O Milagrosa comeza a segunda fase gañando ao Friol a domicilio

As albivermellas estreáronse no grupo D e metéronlles catro goles na Reigosa. O conxunto infantil tamén conseguiu levarse os tres puntos contra o Arzúa

Cadete

As lucenses da Galega cadete deron comezo a segunda fase cun derbi que caeu do lado da Milagrosa. As albivermellas superaron por terceira vez neste curso ao Friol e esta vez por 0-4. Nekane abriu o marcador cedo e conseguiu marcar os segundo tanto no minuto 43'. Co partido sentenciado María fixo un dobrete que selou o marcador co 0-4 definitivo.

Consulta a clasificación aquí 

FRIOL 0 - 4 MILAGROSA

PM Friol: Aroa, Daniela, Raluca G, Paula, Jessica, Ángela, Rebeca, Lidia, Iria, Antia e Rocío.
SCD Milagrosa: Ainara, Lucía, Sheila M, Nekane, María, Eider, Ainara L, Carmen, Zaira, María E e Paula. Suplentes: Lara e Rosalía.
Goles: 0-1 (6'): Nekane. 0-2 (43'): Nekane. 0-3 (79'): María. 0-4 (80'): María.
Árbitro: Brenda Lence Iglesias.
 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA - GRUPO D

Resultados xornada 1

Bergantiños 4-4 Tomiño
Rosalía 2-1 San Mateo
Friol 0-4 Milagrosa
Xuventú Aguiño 2-4 Sárdoma
Órdenes 0-8 Silva

Próxima xornada

Tomiño - Órdenes
San Mateo - Bergantiños
Milagrosa - Rosalía
Sárdoma - Friol
  D Xuventú Aguiño
 

Infantil 

Na infantil, o Milagrosa tamén conseguiu unha vitoria a domicilio, neste caso contra o Arzúa. As lucenses adiantáronse no minuto 9 a través de Gabriela e Vera e Daniela foron quen de matar o encontro con dous goles máis. O Arzúa achegouse cun tanto no minuto 66, pero na seguinte xogada Vera marcou o 1-4 definitivo.

Consulta a clasificación aquí 

ARZÚA 1 - 4 MILAGROSA

Arzúa Fútbol Club Femenino: Noelia, Marta, Julia, Vera, Natalia, Paula, Nicoleta V, Aroa, Catalina M, Paloma e Xiana. Suplentes: Noa, Carmen, Ruth, Jenifer e Paula V.
SCD Milagrosa: Natalia, Irene, Daniela, Aurora, Antía, Rosalía, Mónica, Nerea, Daniela A, Vera e Gabriela. Suplentes: Lucia, Susana e Adriana.
Goles: 0-1 (9'): Gabriela. 0-2 (41'): Vera. 0-3 (55'): Daniela. 1-3 (66'): Xiana. 1-4 (68'): Vera.
Árbitro: Cristian Machado Mosquera.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA - GRUPO A 

Resultados xornada 3

Arzúa 1-4 Milagrosa
Cristo Rey 0-6 Cee
Caldas 5-1 Santa Cruz
  D Umia

Próxima xornada

Cee - Arzúa
Santa Cruz - Cristo Rey
Umia - Caldas
  D Milagrosa