Infantil
Na categoría infantil, a segunda xornada da nova fase deixou a primeira vitoria para o Milagrosa. As lucenses recibiron no Luís Gorgoso ao Cristo Rey e gañáronlles por 3-0. Marina abriu o marcador no minuto 13 para adiantar ao equipo local. Vera matou o partido co segundo e, de novo, apareceu Marina para pechar o marcador co terceiro gol.
MILAGROSA 3 - 0 CRISTO REY
AD Cristo Rey: Catalina A, Noa, Paula, Marta, Aitana, Claudia, María, Sofía, Blanca, Carlota e Raquel. Suplentes: Marta V, Valentina, Laura e Federica.
Goles: 1-0 (13'): Marina. 2-0 (41'): Vera. 3-0 (69'): Marina.
Árbitro: David Ferreira Valín.
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA - GRUPO A |
---|
Milagrosa | 3-0 | Cristo Rey |
Cee | 1-3 | Caldas |
Santa Cruz | 0-4 | Umia |
D | Arzúa |
Arzúa | - | Milagrosa |
Cristo Rey | - | Cee |
Caldas | - | Santa Cruz |
D | Umia |
Cadete
Esta fin de semana pechouse a liga regular da Galega cadete. O Milagrosa e o Friol quedaron no sétimo e noveno posto e pasarán á vindeira fase no grupo baixo. O Milagrosa xogou a domicilio contra o Noia e malia apertarlles foron superadas por 4-1. As locais fóronse ao descanso cun 2-0 no marcador, pero as albivermellas conseguiron poñerse 2-1 cun gol de Lucía na segunda metade. Malia isto o Noia non deixou de insistir e acabouse levando os tres puntos metendo dous tantos máis. No caso do Friol, caeu na casa contra o Bergantiños, oitavo clasificado. O duelo celebrado na Reigosa comezou cun gol das visitantes, pero antes do descanso o equipo lucense conseguiu empatara a través de Lidia. Na segunda parte o mando foi das de Carballo, volveron poñerse por diante e na recta final do partido aproveitaron a falta de gasolina do Friol para meter dous tantos máis.
NOIA 4 - 1 MILAGROSA
SCD Milagrosa: Ainara, Lucía, Antía, María, Lucia, Eider, Valeria, Martina, Marta, Ainara L e Zaira. Suplentes: Sheila M e María E.
Goles: 1-0 (19'): Xiana. 2-0 (27'): Uxía A. 2-1 (58'): Lucía. 3-1 (60'): Uxía. 4-1 (71'): Marta.
Árbitro: Adrián Ponte Aponte.
FRIOL 1 - 4 BERGANTIÑOS
Bergantiños CF: Aldara, Sabela, Aroa, Sara, Paula, Clara, Jimena, Ainhoa, Aïsha, Julia e Arancha. Suplentes: Aroa G, Antia, Nuria, Ainhoa N e Andrea.
Goles: 0-1 (24'): Antia. 1-1 (39'): Lidia. 1-2 (47'): Antia. 1-3 (70'): Clara. 1-4 (72'): Ainhoa.
Árbitro: Miguel Pin Calvin.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA - GRUPO A |
---|
Noia | 4-1 | Milagrosa |
Obradoiro | 0-1 | Victoria |
Silva | 0-9 | Orzán |
Friol | 1-4 | Bergantiños |
D | Xuventú Aguiño |