Un tanto de Simón contra o Rácing Ferrol deulle á SD Viveiro o primeiro triunfo na Galega

Os celestes venceron pola mínima no Marcos Gómez conseguindo os seus tres primeiros puntos. O Milagrosa e o Lugo caeron esta fin de semana.

A SD Viveiro tivo que esperar ata a terceira xornada, pero por fin conseguiu a súa primeira vitoria na competición autonómica. Os da capital non tiveron tanta sorte nesta quenda, xa que tanto o Milagrosa coma o Lugo B foron derrotados. 

En canto aos celestes, disputaron un partido moi competido contra o Rácing de Ferrol. Unha contra nos primeiros intres rematou cun tiro cruzado de Simón dende fóra da área que abriu o marcador. Dende esas, o Viveiro dedicouse a defender e aguantaron ben ata preto do descanso, que viron perigar o resultado. Despois do intermedio volveron axustarse e, aínda que os ferroláns apertaron, non lles deixaron acadar profundidade. Os de Antonio Serrano tiveron dúas oportunidades de avultar o marcador a través de Saúl Martínez e Álvaro, pero a primeira vitoria do curso pechouse co 1-0.

No Rodríguez Lago, o Lugo B foi superado polo San Tirso B. Os locais foron mellores durante a primeira media hora, na que conseguiron adiantarse cun remate de Gael tras un córner. O mesmo xogador tivo outra oportunidade moi clara que parou o porteiro. Sen embargo, un erro en circulación do balón custoulles o empate e outro en saída de balón propiciou o 1-2 que foi o resultado final.

A derrota do Milagrosa asinouna o Narón O Freixo. Os lucenses gozaron de dominio e ocasións claras de gol na primeira metade, mentres que os locais crearon perigo moito máis timidamente. A segunda metade estivo máis igualada e no tempo de desconto o Narón conseguiu artellar un contraataque que acabou co 1-0 e a vitoria dos anfitrións. 

Consulte a clasificación aquí

NARÓN 1 - 0 MILAGROSA

SDC y R Narón O Freixo: Bruno, Manuel, Diego, Sergio, Jesús M, Rafael, Sergio, Rodrigo, David, Martín e Luís. Tamén xogaron Alexandre, Marcos, Jorge e Hugo.
SCD Milagrosa: Anxo, Javier, Daniel, Lucas, Ezequiel, Duarte, Caxide, Mateo, Diego e Ian. Tamén xogaron Pablo T, Pablo Q, Iago, Manuel e Antonio.
Goles: 1-0 (80'): Luís.
Árbitro: Juan José Silven Montes.

LUGO B 1 - 2 SAN TIRSO B

CD Lugo B: Antón, Jesús, Marcos, Mateo, Andrés, Yago, Saúl, Gael, Héctor, Jesús G e Brais. Tamén xogaron Lois, Adrián, Gabriel e Pablo.
San Tirso SD B: Julián, Iago, Antón, Yago, Mateo, Lucas, Leo, Daniel, Alberto, Diego e Teo. Tamén xogaron Lucas, Adrián, Martín, Bruno e Daniel.
Goles: 1-0 (10'): Brais. 1-1 (51'): Diego. 1-2 (59'): Diego.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

VIVEIRO 1 - 0 FERROL

SD Viveiro: Diego L, Gabriel, Iago, Manuel, Xián, Simón, Saúl, Diego R, Pablo, Antón e Álvaro. Tamén xogaron David, Christian, Óscar F e Mateo.
Rácing Club Ferrol SAD: Javier, Pablo, Fabián, Iago, Sergio, Hugo, Adrián, Pablo, Álex, Rodrigo e Marcos. Tamén xogaron Raúl, Alejandro, Carlos, Brais e Hugo.
Goles: 1-0 (3'): Simón. 
Árbitro: Jorge Michelena Grandío.
                                                       
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE

Resultados xornada 3

Boiro 4-2 Amio
Montañeros 1-1 Victoria CF B
Conxo B 3-2 Dumbría
Narón O Freixo 1-0 Milagrosa
Lugo B 1-2 San Tirso B
Compostela 3-1 Xuventude Oroso B
Bertamiráns 1-0 Calasanz
Galicia de Caranza 3-0 Imperátor
Lalín 0-0 Ural B
Viveiro 1-0 Rácing Ferrol B
    
    

Próxima xornada                

Amio - Viveiro
Victoria CF B - Boiro
Dumbría - Montañeros
Milagrosa - Conxo B
San Tirso B - Narón O Freixo
Xuventude Oroso B - Lugo B
Calasanz - Compostela
Imperátor - Bertamiráns
Ural B - Galicia de Caranza
Rácing Ferrol B - Lalín

 

Grupo Sur

No grupo Sur, o Calasancio quedou sen os tres puntos por dous erros individuais contra A Seca. O choque comezou descontrolado, as defensas non se asentaban e ambos equipos creaban oportunidades con xogo directo. Nunha desas chegou o gol dos de Monforte, tras un centro de Juan que logrou rematar Mateo. Na recta final da primeira parte o Calasancio conseguiu dominar o partido e tivo dúas oportunidades clarísimas de ampliar o marcador que se foron ao pau. Esa seguridade foise diluíndo no comezo da segunda metade. A Seca foise facendo co duelo e conseguiron o 1-1 cun gol olímpico tras un malentendido de dous xogadores locais. Froito de esa desesperación un deles un penalti clamoroso que propiciou que os visitantes se levaran o partido co 1-2.

Consulte a clasificación aquí

CALASANCIO 1 - 2 A SECA

CP Calasancio: Manuel, Senén, Manuel L, Iván, Noe, Jacobo, Julio, Miguel, Alejandro, Mateo e Juan. Tamén xogaron Javier, Izan, Beñat e Miguel R.
ADC A Seca: Hugo, Xandre, Brais, Gabriel, Álvaro, Victor X, Miguel, Pedro, Santiago J, Kevin e Dylan. Tamén xogaron Hugo D, Xián, Fiz e Hugo G.
Goles: 1-0 (10'): Mateo. 1-1 (60'): Gabriel. 1-2 (65'): Xandre.
Árbitro: David Pérez Rodríguez.
                                                       
 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR

Resultados xornada 3

Alondras 1-1 Ribadumia
Salgueiriños 1-0 Arousa
Celta B 8-0 Colegio Hogar
Porriño Industrial 4-3 Escola
Pabellón Promesas 1-0 Pabellón B
Ourense CF 1-4 Santa Mariña
Verín 1-0 Rápido Pereiro
Val Miñor B 9-0 Spórting Guardés
Calasancio 1-2 A Seca
UD Ourense 0-3 Arosa B
    
    

Próxima xornada                

Ribadumia - UD Ourense
Arousa - Alondras
Colegio Hogar - Salgueiriños
Escola - Celta B
Pabellón B - Porriño Industrial
Santa Mariña - Pabellón Promesas
Rápido Pereiro - Ourense CF
Spórting Guardés - Verín
A Seca - Val Miñor B
Arosa B - Calasancio