O Milagrosa infantil perdeu contra o Cee no único partido da xornada de base

As lucenses caeron a domicilio por tres goles en contra, mentres que na cadete ningún dos dous equipos lucenses saíu ao verde
Unha imaxe de arquivo do Milagrosa infantil no partido contra o Orzán. Foto: Noelia Alpe
photo_camera Unha imaxe de arquivo do Milagrosa infantil no partido contra o Orzán. Foto: Noelia Alpe

Infantil 

O Milagrosa caeu no duelo da oitava xornada da Galega infantil. As lucenses enfrontáronse contra o Cee a domicilio no Sampaio de Refoxos e foron dominadas nun partido que se lles puxo en contra moi cedo. Aos seis minutos, as locais adiantáronse cun tanto de Carolina e o 1-0 chegou ata o descanso. Despois do intermedio un dobrete de Thalía matou o partido ao favor do Cee. O Milagrosa acumula así catro derrotas e tres vitorias no que vai de tempada.

Consulta a clasificación aquí 

 CEE 3 - 0  MILAGROSA

Union Club Cee: Paula, Alba, Kira, Lucia, Antía, Lucia C, Naiara, Sabela, Gala, Thalia e Carolina. Suplentes: Iria, Aroa, Ariana N e Daniela.
SCD Milagrosa: Natalia, Blanca, Irene, Susana, Antia, Sabela, Carmen, Vera, Aurora, Daniela e Gabriela. Suplentes: Sofía.
Goles: 1-0 (6'): Carolina. 2-0 (50'): Thalia. 3-0 (62'): Thalia.
Árbitro: Luis M. Insua Lago.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA - GRUPO A 

Resultados xornada 8

Arzúa 0-1 Cristo Rey
Pastoriza 5-4 Orzán
Cee 3-0 Milagrosa
  D Santa Cruz

Próxima xornada

Cristo Rey - Pastoriza
Orzán - Cee
Milagrosa - Santa Cruz
  D Arzúa

Cadete

Na categoría cadete, esta fin de semana ningún dos conxuntos lucenses calzou as botas. Ao Milagrosa tocáballe enfrontarse contra o Noia na casa, pero adiaron o seu enfrontamento no último momento. No caso do Friol, fecharon o seu parido contra o Bergantiños para a vindeira fin de semana. Ámbolos dous equipos lucenses mantéñense nos derradeiros postos da clasificación, o Milagrosa, con tres puntos, e o Friol con ningún. 

Consulta a clasificación aquí 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA - GRUPO A

Resultados xornada 9

Milagrosa A Noia
Victoria 8-0 Obradoiro
Orzán 11-1 Silva
Bergantiños A Friol
  D Xuventú Aguiño

Próxima xornada

Orzán - Xuventú Aguiño
Victoria - Silva
Milagrosa - Obradoiro
Noia - Bergantiños
  D Friol