O PM Friol B faise coa Copa logo de vencer ao Antas por 3-1 nos Chacotes

O Lugo B colle o tren do ascenso xa que venceu ao Lóstrego C e toma vantaxe para lograr o ascenso no partido de volta

Copa Deputación

O PM Friol B fíxose este domingo no campo do Chacotes coa Copa Deputación logo de derrotar ao Antas e baixo a mirada dun gran número de afeccionados, en especial do equipo celeste.

Venceron as friolesas 3-1 dominando ben o balón malia acudir con moitas baixas. Marcaron o primeiro gol antes do intermedio por medio de Neylla.

Na segunda metade empatou o Antas nunha acción de Paula, que roubou un balón atrás e logo de escorarse tirou e entrou por riba.

Na segunda parte, o PM Friol B volveu sacar forzas para levarse o triunfo con dous goles máis, o primeiro cinco minutos despois do empate e o último preto do final. O segundo foi obra de Iona, que tirou desde fóra da área e Neylla fixo unha copia do primeiro.

Con este triunfo logra resarcirse o Friol B do descenso a Segunda desta campaña e tamén do abandono da final de Copa do ano pasado por falta de efectivos.

Os dous equipos veranse as caras de novo na próxima tempada ao compartir categoría.
 

PM FRIOL B 3 - 1 ANTAS

PM Friol B: Raluca, Nerea, Ana María, Andrea F, Lidia, Andrea V, María, Neylla, Iona, Jessica e Floarea. Tamén xogaron Leire e Aroa.
SD Antas: Melanie, Maite, Idoia, Eva, Iria, Elisa, Paula, Lidia, Tamara, Nuria e María. Tamén xogaron Aldara e Laura.
Goles: Neylla (2) e Iona polas locais. Paula polas visitantes.
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

 

Resultados semifinais

Lugo B 1 1 PM Friol B
San Lázaro 0 1 Antas

Final 

PM Friol B 3 1 Antas
 

 

 

Play Off de ascenso a Segunda Galicia

O Lugo B segue firme no seu camiño por chegar a Segunda no seu ano de debut na competición. Este domingo venceu ao Lóstrego C, o mesmo equipo que botou ao Carballedo dos play off de ascenso a pasada fin de semana na quenda de semifinais.

Ánxela e Xiana foron as encargadas de facer os dous goles que lle dan unha importante vantaxe ás albivermellas de cara a soñar co ascenso.

Dominaron a primeira parte, favorecidas polo vento e con ocasións claras. De feito foi cando se produciron os dous goles, nos minutos 12 e 23.

Na segunda parte cambiou a situación e foron as rivais as que tiveron máis ocasións, aínda que non lograron bater á porteira albivermella.

Con estes dous goles, as luguesas teñen a vantaxe da súa man para xogar o partido de volta, que coroará ao equipo que ascenderá a Segunda División.

O partido de volta terá lugar a próxima fin de semana no campo do equipo pontevedrés.

LUGO B 2 - 0 LÓSTREGO C

CD Lugo B: Lara, Nekane, Alba, Marián, Xiana, Claudia, Iria, Ánxela, Blanca, María e Candela. Tamén xogaron Ainara, Bárbara, Natalia e Nayra.
Lóstrego Club de Fútbol C: Silvia, Sheila, Laura N, Noa, Carlota, Amandha, Ana, Alba, María, Laura V e Inés. Tamén xogaron Pilar e Jimena.
Goles: Ánxela e Xiana.
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.
   

Resultados semifinal

Almeiras 7 0 Bergantiños B
Ponteceso 3 2 Orillamar
Lugo B 2 1 Cañiza
Lóstrego C 6 0 Carballedo

Final ida

Almeiras 0 0 Ponteceso
Lugo B 2 0 Lóstrego C

Final volta

Ponteceso - - Almeiras
Lóstrego C - - Lugo B

 

 

Más en En Xogo