Xornada sen competición debido á celebración da primeira fase do Campionato de España

A selección Sub 16 vence ao Madrid e empata co Canarias para conseguir o pase á Fase de Ouro. Os infantís, que perderon na primeira sesión, lograron unha vitoria clara na segunda pero quedan sen opcións
seleccion-sub-16-galicia
photo_camera seleccion-sub-16-galicia

División de Honra cadete

Coa presenza dos xogadores do Lugo David Fernández e de Mateo Muñoz na selección galega a Sub 16 disputou esta fin de semana a primeira fase do Campionato de España cunha boa nova. 

O vixente campión de España disputará a Fase Oro do Campionato de España de Seleccións Autonómicas tras rubricar este domingo o billete na primeira fase que tivo lugar en Tenerife. Os nosos lideraron o seu grupo tras a brillante vitoria ante Madrid (3-0) do sábado e o empate colleitado hoxe ante Canarias (0-0). Líderes de grupo, pasan á Fase Ouro co obxectivo de revalidar o título.

Polo tanto, a próxima fin de semana retomarase na competición, na que os conxuntos do Lugo e o Viveiro loitan pola permanencia na categoría, os albivermellos no posto 14 e os celestes de pechacancelas.

Consulta aquí a clasificación                                               

 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

          Próxima xornada 

Lérez - Choco
Celta - Lugo
Pabellón Ourense - Val Miñor
Ural - Rápido de Bouzas
Conxo - Bergantiños
Viveiro CF - Arosa
Areosa - Ferrol
Coruxo - Pontevedra
Victoria CF - San Tirso
Deportivo - Xuventude Oroso

                                 

División de Honra infantil

Non houbo tanta sorte para a selección Sub 14, na que non hai ningún representante da provincia de Lugo.

Unha vitoria para despedir esta primeira fase con bo sabor de boca. A Selección Galega sub 14 derrotou a Canarias na terceira e última xornada da primeira fase do Campionato de España nun partido no que os de Jesús López recuperaron as boas sensacións (1-5). Un hat trick de Pablo Aparicio guiou aos nosos. Con todo, e pese ao triunfo, a Selección Galega sub 14 non accederá á Fase Ouro trala derrota da xornada de onte ante Madrid (1-5).

No relativo á competición, esta retomarase a seguinte fin de semana coa única representación do Lugo na categoría, no penúltimo lugar da táboa.

Consulta aquí a clasificación

 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Próxima xornada   

Arosa - Deportivo
Santa Mariña - Cidade de Ribeira
Celta - Lugo
San Tirso - Bergantiños
Portero 2000 - Pabellón Ourense
Areosa - Ural
Val Miñor - Conxo
DSF - Victoria FC