O Viveiro e o Vilalbés logran asinar os éxitos da xornada

O Polvorín non conseguiu vencerlle ao Compostela e, na feminina, o Milagrosa e o Antas tamén foron derrotados

Masculina Grupo Norte

Tres vitorias acumula xa o Viveiro neste grande inicio de curso. Os celestes superaron na casa ao Victoria nun duelo no que lles tocou remontar o marcador. O equipo da Mariña fixo unha moi boa primeira parte, xerando boas ocasións para estrear o marcador. Porén, cando parecía que estaba a caer o 1-0, nunha perda na saída de balón os da Coruña artellaron un contraataque que rematou no 0-1.

Na segunda metade o Viveiro saíu a por todas e embotellou ao rival ata que cun bo tiro dende fóra da área rival empatou o partido. En pouco tempo Roque rematou unha boa xogada de Marco por banda para facer o 2-1 e darlles os tres puntos. 

Tamén conseguiu a vitoria o Vilalbés, que xogou a domicilio contra o Spórting Cambre. Os chairegos disputaron un encontro con pouca efectividade nas áreas, que se levaron pola mínima grazas a un gol de Samuel na segunda metade. Esta foi a primeira vitoria do conxunto verdivermello no que vai de curso, posto que nos dous primeiros encontros quedara sen sumar. 

O Polvorín foi derrotado por un dos grandes da Galega, o Compostela. Na primeira parte os de Santiago mandaban na área e adiantáronse cun penalti. Os lucenses responderon con boa actitude e conseguiron empatar o marcador. Mais nunha falta lateral directa os visitantes volveron poñerse por diante. Tralo intermedio o equipo amarelo tivo o balón, pero a falta de contundencia nas áreas penalizounos e acabaron perdendo ante un bo equipo por 1-4.

Consulta a clasificación aquí

POLVORÍN 1 - 4 COMPOSTELA

EF Polvorín: Álvaro A, Martín, Sergio, Andrés, Samuel, Antón, Alejandro, Yago, Daniel, Aarón e Antón F. Suplentes: Mateo, Brais, Eloy, Alan e Nicolás.
SD Compostela: Lois, Pedro G, Luis F, Adrián, Martín, Antón, Santiago, Guillermo, Adrián, Mario e Andrés. Suplentes: Mikel, Nicolás, Aldán, Martín e Fabio.
Goles: Antón para o Polvorín. Pedro G, de penalti e Adrián (3) para o Compostela.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate Babil.

 VIVEIRO 2 - 1 VICTORIA

SD Viveiro: Dimas, Miguel, Hugo, Samuel, Roque, Jaime, Marco, Brais, Júnior, Asier e David M. Suplentes: Víctor, Leo, Jonathan, Aleixo e Xoel.
Victoria FC: Alejandro, Diego, Julen, Hadrián, Aldán, Martiño, Aarón, Iván, Alexandre, Lois e Ainhoa. Suplentes: Pablo, Alen, Mateo, Luis e Azucena.
Goles: Brais e Roque para o Viveiro. Alexandre para o Victoria.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

CAMBRE 0 - 1 VILALBÉS

Spórting Cambre: Xiana, Anxo, Nicolás, Gabriel, Gerardo, Luca, Carmela, Mateo, Alejo, Ángel e Izan. Suplentes: Daniel, Aarón, Mateo G, Braulio e Lucas.
Rácing C Vilalbés: Alex, Julián, Hugo, Bruno, Martín, Samuel, Hugo P, Samuel L, Juan M, Nicolás e Alejandro. Suplentes: Enzo, Hugo P, David G, Aarón e Xalo.
Goles: Samuel para o Vilalbés.
Árbitro: Jose Luis Amor Vázquez.

 

Resultados xornada 3

Polvorín 1 4 Compostela
Galicia de Caranza 3 0 Calasanz
Montañeros 3 5 Rácing Ferrol
Oza Juvenil 3 2 Boiro
Xuventude Oroso 4 0 Ribeira
Estrada 0 2 Bergantiños
Viveiro 2 1 Victoria
Vilalbés 0 1 Cambre

Próxima xornada

Compostela - - Cambre
Calasanz - - Polvorín
Rácing Ferrol - - Galicia de Caranza
Boiro - - Montañeros
Ribeira - - Oza Juvenil
Bergantiños - - Xuventude Oroso
Victoria - - Estrada
Vilalbés - - Viveiro

 

Feminina Grupo Norte

Nesta ocasión, os equipos lucenses da feminina quedaron sen sumar puntos. O Milagrosa foi superado a domicilio por 4-1 contra o Pastoriza. A primeira metade as lucenses foron dominadas completamente polo conxunto local, que conseguiu poñerse 4-0 no minuto 36'. Vera recordou distancias na segunda metade, pero o Milagrosa non conseguiu meterse no partido. 

O Antas desprazouse ata a provincia da Coruña para enfrontarse contra o Atlético Arteixo e caeu por 2-0. Na primeira metade o conxunto local abriu o taboleiro á media hora de partido, pero o resultado dáballe marxe ás lucenses para remontar. Porén, non conseguiron igualar o marcador e o Arteixo marcou o segundo no 77'.

Consulta a clasificación aquí

PASTORIZA 4 - 1 MILAGROSA

SCD Pastoriza: Andrea, Claudia, María V, Carmen, Carmen M, Lorena M, Alexandra, Alessandra, Lara, Carmen C e Claudia R. Suplentes: Nerea, Yasmin, Alma e Noa.
SCD Milagrosa: Clara, Irene, Lucia, Daniela, Aurora, Paula, Noelia, Andrea, Marina, Vera e Blanca. Suplentes: Natalia, Noa, Lara e Gabriela.
Goles: Carmen C (2) e Alma (2) para o Pastoriza. Vera para o Milagrosa.
Árbitro: Martín Valiño Orgeira.

ARTEIXO 2 - 0 ANTAS 

Atlético Arteixo: Antía, Ainoa, Olivia, Emma, Leyre, Carla, Daniela, Julia, Sara, Carla M e Yoursa. Suplentes: Paloma, Celia, Lucia, Vera e Ariana.
Antas SD: Camila, Ariadna, Elisa, Lara, Antía, Ainara, Esmenia, Laura, Icia, Melanie e Dana.
Goles: Yoursa e Carla para o Arteixo.
Árbitro: Andrés López López.

 

Resultados xornada 2

Arzúa 1 4 Victoria
Atl Arteixo 2 0 Antas
Rosalía Mera 1 5 Cristo Rey
Rácing Ferrol 11 0 Torre
Unión Cee 4 1 Orzán B
Spórting Burgo 0 7 Orzán
Pastoriza 4 1 Milagrosa
  D Victoria

Próxima xornada

Arzúa - - Atl Arteixo
Antas - - Mera
Cristo Rey - - Rácing Ferrol
Torre - - Victoria
Orzán B - - Burgo
Orzán - - Pastoriza
Victoria - - Milagrosa
  D Cee