O Milagrosa superou ao Bergantiños e púxose por riba delas na clasificación

O conxunto cadete do club albivermello gañoulles no partido de volta celebrado en Carballo, mentres que as da infantil tamén se levaron unha vitoria

Cadete

A cuarta xornada da segunda volta da categoría cadete deixou a terceira vitoria do curso para o Milagrosa, que conseguiu gañar ao Bergantiños a domicilio. As lucenses, que perderan no partido de ida, conseguiron os tres puntos grazas a un tanto de María e outro de Paula na segunda metade. O triunfo deixounas por riba das de Carballo na clasificación. Non tivo a mesma sorte o Friol, a quen lle tocou enfrontarse contra as líderes da lista. O equipo lucense foi goleado polo Orzán na casa e mantense no noveno posto.

Consulta a clasificación aquí 

FRIOL 0 - 8 ORZÁN

PM Friol: Noelia, Raluca G, Antia, Lidia, Aroa, Rebeca, Iria, Ángela, Marta, Ariadna e Paula. Suplentes: Daniela e Rocío.
Orzán SD: Paula, Alexia, Paula M, Emma, Micaela, Sofía, Lucia, Valeria, Sofía R, Anxela e Candela. Suplentes: Sofía D, Valentina e Martina.
Goles: 0-1 (2'): Sofía R. 0-2 (7'): Candela. 0-3 (12'): Sofía R. 0-4 (18'): Sofía R. 0-5 (28'): Micaela. 0-6 (32'): Martina. 0-7 (63'): Martina. 0-8 (80'): Emma.
Árbitro: Fernando Fernández López.

BERGANTIÑOS 0 - 2 MILAGROSA

Bergantiños CF: Aldara, Sabela, Aroa, Arancha, Sarai, Sara, Paula, Clara, Aroa G, Jimena e Antia. Suplentes: Antia C, Nuria, Ainhoa e Daniela.
SCD Milagrosa: Lara, Ainara, Martina, Nekane, María, Zaira, Lucía, Carmen, Marta, María E e Antia. Suplentes: Eider, Lucia, Paula e Sheila M.
Goles: 0-1 (43'): María. 0-2 (78'): Paula.
Árbitro: Yago Prieto Camiña.

 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA - GRUPO A

Resultados xornada 13

Friol 0-8 Orzán
Bergantiños 0-2 Milagrosa
Xuventú Aguiño 3-5 Noia
Silva 2-3 Obradoiro
  D Victoria

Próxima xornada

Victoria - Orzán
Noia  - Bergantiños
Obradoiro - Xuventú Aguiño
Silva - Friol
  D Milagrosa

Infantil 

Na categoría infantil, o conxunto do Milagrosa saíu o domingo ao verde para levarse os tres puntos fronte ao Cristo Rey. O duelo celebrado no Luís Gorgoso decantouse moi cedo a favor das locais, xa que Mónica abriu o electrónico no minuto tres. O choque mantívose igualado e, aínda que as albivermellas tentaron matar antes o partido, non foi ata que Daniela asinou o 2-0 no minuto 80.

Consulta a clasificación aquí 

MILAGROSA 2 - 0 CRISTO REY

SCD Milagrosa: Natalia, Irene, Lucia, Daniela, Antía, Sabela, Mónica, Daniela A, Carmen, Vera e Gabriela. Suplentes: Sofia, Aurora, Susana, Nerea e Adriana.
AD Cristo Rey: Catalina A, Noa, Paula, Claudia, María, Sara, Marta, Sofia, Blanca, Carlota e Raquel. Suplentes: Marta F, Aitana, Valentina e Laura.
Goles: 1-0 (3'): Mónica. 2-0 (80'): Daniela.
Árbitro: Lidia Álvarez Argerey.

 

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA - GRUPO A 

Resultados xornada 12

Cee 0-10 Pastoriza
Santa Cruz 4-1 Arzúa
Milagrosa 2-0 Cristo Rey
  D Orzán

Próxima xornada

Pastoriza - Santa Cruz
Arzúa - Milagrosa
Cristo Rey - Orzán
  D Cee