Tres puntos para o Lugo cadete e derrota dun Viveiro que xogou cun menos e tivo moitas opcións

O infantil, que queda a un punto do descenso, caeu ante o Areosa no último minuto malia dominar amplamente e con moitas opcións os 80 minutos

División de Honra Cadete

O Lugo sumou unha nova vitoria ante o Pabellón Ourense a domicilio malia non xogar ben. Costoulles aos de Rochela, que aínda que foron fortes nas dúas áreas non dominaron defensivamente, de feito, o rival achegouse bastantes veces. Malia esta situación, foi o Lugo o que marcou en primeiro lugar, mediado o primeiro tempo, nun balón parado que remata Manuel de cabeza.

Na segunda metade o principio foi igual e eles puideron marcar nos primeiros minutos pero sería o Lugo o que se adiantaría nun pase atrás que recibe Aimar, quen recurta ante un defensa e só ante o porteiro fai o gol.

Co 0-2 o Lugo tiña máis controlado o partido e xogou os mellores minutos pero nun erro en saída de balón o Pabellón marcou o seu tanto e a partir de aí sufriron. Tiveron máis ocasións na segunda metade os albivermellos pero non foron moi claras.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro non puido puntuar esta fin de semana no Cantarrana, no que xogar cun menos lastroulle todo o partido, no que foi igualado ata os últimos minutos.

Os locais comezaron forte cun posible penalti a Unai que o árbitro non pitou. Non foi así nos minutos seguintes, nos que unha man involuntaria de Mauro acaba en expulsión e nun penalti que converten os visitantes.

O Viveiro seguiu xerando perigo a balón parado e así chegou o gol do empate antes do descanso. 

Na segunda parte, o seguinte gol vén dun pelotazo que o central celeste non corta e así, nun man a man de novo co porteiro, o rival volve adiantarse. O Viveiro seguiu traballando e a falta de tres minutos volveu poñer o empate no marcador pero na seguinte xogada o Bergantiños marcou o 2-3 e no desconto aínda logrou un gol máis.

PABELLÓN OURENSE 1 - 2 LUGO

Pabellón Ourense CF: Aimar, Bruno, Miguel, Iván, Adrián N, Hugo, Íker, Diego, Xacobe, Jesús e Manuel. Tamén xogaron Jorge, José, Adam, David e Adrián R.
CD Lugo: Hugo, Raúl, Mateo, Manuel, Diego, Yago, Aimar, Xabier, Lucas, Sergio e Mateo. Tamén xogaron Adrián, David, Aarón e Saúl.
Goles: 0-1 (14'): Manuel. 0-2 (47'): Aimar. 1-2 (62'): Adrián R.
Árbitro: Martín Pérez Quintas.     

VIVEIRO 2 - 4 BERGANTIÑOS

Viveiro CF: Eric, Justin, Mauro, Diego, Alejandro, Unai, Iago, Claudio, Áxel, Matías e Xoel. Tamén xogaron Sasha, Pablo e Alejandro
Bergantiños CF: Martín, Lucas, Brais, Mario, David, Eli, Adrián, Iván, Sergio S, Alejandro e Sergio R. Tamén xogaron Alberto, Fabián, Manuel e Asier.
Goles: 0-1 (21'): Brais de penalti. 1-1 (39'): Alejandro. 1-2 (69'): Eli. 2-2 (77'): Sasha. 2-3 (78'): Alberto. 2-4 (80'): Asier.
Árbitro: David Rodríguez López. 

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 32

Celta 6-0 Lérez
Pabellón Ourense 1-2 Lugo
Ural 3-3 Val Miñor
Conxo 3-1 Rápido de Bouzas
Viveiro CF 2-4 Bergantiños
Areosa 3-1 Arosa
Coruxo 0-1 Ferrol
Victoria CF 3-0 Pontevedra
Deportivo 3-4 San Tirso
Xuventude Oroso 2-1 Choco

Próxima xornada 

Choco - Celta
Lérez - Pabellón Ourense
Lugo - Ural
Val Miñor - Conxo
Rápido de Bouzas - Viveiro CF
Bergantiños - Areosa
Arosa - Coruxo
Ferrol - Victoria CF
Pontevedra - Deportivo
San Tirso - Xuventude Oroso

   

 

División de Honra infantil

O Lugo infantil caeu ante o Areosa por un gol e no último minuto malia que dominou todo o duelo e tivo moitas opcións de matar o partido na primeira metade.

Foi o conxunto albivermello o que abriu a conta pero xa antes tivera dous man a man co porteiro. Foi un erro deles o que propiciou o primeiro tanto, obra de Javi. Seguiron ofrecendo mans a man con opcións de marcar pero os goles non chegaron.

Así marcharon ao descanso e cun largueiro no inicio seguiron as oportunidades de matar o partido. Finalmente, de cara ao final, nun erro defensivo empatou o rival. Dani, de cabeza, estivo a piques de volver poñer o equipo por diante pero a bóla seguiu sen entrar.

A un minuto do final, Arón tivo de novo outro man a man co porteiro que acabou en córner e cando parecía que o partido ía acabar así, na última xogada, nun balón largo, despexaron mal os de Jonathan e tiveron eles ese man a man que acabou co gol da vitoria para eles.

Consulta aquí a clasificación

AREOSA 2 - 1 LUGO

CD Areosa: Pablo, Pedro, Javier, Alejandro, Hugo, Íker, Rodrigo, Adrián Prado, Óscar, Adrián Pérez e Mateo. Tamén xogaron Roberto, Martín R, Álvaro, Ramón e Martín V.
CD Lugo: Alexandre, Diego, Daniel R, Raúl, Arón, Brais, Unai, Óscar, Javier, Hugo H e Rubén. Tamén xogaron Hugo R e Jean Paul.
Goles: 0-1 (19'): Javier. 1-1 (72'): Martín V. 2-1 (80'): Roberto.
Árbitro: Carlos Martínez Fernández.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 28

Celta 14-0 Santa Mariña
San Tirso 3-0 Arosa
Portero 2000 1-1 Cidade de Ribeira
Areosa 2-1 Lugo
Val Miñor 7-2 Bergantiños
DSF 1-1 Pabellón Ourense
Victoria FC 0-1 Ural
Conxo 1-3 Deportivo

Próxima xornada

Celta - Deportivo
Santa Mariña - San Tirso
Arosa - Portero 2000
Cidade de Ribeira - Areosa
Lugo - Val Miñor
Bergantiños - DSF
Pabellón Ourense - Victoria FC
Ural - Conxo