O Milagrosa da categoría infantil asinou a primeira vitoria na casa contra o Arzúa

As lucenses fixeron unha moi boa primeira parte e conseguiron asegurar o triunfo malia que as rivais melloraron tralo descanso. Na cadete, o Friol e o Milagrosa volveron a saír derrotados

Infantil 

Na categoría infantil o Milagrosa conseguiu a súa primeira vitoria na casa vencendo ao Arzúa. As lucenses adiantáronse cedo cun gol de Carmen e Vera fixo o 2-0 antes do descanso. Despois do paso polos vestiarios as rivais achegáronse ata poñerse 3-2, pero un tanto de Carmen e outro de Gabriela deixaron os tres puntos en Lugo. O conxunto da Milagrosa mantense no cuarto posto da lista e a vindeira fin de semana tocaralle enfrontarse a domicilio contra a Pastoriza.

Consulta a clasificación aquí 

MILAGROSA 5 - 2 ARZÚA

SCD Milagrosa: Natalia, Irene, Antía, Rosalía, Sabela, Daniela, Carmen, Gabriela, Aurora, Daniela C e Vera. Suplentes: Susana, Mónica, Nerea e Carla.
Arzúa Fútbol Club Femenino: Noelia, Marta, Noa, Carmen, Julia, Paula, Xiana, Catalina M, Nicoleta V, Paula V e Uxía. Suplentes: Vera, Natalia, Jenifer e Aroha.
Goles: 1-0 (7'): Carmen. 2-0 (35'): Vera. 2-1 (50'): Julia. 3-1 (60'): Vera. 3-2 (61'): Xiana. 4-2 (63'): Carmen. 5-2 (81'): Gabriela.
Árbitro: Lidia Álvarez Argerey.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA - GRUPO A 

Resultados xornada 6

Santa Cruz 1-2 Pastoriza
Milagrosa 5-2 Arzúa
Orzán 11-0 Cristo Rey
  D Cee

Próxima xornada

Unión Cee - Santa Cruz
Pastoriza - Milagrosa
Arzúa - Orzán
  D Cristo Rey

 

Cadete

Friol e o Milagrosa saíron derrotados unha xornada máis. As da capital foron superadas polo Victoria, o segundo clasificado da competición gañoulles por 7-1. No caso do Friol, xogaron na casa contra o Xuventú Aguiño e as de Ribeira conseguiron os tres puntos grazas a un marcador de 2-9. Ningún dos dous equipos da provincia viu aínda a vitoria, pero a semana que ven tocaralles celebrar o primeiro derbi lucense en Friol. 

Consulta a clasificación aquí 

VICTORIA 7 - 1 MILAGROSA

Victoria CF: Ana, Ainhoa, Irene, Lucia, Malena, Jimena, Emma S, Candela, Sara, Lucía A e Noelia. Suplentes: Noa, Lorena, Clara E, Lola e Milagros T.
SCD Milagrosa: Lara, María, Lucía, Sheila M, Eider, Rosalía, Valeria, Martina, Marta, Ainara e Zaira. Suplentes: Lucia e Safya.
Goles: 1-0 (4'): Irene. 2-0 (5'): Zaira, en propia. 3-0 (12'): Malena. 4-0 (14'): Ainhoa. 4-1 (42'): María. 5-1 (58'): Lucia. 6-1 (60'): Sara. 7-1 (61'): Ainhoa.
Árbitro: Diego Seoane Sanchez.

FRIOL 2 - 9 XUVENTÚ AGUIÑO

PM Friol: Raluca G, Antia, Daniela, Lidia, Aroa, Rebeca, Iria, Jessica, Noelia, Rocío e Paula.
SD Xuventú Aguiño: Abigail, Daniela, Alba, Oumkaltoum, Raquel, Erikah D, Antia, Daniela S, Claudia, Úrsula e Elisa. Suplentes: Sofia, Antia L, Antia O e María.
Goles: 0-1 (5'): Oumkaltoum. 1-1 (7'): Paula. 1-2 (11'): Claudia. 1-3 (14'): Daniela S. 2-3 (28'): Aroa. 2-4 (47'): Erikah D. 2-5 (50'): Úrsula. 2-6 (63'): Úrsula. 2-7 (73'): Oumkaltoum. 2-8 (76'): Daniela S. 2-9 (80'): Oumkaltoum.
Árbitro: Johann Sebastian Cediel.

 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA - GRUPO A

Resultados xornada 7

Victoria 7-1 Milagrosa
Orzán 8-0 Noia
Bergantiños 1-0 Silva
Friol 2-9 Xuventú Aguiño
  D Obradoiro 

Próxima xornada

Friol - Milagrosa
Noia - Victoria 
Obradoiro - Orzán
Xuventú Aguiño - Bergantiños
  D Silva