O Lugo sofre o primeiro revés de cara ao ascenso perdendo a primeira das finais

O Friol B queda só na súa loita polo ascenso a Primeira logo de vencer ao Xallas, xa que o San Roque foi goleado nesta sesión

Primeira Galicia

O equipo feminino do Lugo tivo un revés este domingo ao perder a primeira das dúas finais polo ascenso co Bergantiños. Aínda que hai opcións, o Lugo ten un pouco máis complicado facerse coa praza do ascenso.

Un resultado apertado para un partido tamén apertado, no que o Lugo púxose por diante grazas a un gol en propia do Bergantiños na primeira metade. E non sería ata o tramo final cando o local recuperou terreo e fíxose co gol da vitoria sete minutos antes de rematar.

A próxima e definitiva sesión terá lugar o próximo domingo.

BERGANTIÑOS 2 - 1 LUGO

Bergantiños CF: Ainhoa, Lara, Noelia, Eva, Cruz, Carmen, Alejandra, Blanca, Sofía, Laura e Paula P. Tamén xogaron Alba, Isabela e Paula S.
CD Lugo SAD: Judith, Yanire, Iria, Laura, María, Ana, Lola, Andrea, Paula, Blanca e Marta. Tamén xogaron Candela e Berta.
Árbitro: Pablo Rama Cotelo.

 

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA - FASE DE ASCENSO

Semifinais

Lugo 1-0 Arousana
Bergantiños 6-3 Tordoia

Final ida

Bergantiños 2-1 Lugo

Final volta

Lugo - Bergantiños

 

Segunda Galicia

O Friol B queda só en representación da provincia tras vencer esta fin de semana ao Xallas por 3-0 e facerse cunha praza na seguinte fase de cara ao ascenso. O conxunto friolés marcou cedo, aos 4 minutos e non sería ata a segunda metade cando completou o marcador ata o 3-0, o último xa preto do final. Seguen por tanto as opcións de ascenso para o equipo lugués.

O San Roque retírase da competición polo ascenso logo de caer derrotado este domingo ante o Umia B cun marcador moi avultado. As lugueses non puideron parar ao local e encaixaron catro goles na primeira parte ademais de sumar un grazas a un en propia porta do Umia.

Dice adeus así o San Roque a un ascenso polo que loitou todo o ano.

En canto ao grupo que loita pola permanencia, o Milagrosa foi o único equipo lucense en conseguir vencer o encontro de ida da primeira eliminatoria. As da capital provincial superaron ao Corme no Luís Gorgoso por 2-1. As locais fóronse ao descanso gañando por 2-0, na segunda metade as visitantes achegáronse, pero o Milagrosa acabou levándose o triunfo. 

O San Lázaro e o Chantada remataron os seus encontros repartindo os puntos. No caso do equipo celeste, xogaron na Cañoteira contra o Praiña Spórting Club e remataron 0-0, co que a eliminatoria decidirase integramente en Lugo. No caso do Chantada, asinou un 1-1 contra o Orillamar. As lucenses abriron o marcador aos dez minutos de partido, pero o cadro da Torre logrou empatarlles no 47'.

UMIA B 8 - 1 SAN ROQUE

Umia CF B: Iria, Sara, Paula P, Claudia, Minerva B, Nuria, Minerva R, María, Paula S, Uxía e Miriam. Tamén xogaron Ana, Tamara, Eva, Lucía e Alba.
SDC San Roque: Maholy, Paula, María, Mariam, Noa, Saray, Sofía, Carla, María Eugenia, Patricia e Raquel. Tamén xogaron Uxía, Carla, Diana, Clara e Anghela.
Árbitro: Alfonso Barreiro Viñas.

FRIOL B 3 - 0 XALLAS

PM Friol B: Patricia, Nerea R, Ana María, Andrea F, Covadonga, Andrea V, María, Valentina, Jessica, Nerea L e Nuria. Tamén xogaron Leire, Lidia e Aroa.
Xallas FC: Rosio, Alicia, Yasmina, Olalla, María, Andrea B, Rita, Laura, Andrea O, Paula e Saskia. Tamén xogaron Inés, Claudia, Carla e Nuria. 
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - FASE DE ASCENSO 1ª

Resultados 1º Eliminatoria

Meicende 0-2 Pontellas
Touro 0-0 Porriño 
San Pedro 4-3 Interrías
Calo 2-5 Domaio
Umia B 8-1 San Roque
Friol B 3-0 Xallas
Lóstrego 3-0 Cee
Rosalía 4-0 Silva

 

 MILAGROSA 2 - 1 CORME

SCD Milagrosa: Lara, Nekane, Nayeli S, Lucía, María, Ainara, Leire, Ana, Nazaret, Antía e Uxía. Tamén xogaron Patricia, Antía e Marta.
Corme CF: Belén, Naroa, Cristina, Carla, Ana M, Natalia, María J, Lucia, Aroa, Laura e Irene. Tamén xogou Aurora.
Árbitro: Fernando Fernández López.

ORILLAMAR 1 - 1 CHANTADA

Orillamar SD: Yaiza, Ana, Laura, Sara, María, Antía, Ana R, Aldara, Zaira, Alyssa L e Ines. Tamén xogaron Daniela A, Carla e Alba.
SD Chantada: Ángela, Rocío, Laura, Natalia, Noela, Tania, Rocío, Ángeles, Noelia, Andrea e Tania N. Tamén xogou Ana.
Árbitro: Isabel Pereiro Portos.

PRAIÑA 0 - 0 SAN LÁZARO

Praiña Sporting Club: Laura, Lucia, Estefanía, Natalia, Fátima Y, Carla, María C, María V, Diana, Silvia M e Iria. Tamén xogaron Aintzane, Laura V e Laura A.
SD San Lázaro: Jesica, Lucia, Anne C, Eukene, Aroa, María E, Ana M, Salma, Luanda D, Mireia e Xiana. Tamén xogaron Uxía e Sandra.
Árbitro: Marcos Martínez Lareo.

 

SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA - FASE DE ASCENSO CONDICIONADA

Resultados 1ª Eliminatoria Ida

Santiso 4-1 Unión Campetre
Unión 1-2 Carral 
Burgo 1-6 San Mateo
Orillamar 1-1 Chantada
Caldas 0-1 Brexo Lema
Vilariño 0-7 Pastoriza
Praiña 0-0 San Lázaro
Discalzas 2-7 Boiro
Victoria CF S Arenteiro
Maniños 3-0 Eiris
Puenteceso 1-6 Puentearnelas
Aguiño 5-4 Dumbría
Arzúa 2-0 Almeiras
Os Miudos 1-0 Galicia Caranza
Guardesa 0-2 Cacheiras
Milagrosa 2-1 Corme
Casablanca 2-4 Abella