ourense B - Calasancio
Ribadavia - Bosco
Santa Teresita - Arenteiro

 

 

Segunda

O Monforte B sacou tres puntos da fin de semana por un único e solitario gol de Pepe.  Vitoria foi ante o Amancer, equipo da parte baixa, que lle permite seguir na zona morna da táboa, por riba do Calasancio B por un punto.

Consulta a clasificación aquí

Pola súa banda, o Calasancio B caeu ante o Cented Academy tamén a domicilio e tamén cun axustado marcador.

2-1 foi o resultado do duelo no que o local, que foi moi xusto de efectivos, puxo pronto de cara. De feito, aos 19 minutos xa tiña o 2-0, mesmo resultado co que chegaron ao descanso. 

Na segunda metade, Jorge foi o encargado de achegarse no marcador pero non lograron pasar de aí.

CENTED ACADEMY 2 - 1 CALASANCIO B

Cented Academy: Rubén, Alejandro, Íker, Miguel A, Manuel, Mauro, Marcos, Aldán, Luis, Adrián e Iván. Tamén xogou Álex.
CP Calasancio B: Gorka, Marcos, Erea, Alejandro, Mateo, Roi, Hugo R, Wilmer, Jorge V, Aymen e Hugo B. Tamén xogaron Pau, Miguel e Samuel.
Goles: 1-0 (14'): Iván. 2-0 (19'): Marcos. 2-1 (67'): Jorge.
Árbitro: Adrián Rodríguez Fernández.

 AMENCER 0 - 1 MONFORTE B

AXD Amencer: Salvador, Gabriel, Pablo, Bruno, Álvaro, Martín, Matías, Samuel, Alejandro, Xacobe e Aarón. Tamén xogaron Mateo, Lucas I, Yeray, Nicolás e Lucas J
CF Monforte B: Clay, Andy, Angie, Hugo, Álex G, Pepe, Pau, Álex P, Adrián, Mateo e Gareth. Tamén xogaron Martín, Noa, William, Leyre e Rubén.
Goles: Pepe no minuto 60.
Árbitro: Manuel Jiménez Domínguez.

 

SEGUNDA PROVINCIAL INFANTIL SUR 

Resultados xornada 22

Arenteiro B 0-9 Bosco B
Cented Academy 2-1 Calasancio B
Verín B 2-0 A Purísima B
Amencer 0-1 Monforte B
Barbadás B 2-8 Polígono San Ciprián
Terras de Maside 3-3 Pereiro Aguiar
Pabellón ED Ourense B 9-1 A Peroxa
Rúa B 0-2 Xinzo B
Velle   1-7 Pabellón Ourense CF B

Próxima xornada

Pabellón Ourense CF B - Arenteiro B
Bosco B - Cented Academy
Calasancio B - Verín B
A Purísima B - Amencer
Monforte B - Barbadás B
Polígono San Ciprián - Terras de Maside
Pereiro Aguiar - Pabellón ED Ourense B
A Peroxa - Rúa B
Xinzo B - Velle