O Milagrosa vence ao Friol a domicilio para estrearse na vitoria

O duelo celebrado na Reigosa comezou a favor das locais, pero o conxunto albivermello decantou practicamente o partido á volta do intermedio 

Cadete

Coa oitava xornada da categoría cadete chegou o duelo entre o Friol e o Milagrosa. Ningun dos dous equipos conseguira puntuar ata o momento e o duelo podería virar esa mala xeira. As donas da Reigosa conseguiron empezar o partido por diante grazas a un tanto de Noelia, pero as visitantes reaccionaron e remontaron antes do descanso. Na segunda metade, Paula puxo o 1-3 no taboleiro e o Friol pareceuse enganchar co 2-3. As albivermellas non ían permitir que se lles escaparan os primeiros tres puntos e Nekane e Martina deixaron o marcador 2-5. As locais asinaron o 3-5 a través de Rebeca e, tras quedar sen tempo para máis, este foi o resultado definitivo. A vindeira fin de semana pecharase a primeira volta da liga, o Friol viaxará para enfrontarse contra o Bergantiños, mentres que o Milagrosa recibirá ao Noia.

Consulta a clasificación aquí 

FRIOL 3 - 5 MILAGROSA

PM Friol: Rocío, Raluca G, Antia, Daniela, Lidia, Aroa, Rebeca, Iria, Jessica, Ángela e Noelia. Suplentes: Marta, Ariadna e Paula.
SCD Milagrosa: Lara, Lucía, María, Lucia, Eider, Valeria, Martina, Marta, Ainara, Antía e Zaira. Suplentes: Sheila M, Nekane, María E e Paula.
Goles: 1-0 (8'): Noelia. 1-1 (15'): María. 1-2 (37'): Nekane. 1-3 (63'): Paula. 2-3 (71'): Raluca G. 2-4 (77'): Nekane. 2-5 (80'): Martina. 3-5 (80'): Rebeca.
Árbitro: Lidia Álvarez Argerey.

 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA - GRUPO A

Resultados xornada 8

Friol 3-5 Milagrosa
Noia 2-1 Victoria 
Obradoiro 1-6 Orzán
Xuventú Aguiño 3-2 Bergantiños
  D Silva

Próxima xornada

Milagrosa - Noia
Victoria - Obradoiro
Orzán - Silva
Bergantiños - Friol
  D Xuventú Aguiño

 

Infantil 

En canto á categoría infantil, o Milagrosa caeu despois de dúas xornadas vencendo. O domingo foi superado a domicilio polo Pastoriza, líder do grupo A. As de Arteixo conseguiron adiantarse no minuto tres de partido e pecharon a primeira metade cun 2-0. Na segunda, sentenciaron o partido co terceiro tanto e aínda lograron anotar un máis. Con esta quenda as de Lugo pecharon a primeira volta no cuarto posto da clasificación e con nove puntos. A próxima fin de semana volverán a enfrontarse contra o Unión Cee, equipo que as vencera na casa por 1-4.

Consulta a clasificación aquí 

S.C.D. PASTORIZA 4 - 0 S.C.D. MILAGROSA

SCD Pastoriza: Andrea, Alessandra, Carmen, Alma, Noa, Maria V, Ariadne, Noa S, Carmen M, Claudia e Claudia R. Suplentes: Noa P e Sofía.
SCD Milagrosa: Natalia, Irene, Antía, Nerea, Daniela, Ainara, Carmen, Vera, Aurora, Daniela C e Gabriela. Suplentes: Susana, Mónica e Marina.
Goles: 1-0 (3'): Alma. 2-0 (40'): Alessandra. 3-0 (50'): Alma. 4-0 (76'): Carmen M.
Árbitro: Álvaro Núñez Mayo.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA - GRUPO A 

Resultados xornada 7

Cee 6-3 Santa Cruz
Pastoriza 4-0 Milagrosa
Arzúa 0-8 Orzán
  D Cristo Rey

Próxima xornada

Arzúa - Cristo Rey
Pastoriza - Orzán
Cee - Milagrosa
  D Santa Cruz