O Lugo cadete fíxose coa vitoria pola mínima e no último minuto tras un acoso constante ao rival

O Viveiro fixo fronte ao Deportivo na primeira parte, co que chegou a estar 2-2, e o infantil caeu ante o Arosa, que foi superior

División de Honra Cadete

O Lugo fíxose cos tres puntos no último minuto do duelo contra o Bergantiños tras un partido no que atacou continuamente.

Tanto a primeira como a segunda parte mantiveron a mesma dinámica. O Lugo plantexou un partido máis combinativo, pero o Bergantiños optou por pecharse atrás, en especial cando o Lugo superou os problemas que tivo no primeiro tempo para conectar cos centrais.

O rival centrouse polo tanto en defender mentres o Lugo comezou un acoso e derrube con continuas chegadas que non atopaban o rematador. Centráronse os albivermellos en facer dano polas bandas xa que o centro estaba complicado. 

Con esta dinámica infructuosa chegaron ao final e no último minuto o Bergantiños despistouse e deixou un oco por onde se coou Lucas para marcar o gol de ouro que deu os tres puntos.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro caeu ante o Deportivo, pero o equipo coruñés tivo que loitar moito no tramo inicial. O equipo mariñao empezou mal o partido xa que na primeira xogada encaixou un gol, nun centro lateral esquerdo que cambiou de banda. 

Con este gol os viveirenses asentáronse no terreo de xogo e nun roubo arriba marcaron o tanto do empate na contra. O segundo do Deportivo chegou nunha xogada similar á primeira cun remate ao segundo pau, pero os de Samuel non se renderon e provocaron un penalti para irse ao descanso de novo con empate.

O Cantarrana con moita auga no céspede non axudou a ningún dos dous a ofrecer un bo fútbol e costoulles xogar e mesmo ao Deportivo xerar ocasións. 

Cando comezou ao segundo tempo, un balón parado nun córner pechado rematou na rede celeste. Tamén a balón parado chegou o cuarto tras un saque de esquina e nese momento o cansazo xa pasou factura e o equipo non puido facer moito máis e acabou cun tanto máis en contra.

VIVEIRO 2 - 5 DEPORTIVO

Viveiro CF: Mateo, Justin, Mauro, Diego, Unai, Iago, Claudio, Matías, Gabriel, Xoel e Sasha. Tamén xogaron Saúl, Pablo G, Alejandro e Francisco.
RC Deportivo: Anxo, Carlos, Uxío, Samuel, Pablo, Telmo, José, Lucas, Rubén, Nicolás e Xián. Tamén xogaron Iván, Daniel, André e Samba.
Goles: Xoel e Sasha (de penalti) polo Viveiro e Lucas, Rubén (2), Telmo e Daniel polo Deportivo.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

                   

LUGO 1 - 0 BERGANTIÑOS

CD Lugo: Xabier, Raúl, Mateo C, Manuel, Aarón, Mateo M, Aimar, Xabier, Lucas, Martín e Adrián. Tamén xogaron Diego, Yago, Mateo D e Gael.
Bergantiños CF: Martín, Brais, Manuel, Fabián, Eli, Adrián, Iván, Sergio, Hugo, Alejandro e Joel. Tamén xogaron Asier, Alberto, Hugo e Nicolás.
Goles: Lucas no minuto 80.
Árbitro: José Luis Fraga Torres       

 

 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 26

Val Miñor 2-1 Rápido de Bouzas
Lugo 1-0 Bergantiños
Lérez 1-3 Arosa
Celta 2-1 Ferrol
Pabellón Ourense 3-1 Pontevedra
Ural 2-1 San Tirso
Conxo 1-2 Xuventude Oroso
Viveiro CF 2-5 Deportivo
Areosa 0-0 Victoria CF
Coruxo 2-1 Choco

           Próxima xornada 

Choco - Val Miñor
Rápido de Bouzas - Lugo
Bergantiños - Lérez
Arosa - Celta
Ferrol - Pabellón Ourense
Pontevedra - Ural
San Tirso - Conxo
Xuventude Oroso - Viveiro CF
Deportivo - Areosa
Victoria CF - Coruxo

 

 

División de Honra infantil

O Lugo infantil caeu ante un rival que foi superior, subre todo nos pirmieros 20 minutos. O Arosa tivo un par de chegadas con moito perigo e logrou colocar moitos centros facendo traballar a Álvaro baixo paus, que fixo dúas boas paradas.

O Lugo viu estrelarse no seu largueiro un balón con intención de gol e sufriu moito a balón parado ante xogadores máis grandes e fortes. Finalmente abriron a conta os visitantes cun centro desde a banda que rematan de cabeza sen que o Lugo tivese algunha ocasión.

Na segunda metade igualouse o duelo e tiveron un pouco máis o balón. Incluso tiveron a oportunidade de empatar, que finalmente non entrou. Nun centro raso mal despexado, o Arosa marcou o segundo e no houbo opción de cambiar o resultado. 

Consulta aquí a clasificación

LUGO 0 - 2 AROSA

CD Lugo: Álvaro, Pedro, Daniel R, Raúl, Daniel A, Arón, Hugo R, Íker, Javier, Hugo H e Rubén. Tamén xogaron Leo, Brais, Jean Paul e Cristian.
Arosa SC: Lucas, Raúl, Jacobo, Mario, Antón, Xavi, Damián, Elías, Alberto, Nicolás e Izham. Tamén xogaron Sergio, Marcos, Xavi e Iago.
Goles: Elías no minuto 33' e Xavi no 55'.
Árbitro: Jorge Méndez López.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 23

Deportivo 8-1 Cidade de Ribeira
Lugo 0-2 Arosa
Bergantiños 0-0 Santa Mariña
Pabellón Ourense 4-4 Celta
Ural 0-2 San Tirso
Conxo 0-1 Portero 2000
Victoria FC 2-5 Areosa
DSF 0-0 Val Miñor

Próxima xornada

Arosa - Cidade de Ribeira
Santa Mariña - Lugo
Celta - Bergantiños
San Tirso - Pabellón Ourense
Portero 2000 - Ural
Areosa - Conxo
Val Miñor - Victoria FC
DSF - Deportivo