Empate a dous no derbi Milagrosa-Vilalbés e primeiras vitorias para os mariñaos

Os da capital e os chairegos repartiron os puntos no Luís Gorgoso. O Viveiro e o Ribadeo conseguiron triunfar contra o Dumbría e o Val

O primeiro derbi lucense da nova campaña da Galega xuvenil rematou en táboas, despois de que o Milagrosa conseguira empatar ao Vilalbés na segunda parte. Os conxuntos da Mariña, conseguiron as primeira vitorias do curso, mentres que o Residencia foi derrotado en Carballo. 

O enfrontamento provincial comezou moi disputado, pero o Milagrosa tomou a dianteira no minuto 10 cun bo tiro dende fóra da área de Gabri. O Vilalbés reaccionou e tivo oportunidades para empatar, pero non o fixo ata a segunda metade. Aproveitando a mala saída dos locais lograron adiantarse con dous goles de cabeza de Alfredo e Alberto. Dende aí, idas e voltas ás áreas e ocasións para ambos equipos. Foi Juan quen tivo o acerto no minuto 75 para que o Milagrosa conseguira o empate. 

Despois de dous xornadas repartindo puntos, o Viveiro ao fin conseguiu levarse os tres puntos. Foi contra o Dumbría nun duelo que comezaron con moita intensidade. Saíulles o traballado nos adestramentos e á media hora xa ían 0-3 grazas a accións combinatorias e pases en profundidade. Na segunda metade os locais morderon un pouco máis, pero os celestes contiveron a defensa. Os cambios déronlles máis pegada e chegaron o 0-4, gol de Lucas no seu debut tras lesión, e o 0-5, co dobrete de Xoel. 

O outro conxunto mariñao, o Ribadeo, sumou por primeira vez no que vai de curso contra O Val. O Pepe Barrera acolleu un partido disputado e con ocasións dos dous equipos, no que destacou a calidade individual dos locais. Ignacio fíxose co protagonismo da primeira metade anotando os dous primeiros tantos para os mariñaos. Despois do intermedio Aarón Ares fixo o terceiro, como os anteriores, tras un centro a área desde banda. O Val achegouse no marcador, pero o Ribadeo, tras fallar un penalti, sentenciou co 4-1de Óscar.  

Para o Residencia a fin de semana foi máis amarga. Os albicelestes caeron contra o Bergantiños B nun choque para esquecer. Saíron ao verde faltos de actitude e cometendo moitos erros, o que lles levou a perder xa 0-4 ao descanso. Tralo paso polos vestiarios intentaron cambiar a dinámica e melloraron coas incorporacións do banco, tendo xa algunha ocasión. Conseguiron facer un gol de penalti na recta final do partido, pero nada os puido salvar da derrota.

Consulte a clasificación aquí

RIBADEO 4 - 1 O VAL

SD Ribadeo: Aarón, Adán, Ignacio C, Diego, Óscar, Antón, Ignacio G, Martín, Ayoub, Aarón A e Brais. Tamén xogaron Sergio, Jesús, Kai e Hugo.
SD O Val: Leo, Antón, Jaider, Hugo, Darío, Óscar, Beltrán, Samuel, Fabián, Santiago e Antón. Tamén xogaron Raúl, Marcos, Aarón e Manuel A.
Goles: 1-0 (6'): Ignacio G. 2-0 (36'): Ignacio G. 3-0 (55'): Aarón A. 3-1 (59'): Santiago. 4-1 (68'): Óscar.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

MILAGROSA 2 - 2 VILALBÉS

SCD Milagrosa: Borja, Francisco, Leo, Brais, Miguel, Diego, Juan, Rafael, Christian, Gabriel Fernando e Gonzalo. Tamén xogaron Mauro, Hugo e Alejandro.
Rácing Club Vilalbés: Yago, Brais, Sergio, Carlos, Hugo X, David, Alberto, Noel, Alfredo, Miguel e Hugo. Tamén xogaron Yago V, Luís A e Luís E.
Goles: 1-0 (10'): Gabriel. 1-1 (50'): Alfredo. 1-2 (56'): Alberto. 2-2 (75'): Juan.
Árbitro: Jorge Méndez López.

DUMBRÍA 0 - 5 VIVEIRO

CF Dumbría: Iván F, Iván L, Antón, Álvaro, Iker, Brais, Hugo, Álvaro A, Óscar, Manuel e Adrián. Tamén xogaron Fabio, Gabriel, Pablo, Iker e Martín.
Viveiro CF: Javier, Bruno, Marco, Carlos, Hugo, Rafael, Martí, Hugo R, Adrián, Xoel e Adrián D. Tamén xogaron Lucas, David, Álvaro, Lucas F e Daniel.
Goles: 0-1 (8'): Adrián. 0-2 (20'): Xoel. 0-3 (27'): Hugo. 0-4 (87'): Lucas. 0-5 (89'): Xoel.
Árbitro: Alberto Pombo Parga.

BERGANTIÑOS B 4 - 1 RESIDENCIA

Bergantiños CF: Sergio, Blas, Mateo M, Diego, Bryan, Mario, Hugo, David, Pablo, Alex e Bruno. Tamén xogaron Adrián, Óscar, Christian, Samuel e Diego.
SD Residencia: Diego M, Manuel, Diego V, Erik, Andrés, Javier, Alejandro, Daniel F, David, Alonso e Alejandro. Tamén xogaron Gabriel, Jorge, Hugo e Lucas.
Goles: 1-0 (10'): Mario. 2-0 (16'): Hugo M. 3-0 (23'): Mateo M. 4-0 (36'): David. 4-1 (82'): Alonso de penalti.
Árbitro: Manuel Castro Mouzo.
                                                       
 
LIGA GALEGA XUVENIL - GRUPO NORTE

Resultados xornada 3  

Boiro 10-0 Lalín
Bertamiráns 0-2 Victoria CF
Conxo B 2-3 Estrada
Ribadeo 4-1 O Val
Oímpico 1-1 San Tirso
Milagrosa 2-2 Vilalbés
Dumbría 0-5 Viveiro
Galicia de Caranza 3-0 Imperátor
Bergantiños B 4-1 Residencia
Ribeira 3-2 Rácing Ferrol B
    
    

Próxima xornada                

Lalín - Ribeira
Victoria CF - Boiro
Estrada - Bertamiráns
O Val - Conxo B
San Tirso - Ribadeo
Vilalbés - Olímpico
Viveiro - Milagrosa
Imperátor - Dumbría
Residencia - Galicia de Caranza
Rácing Ferrol B - Bergantiños B